Por Rab Yosef Bittón
ESefarad
Isaac de Castro naceu na cidade de
Tartas, no suroeste de Francia, en 1623.
Os seus pais eran de Portugal e pertencían a eses miles de familias
xudías portuguesas que en 1497 foran convertidas ao cristianismo “por decreto”
e desde entón practicaron o xudaísmo en segredo por 3, 4 ou máis xeracións.
Para ter unha idea de canta xente estamos a falar calcúlase que en 1497 habían
non menos de 120.000 xudeus en Portugal.
En Tartas o nome de Isaac era Tomás
Luís. En 1640 a súa familia mudase a Amsterdam onde finalmente poden practicar
a súa relixión abertamente. Alí, Tomás e o seu pai circuncidanse e cambian os
seus nomes por nomes hebreos. Tomás chámase desde agora Isaac de Castro. Castro
(ou de Castro), seguramente o apelido orixinal da súa familia. Como ilustración
podemos mencionar a rabbi Jacob de Castro (1525-1610) de orixe portuguesa, un
dos rabinos máis importantes da comunidade xudía de Exipto.
Isaac comezou os seus estudos de
xudaísmo e de medicina en Holanda. En 1642 ou 1643 atopamos a Isaac en Brasil.
O seu tío, Rab Moshe Refael Aguilar, chegou a Brasil a fundar unha comunidade
na cidade de Recife. Nese entón e até 1654, Brasil estaba dividido en 2 zonas:
unha pertencía a Holanda e outra a
Portugal, e Recife ficaba do lado holandés.
Isaac vivía unha vida completamente
xudía. Non só iso senón que tamén dedicabase a aprender a centos (ou miles) de
conversos que residían en Brasil a practicar máis abertamente o seu
xudaísmo. Aínda que non habían tribunais
da Inquisición en Brasil, como os que existían en Perú ou México, no lado
portugués de Brasil habían oficiais da inquisición que vixiaban que os
cristiáns novos é dicir, os xudeus que foron convertidos ao cristianismo había
máis dun século, non volvesen á súa relixión.
Ninguén sabe exactamente por que,
pero o mozo Isaac saíu de Recife e viaxou cara ao sur chegando á cidade de
Salvador, capital de Baía dos Santos, territorio portugués. Alí, Isaac foi
recoñecido polas autoridades locais. Tratou de disimular a súa práctica xudía
pero algo delatouno: os seus tefilín.
Isaac foi feito prisioneiro, acusado
non só de xudaizar senón tamén de facer proselitismo xudeu entre os cristiáns
novos, e foi extraditado nun barco cara a Lisboa.
A inquisición portuguesa primeiro
tratou de convencelo de renunciar á súa fe xudía e abrazar o cristianismo.
Isaac rexeitou con argumentos moi sólidos. Ao ver que, a pesar da súa cortísima
idade, tratábase dun grande erudito, a Inquisición enviou aos seus expertos
filósofos e teólogos. Pero nada nin ninguén puido convencer a Isaac de renuncia
á súa fe.
Por primeira vez na historia un
xudeu usaba o seguinte argumento: “Teño dereito a practicar o xudaísmo en
función dunha lei humana universal: a liberdade de conciencia. Un acto que se
realiza dacordo coa propia conciencia non pode ser xulgado culpable, e o acto
que eu fago e seguirei facendo, -o acto de profesar a relixión xudía- realízase
dacordo cos ditados da miña conciencia”. Cando a Inquisición viu que todo
esforzo era inútil, recorreu ao seu último recurso: a execución pública. Os
acusados eran condenados a morrer queimados vivos nos que se chamaba
cínicamente “auto de fe”.
O 15 de Decembro de 1647, cando
Isaac tiña só 24 anos foi levado á praza pública, xunto con outros 5 conversos,
condenados polo mesmo crime: xudaizar.
Os arquivos da Inquisición
portuguesa relatan que Isaac foi deixado de pé, por varias horas, moi preto do
lume, o suficientemente preto para que Isaac se arrepentise do seu “gran pecado”
(ser xudeu) por temor á fogueira. Pero Isaac resistiu. E mentres estaba a ser
abrazado polas chamas, co seu último alento, Isaac recitou cunha voz poderosa o
“Shema Israel Hashem Elokenu Hashem Ejad”.
Contan que a poderosa entonación de
Isaac causou unha enrome impresión en todos os que chegaran para presenciar a
execución pública. Tanto que até os crueis verdugos sentiron remorso por
quitarlle a vida a un mozo tan valente. Din, que os xentiles que presenciaron a
execución, durante semanas non falaban
doutra cousa. O que é máis: o último de Isaac, o Shemá Israel, transformouse
agora nun símbolo de liberdade de conciencia e inspirou a moitos conversos a volver
a súa fe xudía.
E algo insólito: durante varios anos
os xentiles repetían as palabras do “Shemá Israel” tanto foi así que a
Inquisición tivo que impor un severo castigo para calquera que fose escoitado
dicindo o Shemá Israel, as últimas palabras de Isaac de Castro Tortas
Comentarios