Por Josep Pla
Tirado do seu libro "Israel, 1957"
O kibbutz é unha das institucións
máis orixinais de Israel. É un fenómeno de colectivización que deu excelentes
resultados e esta é unha das razóns que explican a reticente, a miúdo adversa
política, da URSS, respecto deste país: o kibbutz socializante (en definitiva
de socialismo democrático de Israel) foi unha institución eficaz e positiva, mentras
que o koljoz soviético foi un completo desastre económico e social. A
comparación é demasiado odiosa e viva para que poida ser perdoada polo
dogmatismo comunista irreal e apriorístico.
A principios de século, os primeiros
inmigrantes comprobaron que o obreiro árabe agrícola, ser primitivo, habituado
a un tipo de vida dunha gran precariedade, atopaba traballo con maior
facilidade que o obreiro xudeu culto e progresista, infatigábel pero inhábil.
Esta constatación levoulles a agruparse colectivamente e a traballar en común.
Os seus esforzos, no entanto, non poderían cristalizar se o Fondo Nacional
Xudeu non lles dera a terra facilmente. Cando a tiveron, para obter algún
resultado, tiñeron que facer considerables sacrificios. A primeira kuntsa ou
kibbutz foi fundada en Degania, no alto Xordán, a base da ideoloxía socialista
de David Gordon. O principio que defendía Gordon era este: hai que dar a cada
un segundo a súa capacidade e segundo as súas necesidades. Sostiña que o
traballador pai de familia debe gañar máis que o pai de familia que ten menos
fillos, e este debe gañar máis que o solteiro sen obrigas. Este principio fixo
moitos progresos en todas partes. (É innecesario advertir que practicamente
toda a lexislación social que se aplica en moitísimos países naceu en Israel,
sen forma legal perceptíbel, espontaneamente.) Gordon entendía o kibbutz coma
unha grande familia, formada como máximo por catorce ou quince traballadores e
as súas familias, porque a súa experiencia leváballe a crer que unha empresa
colectiva formada por máis xente era por definición ingobernábel e estéril. O
kibbutz, nos seus comezos, foi, deste xeito, un establecemento colectivo
limitado. Esta limitación rompeu, no entanto, con rapidez, xa que respondía
unicamente a unha agricultura de monocultivo. Coa chegada de novos emigrantes e
a necesidade de producir máis e máis cousas, o colectivo ampliouse. Gordon
pasou á historia moderna de Israel non só polo que acabamos de describir, senón
polo esforzo que realizou para demostrar que a práctica dun traballo manual é
favorábel á maduración e á ampliación da intelixencia.
A transformación do kibbutz limitado
e pechado no kibbutz aberto e amplo enche a historia do asentamento agrícola en
Israel. A concepción do kibbutz aberto triunfou porque as mesmas condicións
económicas esixírono. Xa non hai ningunha organización desta clase que non teña
máis de sesenta familias, pero son raras os que teñen máis de 2.000. A
extensión da terra que o Fondo Nacional Xudeu ofrece ao kibbutz depende da súa
calidade e da auga de que poida dispor. Se a terra é boa e a auga abundosa, a
extensión naturalmente é menor que se o kibbutz é de secano e a terra de pouca
calidade.
A base desta organización é a
propiedade colectiva dos medios de produción por parte dos kibbutzim que forman
parte dun kibbutz. A organización é contraria, así, á filantropía da época dos
Rothschild e ás formas de traballo asalariado da Moshava. O kibbutz reciben a
terra do Fondo Nacional e a miúdo un capital máis ou menos importante para
comezar. O prezo da terra vaise pagando por anualidades, e o capital é devolto
axiña que o kibbutz gaña diñeiro. Pagada a terra e restituído o diñeiro, os
bens do establecemento pasan a ser propiedade colectiva dos seus membros. Para
un membro do kibbutz, esta propiedade pode describirse con estas palabras:
«todo isto é meu, pero nada me pertence». Iso quere dicir que o espírito do
kibbutz está formado polo idealismo dos seus compoñentes: o socialismo dos seus
ideais e o nacionalismo, de elevada temperatura, obstinado en construír unha
patria.
Non existindo salarios nos kibbutz,
non existe moeda de circulación entre os seus membros. Existe en cambio moeda
nas relacións do kibbutz co exterior, porque é natural que, se o organismo merca
un tractor, ou unha trilladora, a pague. O kibbutzim ten dereito a casa,
alimentación, vestiario, educación dos fillos, asistencia social de todo tipo:
médicos, farmacia, clínica, enterros. Así mesmo, o kibbutz mantén aos pais
vellos dos traballadores kibbutzim, a base de que os vellos non traballen pero
que se atendan co que máis lles agrade, porque se considera que na vellez a
inacción é fatal. O kibbutzim ten dereito a quince días de vacacións anuais; se
os pasa fóra da comunidade, dáselle o diñeiro preciso.
O comedor é comunitario e a cociña é
xeral; á fronte de cada cociña está un cociñeiro. As crianzas viven en común,
pero, cando os pais acabaron de traballar, os cativos incorpóranse á vida de
familia. O feito de que as mulleres non teñan que cociñar permíteas estar máis
tempo cos seus fillos que calquera familia obreira europea corrente. A activa vida
social e cultural faise en centros colectivos
As tendas son xerais. A
colectivización, en todo caso, non chega nin á intimidade nin á casa. As
familias non viven en bloques, senón en casas individuais e lladas. Na porta da
casa acábase a comunidade. Así, o kibbutz non ten nada que ver co comunismo integral.
Da vida colectiva, os seus membros utilizan o que lles pode resultar máis útil:
por exemplo, a cociña en común. A comida é, fatalmente, un pouco cuartelaria. É
un grupo de familias que comen nun restaurante colectivo. Doutra banda, o
organismo réxese pola asemblea xeral dos seus membros, a cal elixe un comité
executivo con poderes durante un ano. Este comité resolve os problemas de todo
tipo que se van presentando, ten a dirección agraria e comercial e ocúpase da
relación co interior en todos os aspectos: económicos, sociais, políticos e de
administración diriamos municipal.
O kibbutz pode gañar diñeiro ou non
gañalo; pode estar ben administrado ou non estalo. Despois dos traballos que os
seus membros realizan, acaba gañando algún diñeiro. Isto quere dicir que o
kibbutz chegou a transformar unha terra moi precaria nunha terra de calidade.
Cando o kibbutz atópase na etapa construtiva e non gaña diñeiro, adoita ser
extremista e dun idealismo utópico. Ao comezar a obter beneficios, se modera e
a fraseología vólvese diferente. Preguntamos a moitos kibbutzim:
- Cando gañan diñeiro, en que
utilizan o sobrante? Repárteno?
- Aínda non estamos nese momento. O
diñeiro gañado utilízase sistematicamente para mellorar o kibbutz desde todos
os puntos de vista: non só para mellorar as condicións da terra, senón a vida
familiar dos seus compoñentes. As comodidades do kibbutz increméntanse con
todas as achegas que ofrece a vida moderna. Doutra banda, co diñeiro que se
gaña empréndense outras empresas, sobre todo as de industrialización dos
produtos da terra. Neste aspecto, existen kibbutz moi importantes que moven
volumes de negocio moi considerables.
Sospeito que todas estas
informacións serán seica pouco comprendidas en países de individualismos
arcaicos como o noso, de escépticos, desconfiados e resentidos. Non hai que
esquecer, de todos xeitos, a mentalidade de quen fundaron os kibbutz, o
idealismo dos socialistas rusos, polacos e centroeuropeos que imaxinaron estas
formas de vida colectiva, a influencia que en todo o proceso tiveron as
mulleres e sobre todo o sionismo e, por tanto, do espírito de sacrificio, a
temperatura patriótica e a fe en Israel, que é a clave do arco central. Doutra
banda, o kibbutzim cre que o salario corrompe e que a xente que traballa por un
salario traballa , sen amor, na desesperanza e no baleiro e na soidade.
No kibbutz, a política é
naturalmente un elemento esencial. Unha boa parte dos seus compoñentes forman
parte do partido Mapai, do cal é decisiva a figura de Ben Gurion, ou sexa, do Partido
Laborista israelí, moi parecido na súa organización ao partido Laborista
británico. pero tamén existen moitos kibbutzim afiliados ao partido Mapai
Mapam, situado máis á esquerda, pero sen aceptar ningún punto de unificación co
comunista.
A característica do kibbutz é o
idealismo, e o feito explica por que estes organismos, falando en xeral, están moi
ben administrados. Na súa composición, obsérvanse dúas clases de elementos: o
obreiro agrícola, propiamente dito, e o fillo de familia burguesa, en ocasións
moi rica, situada xeralmente na diáspora, procedente de países diversos, que
abandonou as pompas e vaidades da súa clase e púxose, nun kibbutz, a traballar
para Israel e para os imperativos da moral e a patria. Asegúranme que, entre os
doce millóns de israelís que permanecen na diáspora, a mocidade sente cada vez
máis impulsada pola fascinación do retorno a Israel. É perfectamente natural.
Tamén debemos de falar, cando chegue o momento, do que representa o kibbutz na
organización militar defensiva dos kibbutz da fronteira sobre todo, que son
unha realidade esencial.
Comentarios