Por Aluf Ben
Director de Haaretz
28/04/2016
Imos comezar cunha fantasía: a comunidade internacional fartouse do comportamento de Israel polo que decide imporlle sancións económicas e culturais. Os investimentos baixan a cero, redúcese o turismo, néganse bolsas de investigación e as portas aos Xogos Olímpicos péchanse. Viaxar ao estranxeiro cun pasaporte israelí obriga a colocarse na cola para visados e pasar unha minuciosa investigación. Os políticos e o persoal militar poderán visitar o mundo pero cunha identidade falsa ou no marco dunha viaxe secreta.
Os defensores do boicot cren que Israel, que depende da axuda internacional, non vai soportar unha presión deste tipo. Eles agardan que só a ameaza das sancións sera dabondo para que o goberno israelí decida saír inmediatamente dos territorios, a evacuación dos asentamentos e o establecemento dun estado palestino. Outra pequena presión e Xerusalén volverase a dividir e o Exército de Defensa de Israel retirarase do Val do Jordán. A ocupación vai rematar e o estado xudeu democrático situarase seguro detrás dun novo límite. Happy End, títulos finais.
Con todo, o sometemento ante o boicot non está garantido. O máis probábel é que o goberno endureza as súas posicións e se repregue dentro dos territorios en lugar de retirarse, do mesmo xeito que outros países fixeron cando tiveron que facer fronte a un embargo internacional, como Sudáfrica, Corea do Norte e Cuba. Elas impuxeron unha austeridade económica e restricións ás viaxes ao estranxeiro, suprimiron á oposición, aforraron en pezas de recambio para os seus avións, produciron alternativas locais para as importacións e así continuaron vivindo. A medida que aumenta a presión, asemellarase Israel máis a Masada que a Tel Aviv. Medidas que previamente eran tabú, como a masiva construción nos asentamentos, un cambio no status quo no Monte do Templo e mesmo a transferencia dos palestinos, poderíanse facer baixo a sensación que de todos xeitos non hai nada que perder.
Que pasaría se os iniciadores do boicot renuncian a dividir a terra e á independencia de Palestina e esixen que todos reciban igualdade de dereitos civís nun estado binacional único desde o mar até o Jordán? Será máis fácil para eles recrutar á opinión pública occidental baixo o principio democrático básico de "un home-un voto" no canto de establecer outra ditadura árabe xunto a Israel. Un estado binacional enterrará ao movemento nacional palestino pero tamén á visión sionista.
Como responderán os israelís seculares, liberais, que soñan con ver aquí un estado como no occidente desenvolvido, que respecte os dereitos humanos e os dereitos civís, ante este escenario? Van soportar un menor nivel de vida e unha liberdade política limitada co fin de ver triunfar o boicot contra Israel ou vanse a mudar a outro lugar buscando unha oportunidade económica e máis liberdade individual?
Os entusiastas do boicot gozan comparando a Israel con Sudáfrica e describen o colapso do apartheid coma un modelo de éxito da presión internacional. Eles esquécense que o apartheid non desapareceu da noite a mañá, senón despois de anos dunha represión cada vez maior. Moitos xudeus que se opuxeron ao racismo estatal non quedaron alí esperando a caída do réxime, senón que se foron a Gran Bretaña, Australia, Estados Unidos e Israel. Un fenómeno similar producirase tamén en Israel se son impostas sancións contra. Os que teñan diñeiro e un pasaporte, e amen a liberdade iranse, deixando aquí a un estado relixioso, de dereita e con máis pobres.
Aqueles que ven no boicot unha panacea "para salvar a Israel de si mesma" deberían preguntarse se desexan vivir nun estado Masada ao estilo Bezalel Smutrich (deputado de Bait HaYehudi), ou un estado de todos os cidadáns xunto a Khaled Mashal, Mohammad Dahlan ou Marwan Barghouti como primeiro ministro. Deberían preguntarse se para poder ver o fin da ocupación están disposto a sacrificar o Israel democrático, liberal e próspera en fronteiras recoñecidas.
Para cambiar a situación a esquerda debería aprender da dereita e consolidar un apoio interno ás súas posicións. Quen renuncia de antemán ao esforzo político, co argumento que o cidadanía é parva, racista e encantado por Binxamin Netanyahu, entregando incluso o país no que queren vivir, fano mesmo a favor da ilusión de redención que supoñen traeralles en BDS. Xa que se o boicot ten éxito, a maioría deles non quedarán aquí para apagar a luz.
Publicado en hebreo en HAARETZ
http://www.haaretz.co.il/opinions/.premium-1.2928208?=&ts=_1461882422216
Comentarios