A candidata "ideal" para dirixir unha investigación "imparcial" do conflito palestino-israelí para a ONU




A persoa que se pregunta por qué o Reino Unido ou USA non bombardea Israel, seica é a candidata "ideal" para dirixir unha investigación "imparcial" do conflito palestino-israelí para as Nacións Unidas

Imaxínense: Vostede está nun xuízo e descobre que o xuíz designado para dirimir o caso xa decidiu de antemán que vostede é culpábel e ten un longo historial de constantes afirmacións publicas contra vostede. Ese parece ser o enfoque do Consello de Dereitos Humanos da ONU cando se trata de tratar con xustiza a un país particular, Israel.

A primeira elección do Consello para converterse no novo Relator Especial sobre os territorios palestinos é a criminóloga Penny Green. Ela é profesora de dereito e de globalización da Queen Mary University of London.

As opinións da profesora Green sobre Israel non son descoñecidas. Ela ten un amplísimo historial de afirmacións de que Israel ten un "goberno criminal", e cre que chegou a "hora de levantarse contra a violencia do Estado de Israel". Así mesmo apoia o boicot total de Israel, quere eliminar a Hamas da lista de organizacións terroristas e preguntouse por que británicos e estadounidenses non comezaron a "bombardear a Israel polas súas matanzas".

Até o momento, as súas opinións son bastante rutineiras dentro do ámbito da extrema esquerda. Para o seu crédito, Miss Green, a diferenza de moitos dos "activistas dos dereitos humanos", levántase contra os abusos en todo o mundo e non só nunha pequena parte del. Ela, con todo, mostra unha obsesión enfermiza por ese lugar que a todos os seus colegas obsesiona:  Israel. Ela por suposto ten dereito a ter esa opinión. Con todo, seguramente calquera persoa, mesmo se apoia os seus puntos de vista, podería entender que a súa exposición pública descualifícaa para xulgar con imparcialidade o comportamento dunha das moitas partes involucradas na situación.

Un tweet de Green dicía: "Execución extraxudicial israelí nun hospital palestino". Pode ou non pode ser unha execución extraxudicial, pero afirmalo despois do evento, e antes dunha investigación, non implica desde logo que se está ante un representante legal sobrio e imparcial da ONU que actúe no seu nome. Nótase moito máis próximo á actitude consciente e nesgada dun activista que, posiblemente, é indiferente ante as complexidades dun conflito no que xa elixiu a unha das partes.

O traballo dos Relatores da ONU, segundo o disposto por unha resolución de 1993, non é investigar todas as violacións dos dereitos humanos en Palestina, senón só as "violacións de Israel". Con todo, fontes das Nacións Unidas dixeron que os cambios de procedemento posteriores non facían esta estipulación e que, por tanto, "sería perfectamente concebible como titular do mandato interpretalo dunha maneira proactiva... En poucas palabras, isto non impida ao titular do mandato investigar as violacións palestinas".

Os últimos oito anos, dos 36 informes do Relator, en todos eles soamente criticouse a Israel. Ningún outro conflito é investigado pola ONU desta forma tan retorta. Mesmo se se deixan de lado "os prexuízos absurdos", aínda habería un problema. as propias regras do ACNUR afirman que ao seleccionarse un candidato "a imparcialidade e a obxectividade son de enorme importancia". Esta primeira elección do consello non debería ser unha sorpresa. O titular actual é de Indonesia, un país que non acepta o dereito a existir de Israel, unha das partes do conflito. O seu predecesor anterior foi un teórico da conspiración do 11-S.

A cadeira do Consello normalmente acepta ao candidato recomendado. O mesmo está previsto que ocorra o 24 de marzo Se transcende a polémica, talvez o compromiso podería ser unha segunda opción, un avogado canadiano chamado Michael Lynk cuxos puntos de vista sobre Israel son vergonzosamente... semellantes aos de Ms. Green (e é coñecido por traballar para lobbyes petroleros árabes).

É posible que o persoal do Consello da ONU non teña acceso a Internet ou a un teléfono e xa que logo non son conscientes das opinións da candidata e non poden ver o problema. A outra posíbel explicación é que non lles importa.

Comentarios