Por Antón Patiño Regueiro
Cando fun por primeira vez a Monforte de Lemos, ala arredor do ano 1945, a visita á súa bulideira estación de ferrocarril era unha obriga. E nela, no despacho da consigna, erguíanse compactos estantes destinados a apousar mercaderías e paquetaría abandonada. Xa aquel primeiro día chamou a miña atención a prestanza e solemnidade dun maletín de man de cor negra que destacaba entre o abarrote de envoltorios. Moitas máis veces voltei a aquel lugar e sempre alí sobranceaba o solitario maletín que xa formaba parte das conversas dos amigos. Manoliño o do Rexistro contoume que o tal maletín, o que hibernaba na consigna, deixárao un xudeu fuxido de Europa. Nunca voltara por el. A pechadura do maletín chegou a ser forzada e o seu contido manoseado por conta de mentes indignas. Mans irresponsábeis de ferroviarios non merecentes de tal nome souberon ao fin que agachaba aquela pequeña equipaxe. E alí quedou o maletín desvencellado, baleiro e vello. Deu en maletín mudo con aroma de lenda. E as lendas de sempre agrandan e co tempo tiran do maxín.
De tal xeito que eu pasei a escoitar engaiolado o falar de Manoliño o do Rexistro. O meu amigo debullaba os contidos daquel maletín esquecido. Xoias, papéis e documentos en lingua non entendíbel disque estaban entre eles. O Manolo insistía en que a presa por contactar co enlace da súa fuga levou o xudeu a tomar un tren de madrugada. Velaí a causa da fatal perda. Os anos pasaron dabondo e o maletín da consigna de Monforte era unha mensaxe calada para moitos viaxeiros que repararon na súa soidade. Algún deles mesmo podería ter sido un xudeu máis en fuga ao que o maletín podería darlle a mensaxe precisa de que alí nin se detivese nin sentase raíz. Nunca foi reclamado. Tampouco presentaron queixa ningunha para regalía daqueles que estaban a facer imperios con impunidade e deslealdade impropia do seu cargo ferroviario. Non existiu expediente cando chegou a modernidade e a estación de Monforte de Lemos xa era outra. O seu mundo ía esmorecendo cal os contidos secretos do maletín dun xudeu fuxido.

Comentarios