De Charlie Hebdo a Bataclan

Jon Iñarritu
Por Jon Iñarritu
Novembro 2015

Os atentados yihadistas que se produciron en Europa, especialmente en Paris, durante o ano 2015 supuxeron un antes e un despois no Vello Continente. Aínda que estes ataques islamitas non foron nin os primeiros nin os máis mortíferos que se producen, o feito de producirse execucións televisadas, practicamente en directo e que varios dos obxectivos, que ocasionaron decenas de vítimas civís, fosen símbolos representativos das nosas sociedades produciu un shock. Feitos que deixan no aire varias preguntas e non todas con resposta.

Solidariedade versus hipocrisía eurocentrica? Cada vez que se producen en Europa este tipo de desgrazas, é evidente que o nivel de solidariedade na nosa sociedade non é igual que cando se producen en Kurdistán, Mali ou Bombai, pero o elemento xeográfico non debería ser interpretado como un acto de hipocrisía. É comprensible que as mostras de condena, solidariedade e loito da cidadanía sexan maiores canto máis preto ocorren estas desdichas. É xusto, como non, acordarnos tamén das vitimas que se producen ao longo e ancho do planeta por atentados semellantes, agora ben, pór uns fronte aos outros con ánimo contextualizar ou reducir a gravidade dos que ocorren preto é algo máis que un erro. Observamos como os excesos mediáticos ante estes dramas, crean un ambiente e unha sensibilidade tal, que calquera mensaxe que non sexa de repulsa e solidariedade coas vítimas, durante as primeiras horas, é visto con rexeitamento pola maioría social. Por iso, é conveniente que as mensaxes en xornadas posteriores a tan abxectos actos só sexan para amosar mediante a empatía as mostras de dor e solidariedade. Hai momentos para o dó sen complexos e outros para as análises, tan necesarios son uns como os outros, pero cada cal ao seu debido tempo.

É Europa culpable coas súas intervencións deste fenómeno? Que dúbida cabe que este é un fenómeno poliédrico, no cal é obvio que certas intervencións en Oriente Medio, Afganistán, Iraq, Libia ou Siria... foron un caldo de cultivo para o yihadismo. Observamos como non só medrou este fenómeno onde era marxinal, senón que ademais é a base operativa dos yihadistas que realizan ataques en Europa. As intervencións occidentais, a parte dunha fonte de inxustizas e de mortes de civís, non serviron para resolver conflitos, senón que esas rexións son, a día de hoxe, máis inestables do que eran. Occidente debe primar as vías diplomáticas, a non inxerencia, os mandatos de Nacións Unidas e o respecto aos dereitos humanos sempre e en todo lugar. Agora ben, o yihadismo tamén está en pleno crecemento en Estados de África e Asia, onde non se produciu intervención occidental algunha, polo que non se pode afirmar que sexa Europa a causante deste problema. Mais alá, lembremos que varios dos ataques foron reivindicadas polas organizacións atacantes con argumentos tales como: “o insulto ao profeta” ou “porque centenares de idólatras estaban reunidos nunha festa de perversión".

É a discriminación de comunidades musulmás en Europa a responsable? Segundo indican os datos numerosos dos atacantes, son europeos e proceden de barrios marxinais de cidades europeas, nos cales existen grandes núcleos de poboación que pola súa orixe, sufriron discriminación, racismo, problemas de inclusión ou educativos. Un feito que demostra que unha das vías para loitar contra esta secuela é loitar contra a xenofobia e o racismo así como implementar políticas sociais, educativas e de inserción contra colectivos discriminados pola súa orixe étnica e/ou relixioso. Pero, doutra banda, vemos como entre os yihadistas europeos hai tamén numerosos que proceden de familias e zonas económicas de alto poder adquisitivo, do mesmo xeito que a existencia de non poucos yihadistas, convertidos ao Islam. Polo que esta problemática vai máis aló. Un elemento determinante, segundo moitos expertos, é a existencia (tamén en Europa) de mensaxes extremistas relixiosos ligados a algunhas correntes, como a wahabita, que chegan vía mesquitas e imáns financiados desde Estados do Golfo como Arabia Saudita.

Son efectivas as medidas securitarias postas en marcha? Cando se producen ataques de terrorismo islamita, os/as “securócratas” utilizan o pánico para impor medidas excepcionais e de emerxencia, que co tempo non desaparecen. A excepcionalidade faise norma limitando liberdades e dereitos. Vemos como coa escusa de loitar contra o yihadismo auméntase o control social, as medidas represivas e todo tipo de medidas penais, dando máis poderes aos corpos e forzas de seguridade en detrimento de garantías xudiciais e do control xudicial. A esquerda europea foi belixerante con estes recortes e deberá seguir séndoo. Agora ben, tendo en conta que ante estes fenómenos, as respostas inmediatas, de prevención e intelixencia, non son cuestións baladíes. Polo que cabería preguntarse se ten a esquerda europea un discurso propio securitario?

Por iso, a pregunta que nos facemos constantemente é como loitar contra este problema poliédrico. Enumeramos algunhas medidas pero unha clave é imposibilitar o financiamento destes grupos, principalmente desde os Estados do Golfo, nalgunhas ocasións utilizando paraísos fiscais. Urxe tomar medidas contra todos aqueles Estados que dun xeito ou doutro están a financiar, exportando armas e comerciando co Estado Islámico e outras organizacións yihadistas xa que mentres ese apoio directo ou indirecto exista a súa redución será moi complicada.

Lamentablemente, é bastante probable que, do mesmo xeito que ocorre no medio mundo, Europa volva verse azoutada por ataques desta natureza. Por iso, desde a esquerda europea debemos seguir promovendo medidas a todos os niveis, do internacional ao local, medidas que fagan fronte ao totalitarismo que ataca a liberdade e os dereitos, xustamente impulsando máis dereitos, máis democracia e máis liberdade.

Comentarios