Non sexamos inxenuos


Por favor, non sexamos inxenuos, ningún destes rapaces palestinos, extremadamente violentos que lanzan pedras contra coches en marcha, disparan contra mulleres e nenos, provocan disturbios nas rúas e acoitelan ou degolan fano co fin de reactivar ou reiniciar ningún proceso político na procura dun estado palestino. Non son precisamente membros dunha organización palestina tipo "Paz Agora” e non teñen o menor interese en ningún tipo de proceso de paz, ou en calquera paz ou solución de dous estados para dous pobos.
Militan nunha ideoloxía que non quere pór fin á ocupación, senón pór fin a existencia de Israel e a presenza dos infieles cruzados en terras do islám. Toda a súa violencia é resultado da irresponsable incitación, do odio relixioso, do fanatismo, do desexo de destruír, non de construir un estado palestino.
Quen pretenda ver nestas accións salvaxes de coitelos ou machetes actos xustificables ou desculpables en defensa da lexítima causa palestina non só está radicalmente equivocado, senón que está a dificultar ainda máis a solución xusta do drama palestino-israelí.

Comentarios