Cine e Shoah: de 1933 aos nosos días é unha mostra audiovisual cronolóxica sobre a representación do Holocausto. Estará dividida en dúas xornadas, nas que se proxectarán fragmentos dos filmes máis importantes da historia do cinema da Shoah.
A primeira xornada (xoves 15 ás 20:00 horas) abranguerá dende a ascensión do nazismo e os comezos da Shoah en 1933 até 1976. "Professor Mamlock", "El gran dictador", "Ninguno escapará", "Hotel Berlin", "La última etapa", "Noche y niebla", "La familia Taras", "El diario de Anna Frank", "La pasajera" e "El otro Sr.Klein", entre outros filmes, serán parte da programación da primeira xornada.
A segunda xornada (xoves 22 ás 20:00) comprende as películas que van dende 1978 até 2014 e poderanse ver fragmentos de "Holocausto", "La decisión de Sophie", "Korczak", Boas tardes, Herr Wallenberg, "Shoah", "Ven y mira", "La lista de Schindler", "El tren de la vida", "Sin Destino", "La redada", "El secreto de la aldea", etc.
Cabe sinalar que moitos dos filmes que se verán nesta mostra son inéditos e nunca chegaron a estrearse nos cinemas españois. Entre eles, algúns foron especialmente subtitulados para estas xornadas organizadas por AGAI. Un exemplo é "Nepokoryonnye" (La familia Taras) de Mark Donskoy, produción soviética de 1945, na que se fai a recreación do masacre de Babi Yar (Kiev), onde máis de 30.000 xudeus foron asasinados polos nazis en xuño de 1941. Este filme foi rescatado do esquecemento, non hai moitos anos, grazas ás investigacións feitas pola historiadora Olga Gershenson.
O ponente, Ricardo Kukulka Szpindler, presentará cada película, incluíndo relatos, anécdotas e circunstancias que forman parte os seus contextos históricos. Haberá tamén a posibilidade de intercambio de ideas coa participación do público asistente.
A entrada ás dúas xornadas é de balde
.
Comentarios