Juan Karlos Pérez |
Por Juan Karlos Pérez Álvarez*
Maurice Ravel adoitáballe dicir ao seu amigo o padre Donostia que os vascos temos dúas patrias, España e Francia. A isto Sabino Arana replicou que Euskadi é a única patria dos bascos, pois, como logo diría Orson Welles nun documental na fronteira, ao lado vasco-francés, os vascos nin son españois nin son franceses, son só vascos. E pódese engadir que cando un vasco, sexa español ou francés de nacionalidade, fai algo positivo pola humanidade, resáltase que é francés ou español. Se faino mal, comete un erro ou vai en contra da humanidade, entón é vasco e só vasco. Algo parecido ao que lle ocorreu a Albert Einstein, que puido ser Presidente de Israel, se tiña éxito, os suízos, alemáns e franceses atribuiríanllo, pero se non era así, os franceses dirían que era alemán e os alemáns que era simplemente un xudeu. E é que non moito separa, nin intelectual nin temporalmente a Sabino Arana de Theodore Hertzl no ano 1895.
Os vascos foron mulleres e homes ligadas á mar. Foron os primeiros en descubrir e pescar, cazar máis ben, e facer unha próspera industria, tanto do bacallau como da balea. A comezos do século XX unha porcentaxe moi significativa, próxima aos tres cuartos de toda a frota mercante española estaba rexistrada no porto de Bilbao. Tal fora e era a influencia que o primeiro tratado internacional foi feito polo Consulado de Bilbao no século XVI e o regulamento que rexía o Porto de Bilbao, tras as independencias americanas, foi o modelo polo que se rexeron. Tras a Segunda Guerra Mundial, era o momento de tomar partido pola humanidade, e moitos capitáns e mariñeiros vascos, de corazón nacionalista vasco, axudaron ao pobo hebreo na procura do seu fogar nacional xudeu en terras de Israel. Hoxe en cidades como Haifa hai rúas que lembran o seu heroismo en tempos difíciles.
Os símbolos son importantes. As persoas son símbolos capitais, claro, encarnan virtudes, e son modelos e exemplos de conduta, pero hai outros símbolos, como puido ser, durante a Guerra dos 6 días a canción Jerusalem of Gold, que, dito sexa de paso, a base musical e o ton da mesma, non diremos plaxio, senón, unha referencia cultural manifesta, con respecto a unha coñecida cantiga de berce vasca, en eúscaro, denominada "Pello Joxepe". Antes de usarse como marco para a canción, símbolo patriótico hebreo, usábase, sen letra, tamén, para os bertsolaris (improvisadores de pequenos poemas cantados). Un símbolo de unidade da cidade de Jerusalem con indubidables raíces vascas, como recoñecería a autora da letra unhas décadas despois.
A lingua, precísamente, é a verdadeira alma e corazón dun pobo, pois non é tan só unha forma de comunicarse, senón a forma que tivo, en capas, e por sedimentación, de describir e dotar de nome e definición a todos os elementos do existente na súa contorna natural. Unha lingua define a súa contorna e como o visualiza ese pobo. É unha forma particular de ver o universo. É por iso que, cando, a finais do século XIX o hebreo estaba perdido sen remisión, era unha traxedia humana, pois unha cultura e unha lingua perdidas empobrece a cultura global. O modelo de recuperación do hebreo foi, sen dúbida, o referente imprescindible á hora de recuperar o eúscaro durante os diferentes gobernos vascos, dende Garaikoetxea a Ibarretxe, pasando por Ardanza. A seguridade e a certeza de sobreporse ao pesimismo e non ceder até recuperar a lingua propia foi un faro de esperanza que alimentaba e impulsaba a procura da restauración dunha lingua como o eúscaro, que, afortunadamente, non se chegou a terminar de perder completamente en ningún momento.
O tema da seguridade, dito sexa no seu contexto máis habitual, é un tema importante. Capital no caso de Israel, pero igualmente fundamental no caso vasco, sobre todo, cando, á saída da ditadura, foi implementado un recuperado autogoberno, incluíndo, unhas forzas policiais propias. A Ertzaintza, a policía vasca, xa tivera un precedente na garantía do órden público no oásis vasco durante a guerra civil, durante case un ano. Agora o reto era maior se cabe. Despregar unha policia integral por todo o territorio vasco. Buscáronse modelos. O italiano era demasiado parecido ao español, o británico requiría dunha sociedade pacífica que non tiñamos, e, polo enfrontamento ao pasado do nazismo (tan parecido á ditadura franquista) e a situación de terrorismo, atopáronse 2 modelos, o alemán e o israelí. Buscouse o consello e o apoio do Mossad israelí na posta en marcha de determinadas áreas da Ertzaintza, o cal contribuíu a un mellor servizo, e unha mellor maneira de loitar contra a violencia terrorista, a pesar da dor que leva.
José, Pepe, Mújica, un vasco do Uruguai, xa ex presidente, dicía que a enfermidade da esquerda é o infantilismo. Precísamente ese infantilismo é o que levou a un grande sector da denominada esquerda abertzale, de Batasuna, a situarse ao lado dos denominados Palestinos. O maior problema de todo conflito atópase en eliminarlle os matices e os detalles, porque é, precísamente, aí onde atopase o verdadeiro cerne para entendelo ben. Israel, por medio dos Kibbutz e o Mapai, e do decidido apoio da URSS e as armas checoslovacas, foi un apoio socialista de primeira hora. Pero iso cambiou co tempo, e agora é simbolizada xunto aos Estados Unidos nunha especie de imperialismo. Coma se non houbese máis imperialismos na Terra. Moitos baixo o falso disfrace de dicirse anti-imperialistas. É nisto no que adoitan caer cando apoian boicots contra Israel, falan das fronteiras (sic) de 1967 e doutros temas, que se basean máis na propaganda de Hamas ou o Hezbollah que en datos obxectivos e obxetivables. Na historia dos pobos isto ocorre sempre, a manipulación, a mediatización e a información contaminada. É aí onde hai que incidir, unha e outra vez, como cantaba Mikel Laboa en "Gure Hitzak", dicir a nosa historia unha e outra vez, para que non se perda, para que non se esqueza.
A Sabino Arana tacháronlle de moitas cousas. De ser racista. De ser misóxino. De ser un rancio. E todas as acusacións son falsas, pois en verdade, era un avanzado defensor dos dereitos da muller, defendía aos negros na guerra dos boer (cando todo o mundo tomaba partido ou polos ingleses ou afrikaaners), defendía a abolición da escravitude en Cuba... a cuestión é que, nun contexto no que a palabra raza significaba outra cousa, falaba de raza vasca, porque, tras décadas, todo o século XIX, nun desastre, 3 guerras e unha situación económica calamitosa, pór pé en parede era unha necesidade. Como a de Hertzl e o movemento sionista de, ao contrario do que din que di ese libelo chamado "Protocolos dos Sabios de Sión", como ben recolleu, por certo, o novelista Mario Escobar no seu "O testamento do diaño" simplemente dicíase que o pobo xudeu, tras tantas penalidades, merecíase un refuxio propio, un lugar no que sentirse cómodos, en casa, unha patria na que ser eles mesmos. E é a propia historia, unha vez lograda, a que deu forma á realidade actual Israelí, sendo a única democracia plena de oriente medio. E coa clara vontade de non perdela, de seguir séndoo.
A historia do nacionalismo basco, e do pobo vasco no seu conxunto, en suma, foi, pois, ambibalente, no caso da súa relación co pobo e o estado hebreo. Inflúen moito as correntes internacionais existentes, sobre todo as relativas a materias sensibles como os dereitos humanos e o respecto ás minorías. Calquera cousa que se diga e faga, ao estar feita por humanos, é perfeccionable, matizable e opinable. Pero, a materia básica, é que ambos os pobos camiñan pola senda da vontade de ser para decidir. E o futuro ha de ser mellor que o presente e o pasado. Unha comuñón de fins debería levar unha mellor comprensión das partes, e un desenvolvemento de relacións de boa vontade. A final de contas, Israel é a patria dos hebreos, e Euskadi a patria dos vascos. Insha'allah. Shalom.
* Juan Karlos Pérez Álvarez, natural de Bilbao e residente en Getxo (Bizkaia, Euskadi) é Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade do País Vasco, especialista en análise política e relacións internacionais, master en procesos de democracia participativa, autor de 4 libros (Primavera en mayo, El largo camino a casa, La verdad que creo e Nadie es más que nadie) e militante do Partido Nacionalista Vasco.
Comentarios