Francia resíntese ao acordo entre USA e Irán por cinco razóns, non sendo a menor os seus vencellos cos estados do Golfo





Informe 21.03.15 - DEBKA 

http://www.debka.com/…/France-balks-at-the-US-Iranian-deal-…-–-not-least-with-an-eye-on-its-Gulf-ties

O presidente Barack Obama non logrou debilitar as obxeccións do presidente francés Hollande ao acordo nuclear que está a tomar forma entre os EEUU e A República islámica de Irán, na chamada que fixo o venres 30 de marzo ao Elíseo. Ao secretario de Estado estadounidense John Kerry non lle foi mellor o sábado, cando reuniuse cos ministros de Exteriores de Francia, Gran Bretaña e Alemaña en Londres para unha reunión informativa sobre os avances das conversas destinadas a unificar as posicións dos europeos coa estadounidense.

Alí atopouse, segundo as fontes moi ben informadas de DEBKA, que Francia non estaba soa. Alemaña tamén resistese a certas partes do acordo en cernes.

Os franceses están a esixir cambios en cinco dos puntos principais acordados entre Kerry e o ministro de Asuntos Exteriores iraniano, Javad Zarif, antes de que os iranianos abandonasen as conversas o venres:

Eles insisten en que non se pode permitir que a república islámica de Irán manteña todas as 6.500 centrifugadoras (para o enriquecemento de uranio) concedidas polos estadounidenses. Este número debe reducirse.

Do mesmo xeito, as reservas de uranio enriquecido que permanecerían en mans iranianas, e que foron aceptadas polos EEUU, considéranse demasiado grandes. Francia tamén insiste nun longo período de restricións sobre o traballo nuclear de Irán antes de aliviarse as sancións. Está a presionarse para unha moratoria de 25 anos en lugar dos 15 anos que ofrece o goberno de Obama, e garantías en cada etapa.

O escollo principal, con todo, é a insistencia de Francia de que as sancións da ONU permanezan en vigor ate que Irán explique totalmente as evidencias que se atoparon sobre sospeitas de que estiveron desenvolvendo e traballando no deseño dunha cabeza nuclear. Os iranianos responden que eles nunca poderían satisfacer a condición francesa porque nunca serían capaces de probar que é mentira e refutar así a evidencia de que se está forxando un programa de armas nucleares.

Non hai ningunha posibilidade de conseguir que Teherán admita estar a traballar nunha oxiva nuclear - nin permitirá aos inspectores estadounidenses o acceso a lugares sospeitosos - porque iso desmentiría a solemne afirmación do líder supremo o aiatolá Ali Khamenei de que o programa nuclear de Irán é exclusivamente para fins pacíficos, benefactores e que sempre foi así.

As fontes de DEBKA no Golfo revelan que a dura posición negociadora de Francia no tema nuclear débese en parte aos seus intensos víncellos con Arabia Saudita e outros países do Golfo, entre eles os Emiratos Árabes Unidos. Francia mantén bases militares no Golfo, incluíndo unidades aéreas e terrestres en Arabia Saudita e os Emiratos Árabes Unidos. Os emiratos ademais convertéronse no mercado máis rendible para a industria armamentista francesa. Riad e Abu Dhabi estiveron presionando duramente a París para que non firme o texto perfilado entre a administración Obama e Teherán, porque cren que colocaría á súa seguridade nacional en grave risco.

Isto expón unha pregunta interesante: Por que Washington respecta o dereito de Francia a resistirse á súa política nuclear, pero rexeita as obxeccións do Primeiro Ministro Benjamin Netanyahu en nome da seguridade de Israel?

A resposta é moi simple. É máis fácil pór presión sobre o primeiro ministro israelí que sobre o presidente de Francia ou os gobernantes do Golfo. Obama atacou a actitude de liña dura de Netanyahu como o principal obstáculo no camiño para un acordo nuclear como unha táctica útil para facer fronte á oposición ao acordo que se estende en Europa e no Golfo Pérsico.

Comentarios