Despois da matanza de París, cara onde vai BDS?




Por Liel Leibovitz
Haaretz

Supoñamos, só para favorecer a argumentación, que pertences a un grupo que está comprometido con pór fin á ocupación israelí en Cisxordania e erixir un Estado palestino. Por mor das reiteradas críticas, insistiches unha e outra vez que non tes ningún problema cos xudeus, senón coa política israelí que aborreces. Talvez defendes un inmediato retorno israelí ás fronteiras de 1967. ou talvez o teu punto de vista é máis radical e entendes que o Estado xudeu debe deixar paso a un Estado bi-nacional que se estenda desde o río Jordan até o mar Mediterráneo. Calquera que sexa a túa opción, insistes en que estás comprometido cunha reconciliación entre ambos os pobos, coa xustiza e coa paz.

Agora supoñamos, hipoteticamente por suposto, que os terroristas proliferan nunha capital europea afastada de Xerusalén e Ramallah. Nun caso, eles sinalan a unha muller e dispáranlle por ser xudía. Noutro caso, atacan un supermercado xudeu e executan a catro dos clientes xudeus. Como reaccionarías?

Se és intelixente, se és compasivo, se estás realmente interesado nos dereitos humanos, só tes que condenar os ataques. Poida que o fagas non só porque é o que hai que facer, estar de pé fronte ao terrorismo, senón tamén porque dáste de conta de que a túa capacidade de atraer aliados depende de convencerlles de que non protexes nin amparas os sentimentos anti-xudeus, non importando o ardente que sexa a túa retórica anti-israelí. Isto é especialmente certo cando, como consecuencia da violencia desatada en París, chiflados de todas as tendencias levantáronse con prontitude para condenar as "chamadas masacres" por ser froito duns ataques de "bandeira falsa", é dicir, perpetrados en realidade polo Mossad co fin de fomentar a indignación contra os musulmáns. Sería bo, mesmo esencial, escoitar que o campo prol-palestino está en contra de semellantes disparates, condenado o asasinato de inocentes, e asegurando o seu compromiso cunha solución pacífica do conflito.

Pero non tivemos esa sorte.

En lugar desa clase de empatía que se esperaría de calquera persoa sensata á hora de expresar os seus sentimentos nun momento tráxico como este, os defensores máis elocuentes do movemento BDS adoptaron diferentes vías radicais.

Por exemplo, JVP, unha das principais organizacións radicais de esquerda centrada no conflito palestino-israelí, publicou un post no seu blog que indicaba con precisión onde colocaban as súas prioridades. Baixo o título "Os crimes de París e a reacción negativa islamofoba", incorporábanse moitas observacións sabias como a de alertar aos lectores de que "os musulmáns corren un maior risco en gran medida polas forzas da intolerancia", pero non había case nada sobre o feito de que outras forzas, non menos intolerantes, acabaron coa vida de 17 persoas, moitas deles xudías.

Mesmo se vostede subscribe a estúpida teoría que sostén que a ameaza concreta non radica tanto nos homes que utilizan armas semiautomáticas, senón nos que no futuro proporán afrontar os sentimentos dos musulmáns, poderíase aínda esperar atopar na metade da súa frase a expresión dunha xenuína tristeza ao pensar en tantas vidas desperdiciadas. Pero a xente do BDS parece non ter tempo para tales sentimentos normais e humanos, pero non soamente eles, senón tamén moitos dos que converteron atacar a Israel na súa causa.

Escribindo en Mondoweiss, por exemplo, e non mencionando nin unha soa vez aos xudeus asasinados, toda unha fazaña tendo en conta que uno dos ataques tivo lugar nun supermercado kosher, Chloe Patton argumentaba que os occidentais necesitan comprender e abrazar "as formas en que os traumas históricos do terceiro mundo (o sur) séguense manifestando no presente postcolonial". Mesmo sen xulgar o mérito intelectual de tal argumento, non é demasiado difícil ver que o aspecto que converte a ese argumento en particularmente vil: o asumir que só unha parte (o sur) ten dereito a ser escoitada, mentres que a outra parte, mesmo cando é sacrificada, non debe facer máis nada que escoitar e mostrar empatía coa causa do outro bando.

Tal indiferenza, provindo nestes dolorosos momentos de calquera persoa que profesa o oficio de activista que traballa en nome dos valores universais, resulta enxordecedor. Como adoita suceder, con todo, é mellor que outra alternativa.

Estoutra alternativa plásmase no intento de pasar por encima da realidade dos asasinatos duns seres humanos e tratar pola contra de aproveitar a situación para utilizala como mera biliosa propaganda. Pensen en Ali Abunimah, co-fundador dunha web chamada The Electronic Intifada, un nome que fai moi pouco para distanciar aos que alí escriben da memoria dos dous violentos levantamentos palestinos que se cobraron a vida de case un milleiro de civís israelís.

Observando a situación en Francia, Abunimah promoveu unha nova teoría: Debido a que o perigo máis grave ao que nos enfrontamos é a islamofobia, e debido a que a islamofobia aliméntase da "falsa crenza" de que os musulmáns europeos non se exercitan o suficiente en encaixar nas súas sociedades de acollida, son os xudeus franceses que se apresuran a abandonar Francia tras os atentados de París os que realmente serán os auténticos e anónimos viláns.

"Os inmigrantes e os seus descendentes nados en Europa, e procedentes maioritariamente de países musulmáns, son acusados rutinariamente polos que lles odian e témenlles de negarse a integrarse en Europa", escribiu Abunimah, e por tanto "os que din que os xudeus europeos deben abandonar Europa pola súa propia seguridade, o que están a dicir efectivamente é que tamén é imposible para estes xudeus integrarse e que nunca estarán seguros nos seus países de orixe". E iso, conclúe triunfalmente Abunimah, ?é unha idea fundamentalmente antisemita".

Noutras palabras, cando as vítimas xudías encaran abandonar os seus países de orixe por mor da inseguridade ocasionada maioritariamente, e precisamente, por inmigrantes musulmáns e pola permisibilidad ante a devandita violencia de parte das autoridades e os medios de comunicación, son estas vítimas xudías quen en realidade cavan máis profundamente a fosa dos problemas e por tanto teñen a culpa de empeorar as cousas. E por suposto, todo é culpa de Israel: O título da peza de Abunimah é "Israel móvese rapidamente para explotar os ataques de París".

Para aqueles de entre nós que temos a mala sorte de ter que seguir ao movemento BDS de preto, tales manipulacións non son novas. Pero os acontecementos que implican un cataclismo teñen a virtude de provocar nas persoas un espertar repentino. Así que aquí teñen unha sinxela suxestión: antes de participar nunha conversación cos críticos de Israel, tómense un momento e comproben a súa pegada dixital ante os feitos acontecidos en París a semana pasada. Se se tomaron o tempo e a molestia de condenar estes horribles  asasinatos sen temor a equivocarse, se soan genuinamente doloridos, continúen. Pero se todo o que poidan sacar dos seus argumentos son clichés mohosos ou dogmas aceirados, se non poden deixar aparte por un momento o seu dogmatismo político ordinario, sentíndose seres humanos, e se non poden perder a oportunidade de ver mesmo nesta traxedia unha proba máis do "excepcionalmente nefasto réxime israelí", eles demostráronlles ás claras que o verdadeiro obxecto do seu vitriolo non é o Estado xudeu, senón o pobo xudeu.

Comentarios