Israel é o único estado que favorece unha tradición relixiosa... a excepción está claro de todos os demais

 
Por Adam Levick
CifWatch - 04.12.14
 
Se The Guardian ou o The New York Times publicasen un longo ensaio sobre algunha pequena e escura tribo indíxena de África cunha lingua, cultura e tradición relixiosa única na rexión, e cuxa historia se estendese varios miles de anos e estivese en perigo de extinción, seguro que os seus lectores case seguro lamentarían a súa situación. Ademais, parece certamente pouco probable que moitos dos seus lectores criticasen e desafiasen a vixiancia e protección por parte da tribo das súas antigas tradicións, ou o seu declarado desexo de previr a erosión da súa identidade étnica e relixiosa única.
 
Aínda que xa teño tratado a falsa acusación especificamente lexitimada polo Times de Londres de que a nova  "lei da Estado-nación xudeu" proposto polo goberno de Israel fará dos non-xudeus uns "cidadáns de segunda clase", o debate máis amplo sobre o dereito de Israel a identificarse cunha tradición relixiosa específica é o subtexto que subxace en moitos dos debates en liña sobre o conflito israelo-palestino.
 
Mentres que parece fóra de discusión que os árabes israelís -se o actual proxecto de lei chegase a pasar a avaliación da Knesset- continuarían gozando o tipo dos dereitos políticos democráticos que os seus irmáns étnicos na rexión só poderían soñar, o debate sobre a ética xudía de Israel vese a miúdo nubrada pola suxestión implícita de que o resto do mundo se ha afastado de tales nocións particularistas da estatalidade.
 
Isto non é certo.
 
Mesmo no Occidente democrático, por exemplo, as nacións manteñen sistemas codificados de preferencia polos que reclaman ou afirman algunha conexión histórica, étnica ou lingüística co estado. Moitos países ofrecen privilexios de inmigración para individuos con lazos étnicos ou familiares a eses países -un sistema de preferencia na inmigración coñecido como "jus sanguinis", un "dereito de retorno" desas persoas decidido a compartir os trazos comúns preferidos e vixentes.
 
Ademais, un terzo dos 196 países do mundo, segundo o Centro de Investigación Pew, teñen bandeiras nacionais que inclúen os símbolos relixiosos.
 
Dos 64 países que entran nesa categoría, segundo o Pew, case a metade teñen símbolos cristiáns e ao redor dun terzo inclúen símbolos islámicos. En canto ao nacionalismo e o Islam, tamén hai que sinalar que non menos de 57  países se autoidentifican como unicamente estados musulmáns.
 
Israel é, por suposto, o único país que se autoidentifica como un Estado xudeu, o único cunha maioría xudía, e o único cun símbolo xudeu na súa bandeira.
 
A existencia dun sistema de goberno xudeu soberano -cos medios económicos, militares e diplomáticos para protexer aos xudeus no seu fogar nacional e no estranxeiro-, non é un simple desexo relixioso, abstracto ou ideolóxico. Máis ben, é un enfoque racional para garantir a seguridade dunha pequena minoría historicamente perseguida que xa non pode correr o risco de depender da boa vontade das nacións ilustradas para asegurar o seu benestar, e de feito a súa propia supervivencia.
 
Mentres o debate sobre o mellor xeito de acadar o equilibrio correcto entre o carácter nacional xudeu e democrático de Israel é de feito lexítimo, é necesario lembrar que os xudeus non son a única excepción no seu desexo de manter unha cidadanía maioritaria unida por unha Memoria Histórica similar e por un destino político e moral común.

Comentarios