Angela Merkel contra o antisemitismo


Texto íntegro do discurso pronunciado pola chanceler alemá Angela Merkel na Porta de Brandeburgo de Berlín o pasado 14 de setembro. 


O feito de que hoxe vivan novamente en Alemaña máis de 100.000 xudeus é case unha milagre. É un precioso agasallo que me enche de gratitude. Indígnanos ver que hoxe en Alemaña hai persoas que son insultadas, atacadas ou ameazadas pola súa condición de xudeu, ou polo seu apoio ao Estado de Israel. É algo que baixo ningún concepto podo aceptar. E que ninguén dos aquí presentes está disposto a aceptar, e que hai moitos, moitos máis que comparten os meus pensamentos.

Dóeme cando escoito que mozas parellas xudías pregúntanse se poden criar aos seus fillos en Alemaña, ou cando escoito a persoas maiores cuestionarse se fixeron ben en quedar a vivir aquí. Queremos enviar desde aquí unha mensaxe clara: a vida xudía pertence ao noso país. É parte da nosa identidade e da nosa cultura.  Queremos enviar unha mensaxe clara que neste país non hai lugar para a discriminación e a exclusión. Tanto eu, como quen nos acompañan hoxe aquí, e por certo a maioría do pobo alemán loitaremos contra a discriminación e a exclusión.

Queremos enviar unha mensaxe clara que despois da Shoah, onde se traizoaron todos os valores da humanidade, Alemaña é consciente da súa permanente responsabilidade para actuar enerxicamente contra o anti-semitismo ou máis aínda, de prever a súa actividade. Nos últimos meses fomos aínda máis conscientes en que debemos estar moi atentos. Vemos as pérfidas intencións do antisemitismo: sinalar aos xudeus como estranxeiros neste país. E a nosa resposta é clara: amigos, veciños, colegas xudeus, Alemaña é o seu fogar.

En nome de todo o goberno alemán, condeno enerxicamente toda forma de antisemitismo tanto en Alemaña como en Europa. Rexeitamento totalmente todo comentario ou ataque antisemita, e máis aínda rexeito o que presenciamos nas manifestacións e mobilizacións prol palestinas, que aínda que parecen ser unha crítica ás políticas do Estado de Israel, en realidade son pura e simplemente expresións de odio cara ao pobo xudeu.

É especialmente intolerable que se ensinen slogans antisemitas aos nenos, e que logo as repiten en demostracións dese tipo. Quen utilice unha lexítima crítica ás accións políticas, xa sexan do noso país ou do Estado de Israel simplemente como pretexto para expresar o seu odio a outro pobo, o seu odio cara aos xudeus, utiliza mal o dereito fundamental da liberdade de expresión e de reunión.

Quen insulta verbalmente ou ataque a quen usa unha kippa ou unha estrela de David, ou provoque lesións graves a unha persoa, férenos e atácanos a todos nós. 

Quen profana tumbas nun cemiterio xudeu, denigra nosa cultura.

Quen ataca unha sinagoga viola os propios alicerces da nosa sociedade libre.

Escoitamos comentarios que máis semellan ser unha declaración de guerra contra as relacións amigables entre as diferentes relixións e comunidades no noso país. Presenciamos crimes de guerra que constitúen un ataque á nosa liberdade e á dignidade humana. Non podemos, non debemos mirar cara outro lado. E non o faremos. É por iso que estamos aquí hoxe.

E non só iso, a loita contra o antisemitismo é un deber do noso país e de todos os seus cidadáns. É por iso que as autoridades a cargo da seguridade toman moi en serio os ataques aos xudeus ou ás institucións xudías. Permítanme dicir que cada un deses incidentes debe ser tomado moi en serio. Os crimes e as manifestacións antisemitas serán castigados con todo o rigor da lei. E iso tamén se aplica aos ataques ás mesquitas. Tampouco serán tolerados e tamén serán enerxicamente castigados. Pero, en primeiro lugar e por abrigo, temos que asegurarnos que estes ataques non sucedan.

É a tarefa de todos e cada un de nós. Responde o noso sentido de responsabilidade polo ben da comunidade. Pero iso require coraxe, iniciativa, solidariedade, tolerancia e unha mente aberta, eses valores que fan á sociedade humana e que nos permiten enfrontar os desafíos do futuro; eses valores que temos que recalcar unha e outra vez.  A estes efectos, o meu goberno apoia un amplo espectro de actividades: traballamos especialmente cos mozos e cos seus pais en proxectos que promoven a tolerancia, afortalen a capacidade da sociedade e a comprensión da democracia.

Se queremos erradicar toda forma de extremismos, discriminación ideolóxica e violencia, debemos comezar coa familia. Exhortamos aos mozos e aos non tan novos a traballar comunitariamente e comprometerse coa sociedade civil. Estamos a investir na educación e nos memoriales para que esta e as futuras xeracións lembren e coñezan o capítulo máis escuro da historia alemá: a Shoah, a negación sen precedentes dos principios básicos da civilización. É un deber que temos coas vítimas, cos seus descendentes e con todos nós, se é que nos importa o benestar do noso país.

Queremos que o pobo xudeu estea seguro en Alemaña. Que teñan a certeza que este é o país de todos, un fogar onde do mesmo xeito que o resto dos seus cidadáns terán un futuro brillante. A nosa participación neste acto ten unha mensaxe moi importante, mostramos que non toleraremos o antisemitismo, o extremismo ou as accións inhumanas.

Demostramos o noso respecto, o noso respecto pola fe e pola relixión de todos, xa sexan xudeus, musulmáns ou cristiáns. Mostramos o noso desexo de vivir nunha sociedade en paz e harmonía.

Esta é a nosa mensaxe. Confío en que se difunda por todo o noso pobo e por todo o mundo.

Moitas grazas

Comentarios