Por Pilar Rahola
La Vanguardia - 19.07.2014
Que este artigo non o lean os que o saben todo deste endiablado conflito. Que non o lean os que cren que sete millóns de israelís son asasinos potenciais, ávidos de sangue de nenos, do estilo do mito medieval dos xudeus que bebían o sangue de nenos cristiáns.
Que non o lean os que crean que Israel non se defende de nada, senón que lle encanta a guerra e a morte. Que non o lean os que reducen unha sociedade democrática, ansiosa de paz e seguridade, a unha confraría de tolos imperialistas. Tampouco os que saben quen é o malo, aínda que non coñezan as circunstancias que desembocaron noutro momento tráxico.
Que non o lean os que só ven a violencia cando os israelís moven os tanques, pero nunca cando caen miles de foguetes sobre a poboación israelí, cuxa vida diaria é un inferno. E tampouco os que nunca ven ás vítimas xudías, porque as consideran culpables da súa propia morte.
E non, que non o lean os que cren que Hamas é unha organización pacífica de resistencia, e non un movemento fanático, cuxo dobre obxectivo é a destrución de Israel e a creación dun califato islámico. Que non o lean os que non queren saber que Hamas sitúa as súas bases de mísiles en pisos repletos de persoas para usalos como escudos humanos. Que non o lean os que mostran fotos de nenos palestinos, pero non falan dos nenos xudeus que poden morrer cada día baixo os mísiles e que non morren porque o escudo israelí impídeo. Que non o lean os que pensan que se Hamas tira mísiles ás poboacións civís non o fai para matar persoas, senón para facer un happening.
Tampouco aqueles que non se preguntan que países financian a guerra santa na zona, impiden os acordos e imposibilitan a paz. Nin tampouco os que crean que o pobo palestino ten uns líderes magníficos, e non uns tipos violentos que os conducen ao desastre.
Que non o lean os que non se acordan de que nos refuxios antimísiles tamén se protexen os árabes israelís. Tampouco os que non saben nada de historia e repiten os vellos mantras da propaganda antiisraelí. Que non o lean os que usan a palabra sionista coma se fose unha maldade intrínseca, sen saber nin quen era Teodor Herzl, nin as bases socialistas do movemento, nin o espírito de convivencia que o alentou. E por non ler, que non o lean os que negan todo debate, porque xa condenaron a Israel no tribunal da dogma. Que non o lean os que só se interesan por ese conflito, e nunca polos miles de mortos musulmáns en mans dos seus propios fanáticos.
E, finalmente, que non o lean os que sitúan nun plano moral superior condenando a Israel ao inferno e negan aos demais o dereito a ver con máis complexidade o conflito. Que non lean nada disto, porque xa teñen todas as respostas, eles, que non son capaces de facerse nin unha soa pregunta.
Comentarios