Por Benjamin Netanyahu
Hai un par de puntos de consenso en Israel que están comezando a
xurdir con forza. O primeiro punto de consenso é que non queremos un Estado binacional.
Outro punto de consenso é que non queremos a un aliado iraní nos territorios que
quedan vacantes. Queremos un Estado palestino desmilitarizado que recoñeza o
Estado-nación dos xudeus. Como obter todo iso se non podemos establecer
negociacións?
É verdade que a idea de adoptar pasos unilaterais está
gañando terreo, desde o centro esquerda ate o centro dereita, pero a xente tamén
recoñece que a retirada unilateral de Gaza non mellorou a situación ou o avance
da paz - creou un Hamastan, desde o cal miles de misiles foron disparados cara
ás nosas cidades.
Permítanme ser claro - as negociacións sempre son
preferibles. Pero houbo seis primeiros ministros desde que Oslo fracasou na súa
procura dun acordo negociado. Eles sempre pensaron que estaban a piques de
logralo, e logo Arafat retrocedeu, Mahmoud Abbas retrocedeu, porque non puideron
concluír esas negociacións. Non temos un liderado palestino que desexe
facelo. O conxunto mínimo de condicións que calquera goberno israelí puidese
necesitar non pode cumprirse por parte dos palestinos.
Hai un consenso
que xorde en relación a que non temos un socio que poida desafiar o establecido,
facer algo impopular, facer algo difícil. Abbas non fai nada para desafiar o
consenso palestino prevalente. De feito el está facendo o oposto: a
reconciliación con Hamas, a internacionalización do conflito, non dar nadiña de
nada sobre o dereito ao retorno, nin dar un ápice sobre o Estado nacional xudeu. El non
faría fronte ao encadre de Kerry.
O que os palestinos seguen dicindo é:
Miren, queremos o máximo. Non faremos axustes ás nosas demandas. Nada. Nin
tácticas nin estratéxicas.
Penso que a sociedade palestina está dividida
en dúas. A primeira metade chama abertamente á destrución de Israel. E a
segunda metade, rexeita confrontarse a iso e rexeita facer fronte aos demos
dentro do seu propio campo. En Israel, hai un vigoroso debate sobre do
que conlevaría o compromiso. Non hai un debate como tal na Autoridade Palestina. Non estou falando de Hamas. Falo dos así chamados moderados que non
falarán sobre as condicións mínimas necesarias para o paz desde o punto de
vista de calquera goberno israelí e senón só sobre calquera israelí.
Os americanos dixeron que o único camiño para que Abbas retorne ás
negociacións é, xa sexa a liberación de prisioneiros ou o conxelamento de
asentamientos: elixan. Eliximos liberar prisioneiros. Deixamos ben claro a
EEUU e aos palestinos exactamente canto construiriamos, incluíndo en Jerusalén.
Construímos exactamente o que dixemos que fariamos en cada un dos tramos. Non
sorprendemos a ninguén con construcións extras.
Só uns poucos anos atrás, díxose que o tema palestino estaba no corazón do conflito no Medio Oriente, este absurdo foi amplamente crido e non se cuestionaba. Logo, houbo unha
segunda ilusión: que si resolviamos o problema palestino, fariamos que os árabes
acordasen nunha política máis dura sobre Irán. Ben, iso está fóra de tema agora
porque eles opóñense a Irán sen considerar o tema palestino. Agora, a última
ilusión segue sendo: O núcleo do problema é en conflito Israel-palestino é os
asentamientos. Iso é tan verdadeiro como as ilusións anteriores. O tema real foi
e segue sendo a oposición palestina a recoñecer un Estado nacional xudeu.
Miren o que fixen. Dei un
discurso na Universidade de Bar Ilan, universidade relixiosa, fai cinco anos,
recoñecendo claramente a solución de dous Estados. Segundo, tentei un conxelamento de
asentamentos durante 10 meses, e Abbas non fixo nada. Logo, fixen algo que foi
o máis difícil de todo, liberei centos de prisioneiros terroristas, asasinos de persoas
inocentes. Esa foi a decisión máis dura. Iso é o que fixen para facilitar as
negociacións. E que fixo Abbas? Nada. El rexeitou atender os esforzos de Kerry
para tratar de bloquear os temas centrais. Internacionalizó o conflito. Fomos ás
organizacións de Nacións Unidas para expresar a violación de Oslo e todos os
acordos interinos.
A maior parte
da poboación dos asentamentos, entre o 80 e o 90 %, está agrupada dentro deses
bloques urbanos. Non afecta materialmente o mapa. Se un toma unha fotografía
aérea para ver canto territorio consumiulle a -así chamada- desenfreada
actividade de asentamentos, a resposta é prácticamente nada.
Os
palestinos non bloquearían o principal obstáculo á paz, que é o rexeitamento a
poñer fin ao conflito con Israel dunha vez e para sempre. Recoñecer que o pobo
xudeu ten o dereito de autodeterminación, así como tamén o ten o pobo palestino. A miña
insistencia sobre o recoñecemento do Estado nacional xudeu non é un truco táctico de
relacións públicas. É algo que está no cerne do conflito.
Tirado dunha conversa con Jeffrey Goldberg para The New York Times
Comentarios