Vostede
ten afirmado que ve dúas posibles solucións á traxedia entre Israel e
Palestina: unha de Chejov e unha de Shakespeare. Como é cada unha e cal prefire?
Empecemos polo feito de que eu vexo o conflito entre israelís e
palestinos como un conflito entre dereitos, non é entre bos rapaces e malos
rapaces, non se trata dunha película do oeste con heroes e vilanos. É un conflito entre dereitos, entre dúas demandas
moi poderosas e convincentes sobre a mesma terra. Dito isto, unha traxedia pode
ser resolta de dous xeitos. Existe unha forma shakesperiana de resolver a
traxedia e unha forma chejoviana de facelo. Na resolución dunha traxedia
shakesperiana, o escenario está plagado de cadáveres. Na conclusión dunha
traxedia de Chejov, todo o mundo está decepcionado, desilusionado,
desconsolado, melancólico, triste... pero vivo. Non debemos tentar atopar un final feliz, xa que non pode habelo, senón dar cunha solución
chejoviana e non cunha shakesperiana para a traxedia entre israelís e
palestinos.
La
Vanguardia (27.05.2013). Unha entrevista de Henrique Cymerman con Amos Oz.
Comentarios