CURSO: MEMORIA HISTÓRICA E HOLOCAUSTO
UNED-Campus Noroeste
Monforte de Lemos
8 e 9 de maio de 2014
Curso de aproximación multidisciplinar ao fenómeno do Holocausto xudeu e a situación actual do seu estudo, ensino e divulgación.
O curso pretende ser unha aproximación ao fenómeno histórico do Holocausto xudeu desde unha perspectiva histórica pero tamén pedagóxica. Como ensinar o Holocausto? Que pautas seguir e con que ferramentas e materiais contamos? Cal é o obxectivo de manter vixente o debate sobre a "Shoah"? Tamén abordaremos o proceso de reconstrución da memoria histórica en Europa e repasaremos as principais organizacións museos e sociedades que se encargan de velar pola pervivencia do legado histórico das vítimas. Finalmente faremos un breve repaso do proxecto da Universidade Central de Lancashire para estudar o "Dark Tourism" centrado nas visitas aos museos e monumentos que lembran ao Holocausto.
Xoves 8 de maio
16:00-21:00 h. 1. Definición e conceptos. 2. Breve introdución cronolóxica ao estudo do Holocausto. 3. Reflexións achega do contexto histórico e a reconstrución do Holocausto na actualidade. 4. Xudaísmo, antisemismo e nazismo. As raíces do mal. 5. O tratamento do antisemitismo no ensino e o por que.
Pedro Fernández Losada Profesor de Secundaria
Venres 9 de maio
16:00-21:00 h. 1. Pautas, materiais e suxestións para educadores. 2. O testemuño dos sobreviventes. 3. O Holocausto a través da literatura e o cinema. "Se questo è un uomo" de Primi Levi e "Shoah" de Claude Lanzmann como paradigmas. 4. "The Institute for Dark Tourism Research" de UCLAN. Un paseo polos escenarios da morte. Explotación comercial da dor ou turismo cultural? 5. Conclusións. Biografía comentada e novas liñas de investigación.
Comentarios