Nelson Mandela e os xudeus


Nelson Mandela e Shimon Peres durante a súa visita a Israel no ano 1999

Sobre a cuestión Israel-Palestina, Mandela estaba profundamente comprometido co logro dun estado palestino, pero ao mesmo tempo recoñecía que isto tiña que ser perseguido a través dun proceso de negociacións pacíficas e nunca se desviou da súa crenza "no dereito de Israel a existir dentro de fronteiras seguras".

Na visita que realizou a Israel, (1999) Mandela dixo ao entón Ministro de Asuntos Exteriores. David Levy, que "Israel non pode devolver os territorios ocupados se os Estados árabes non o recoñecen".

Durante a súa viaxe a Israel e Palestina deulle calorosas apertas a Yasser Arafat, a Shimon Peres, a David Levy, a Ehud Barak, a Ezer Weisman... 

MANDELA E OS XUDEUS SURAFRICANOS

Xudeus foron parte da vida de Mandela desde a súa chegada a Johannesburgo a principios da década de 1940, e aínda até a data do seu falecemento.

Foi no despacho de avogados de Lazer Sidelsky, xudeu, onde Mandela tivo o seu primeiro traballo legal cando aínda era un descoñecido.

Nat. Bregman, xudeu, converteuse no seu primeiro amigo branco en Johannesburgo e compartiron ideario no partido Comunista Surafricano.

Mandela estudou dereito na Universidade de Witwatersrand, onde estableceu amizades duradeiras cos seus compañeiros Jules Browde e Harry Schwarz, con ambos estivo involucrado de forma destacada na loita contra o apartheid desde entón.

Trece dos seus compañeiros acusados no xuízo por Traizón 1956-1961, eran xudeus, entre eles, Lionel Bernstein, Joe Slovo e Ruth First. Entre os fundadores da sección militar do Congreso Nacional Africano, Umkhonto we Sizwe, estaban Dennis Goldberg, Harold Wolpe e Arthur Goldreich (un loitador na Guerra da Independencia de Israel, que máis tarde volveu a Israel).

Prominentes avogados xudeus surafricanos participaron na defensa de Mandela nos distintos procesos políticos nos que se viu involucrado, entre eles Isie Maisels (máis tarde un membro da dirección da Axencia Mundial Xudía), Arthur Chaskalson, Joel Joffe e Sidney Kentridge. Tamén traballou en estreita colaboración co xornalista Benjamin Pogrund, que máis tarde marchou a Israel onde foi un activo militante polo diálogo entre israelís e palestinos e foi un firme defensor de Israel na guerra de propaganda e boicot habitual contra Israel.

Nelson Mandela foi especialmente próximo ao Rabino Cyril Harris, un líder carismático surafricano que defendeu a fin do apartheid.

SOBRE UNHA SUPOSTA CARTA SÚA QUE CIRCULOU AMPLAMENTE POR INTERNET

Foi esta u carta escrita ao xornalista Thomas Friedman do New York Times, o 28 de Marzo de 2001, na que se compara a Israel coa Sudáfrica do apartheid e foi citada amplamente, mesmo por Jimmy Carter no seu momento.

ROTUNDAMENTE: A carta en cuestión é ABSOLUTAMENTE FALSA, e iso xa é público e notorio, e é francamente incomprensible que se insista niso, desde o momento en que o propio autor da carta falsa así o recoñeceu. Esta carta foi escrita polo activista anti-israelí Arjan El Fassed, cofundador da web anti-israelí "electronic intifada" fai máis dunha década. Arjan El Fassed, árabe que vive nos Países Baixos, dixo, "é unha clara parodia, publiquei unha nota simulando ser unha carta de Mandela a Friedman, o 28 de marzo de 2001. Por desgraza, alguén viralizona por internet sen a miña sinatura, coma expliquei no seu momento claramente ao diario israelí Haaretz". 

Respecto disto, que esta carta falsa sexa utilizada como argumento antiisrarelí a verdade non estraña, para moitos todo vale contra Israel 

Evidentemente Nelson Mandela na súa longa e activa vida realizou comentarios de política exterior en materia de Medio Oriente, certamente, moitos non coincidentes coa política exterior de Israel. Pero iso non o fai antiisraelí, cada quen pode opinar do que fai o goberno dun país, sen que isto o converta nun inimigo.

Nelson Mandela foi un verdadeiro coloso no escenario da historia, nunca alimentou o resentimento, o odio e o revanchismo para resolver as disputas. Sempre promoveu camiños de Paz. Identificábase cos palestinos?, certamente tivo simpatía pola súa lexítima loita, pero xamais compartiu ou defendeu a expresión terrorista desa loita palestina. 

Nelson Mandela, un home extraordinario que ilumina o camiño do diálogo para a resolución dos conflicos. Por moi duros que estes sexa.

Compañeiro Madiba, que a terra che sexa leve

Comentarios