Por Jaume Renyer
O acordo ao veñen de chegar o pasado domingo en Xenebra entre USA e Irán, debido fundamentalmente á mediación interesada dos padriños do réxime islamita - China e Rusia -, sobre o programa nuclear iraniano só pódese cualificar como fixo o xefe de goberno de Israel: un erro histórico.
Para alén de que as claùsules do acordo non conteñen o desmantelamento da súa industria nuclear orientada a obter a arma atómica, Irán preserva o eixe rexional que lidera ao Próximo Orient e que abarca Siria, Iraq e o Líbano, mantén a súa política expansionista para acadar o liderado dentro o mundo musulmán e reafirma os seus propósitos xenocidas co obxectivo manifesto e reiterado de borrar a Israel do mapa. Estados Unidos, como xa fixeran o pasado setembro coa falsa ameaza de atacar o réxime de Al-Assad, non teñen a intención de emprender máis guerra no mundo musulmán feridos dos fracasos en Iraq e Afganistán, renuncian ao seu papel de principal potencia mundial, e sobre todo claudican ante o avance do totalitarisme islamita por todo o mundo musulmán.
De entrada, a principal vítima a curto prazo é a oposición democrática iraniana que se revolvera contra a fraude electoral do 2009. Tamén Obama abandona a súa alianza con Israel e se xira a contramán das súas prioridades estratéxicas, (Netanyahu xa avisou que non se simte vencellado polos acordos de Xenebra) e, de rebote, debilita a seguranza de estados como Xordania e Exipto fronte á presión dos grupos yihadistas. Hah xa máis dun ano, o 29 de xuño do 2012, o analista de política internacional de Le Monde Alain Frachon, publicou un artigo titulado: "Che se Obama faisait comme Nixon?", dicindo que a viaxe do presidente Nixon á China o ano 1972 contribuíu a illar o URSS, facilitar a retirada americana do Vietnam, e abrir as portas á emerxencia do réxime comunista asiático á condición de potencia mundial.
Frachon propón a Obama viaxar a Teherán para desactivar -claudicar, como fixo Nixon- o conflito iraniano-norteamericano. As consecuencias dese eventual paso para o Irán aínda están para ver, mais con respecto á China o seu ascenso previsíbel a primeira economía global de aquí a poucos anos non contribuirá nada ao progreso nin da democracia, nin a paz no mundo..
Comentarios
Como foi descrito por um analista israelita durante o escândalo Irão-Contras, onde Israel teve um papel crucial como intermediário, "É como se Israel se tivesse tornado noutra agência federal [americana], uma que é conveniente utilizar quando se quer algo feito sem muito barulho." O ex-ministro de Estado americano, Alexander Haig, descreveu Israel como o maior e o único porta-aviões americano que é impossível afundar.
O alto nível continuado de ajuda dos EUA a Israel deriva menos da preocupação pela sobrevivência de Israel mas antes do desejo de que Israel continue o seu domínio político sobre os Palestinianos e que mantenha o seu domínio militar da região.
Na realidade, um Estado israelita em constante estado de guerra - tecnologicamente sofisticado e militarmente avançado, mas com uma economia dependente dos Estados Unidos, está muito mais disposto a executar operações que outros aliados considerariam inaceitáveis, do que um Estado Israelita que estivesse em paz com os seus vizinhos.
Israel recebe actualmente três mil milhões de dólares por ano em ajuda militar dos Estados Unidos.