A partir do minuto 1:55
O pasado xoves unha intérprete das Nacións Unidas, sen saber que o seu micrófono estaba aceso, dixo unha verdade incómoda para moitos pero obxectivamente incuestionable en resposta á aprobación da Asemblea Xeral de nove resolucións que por motivos políticos condenaban ao Estado de Israel, e cero resolucións, por suposto, sobre o que sucede no resto do mundo.
O sucesos foron así: a intérprete pensou que estaba falando só cos seus colegas, e pronunciou as seguintes palabras que chegaron aos auriculares de todos os delegados das Nacións Unidas, e ante a audiencia en vivo por Internet de todo o mundo:
"Creo que cando tes ... como un total de dez resolucións sobre Israel e Palestina, ten que haber algo detrás, c'est un peu trop, non? [é un pouco excesivo, non?] Quero dicir que se... que hai moitas outras cousas que andan moi mal por aí, hai moita merda, pero ninguén di nada desoutras cousas".
A risa estalou entre os delegados. "O intérprete descúlpase", dixo a continuación a intérprete cunha audible axitación. Agardemos sinceramente que non sexa despedida.
Porque quen realmente debería desculparse hoxe é a ONU. Fundada sobre nobres ideais, o organismo mundial o soño dos internacionalistas está a converterse nun pesadelo. Porque para a sesión lexislativa anual do próximo mes, a Asemblea Xeral pode aprobar un total de 22 resolucións de condena a Israel, e só catro para todo o resto do mundo.
A hipocrisía, a selectividade e a politización son asombrosas.
Nove resolucións hai uns días, adoptadas pola cuarta comisión do GA, composta polos 193 estados membros da ONU, que condenaban a Israel por violar os dereitos humanos dos palestinos en Cisxordania e Gaza, dos refuxiados palestinos, e mesmo dos sirios nos Altos do Golán.
Así é a ONU, adoptou unha resolución onde se menciona a palabra "Siria" non menos de 10 veces pero que non di nada do presidente sirio Bashar al-Assad tras ter este masacrado a máis de 100.000 persoas do seu propio pobo.
Teñamos en conta que este non é o Consello da ONU de Dereitos Humanos, sumamente coñecido pola súa axenda unilateralmente anti-Israel. Esta é a Asemblea Xeral das Nacións Unidas. O vídeo dos votos, unha escena que se repite con soporífera regularidade na ONU, é o que debería ser sorprendente, non a intérprete dicindo a verdade. Cada estado europeo, habitualmente, tamén vota a favor de todas as resolucións anti-Israel.
E fóra de moi poucas excepcións, ningún diplomático cuestiona o papel da ONU outro papel, só vota de maneira rutineira deturpando a súa propia misión. Necesítase un intérprete anónimo para dicirlle ao mundo que o emperador está espido.
Comentarios