Os cataláns amigos de Israel e os nosos antisionistas




Por Jaume Renyer
PER L´ESQUERRA DE LA LLIBERTAT
13 de agosto de 2013

Agora fara un século, a raíz do estoupido da Primeira Guerra Mundial (1914-1918), candoa opinión pública catalá polarizouse entre xermanófilos e aliadófilos, decantándose polos primeiros a xente propensa ao autoritarismo e adicta á orde establecida en xeral. Xunto aos segundo aliñáronse os catalanistas (que mesmo recrutaron voluntarios para loitar no exército francés) e os demócratas de todas as tendencias.
Un século despois outro conflito, o enfrontamento entre árabes e xudeus, confronta antisionistas de todo o abano totalitario (tardocomunistas, neofranquistas, integristas católicos e prol-islamitas) e amigos de Israel de todo o espectro catalanista e demócrata, proxectando nesa pugna as tensións internas da sociedade catalá sob dominación española.

Hoxe, ser xermanófilo ten un significado moi diferente ao que tiña hai cen anos: despois da Segunda Guerra Mundial e do Holocausto provocado polo nazismo e os seus colaboradores, (singularmente o xenocidio perpetrado contra os xudeus europeos), Alemaña é unha sociedade solidamente fundamentada en principios democráticos e de feito é o estado europeo onde os xudeus séntense máis seguros e mellor acollidos. A chanciler Angela Merkel declarou reiteradamente que tratándose de Israel, Alemaña nunca será neutral, asumindo así a obriga moral de reparar o inmenso dano causado aos seus concidadáns xudeus baixo o rexime nazi. Esa actitude contrasta coa política da Unión Europea marcadamente decantada a favor dos países árabes e reticente cara ao proceso de negociación en curso entre Israel e a ANP, auspiciado por Estados Unidos co pleno apoio de Alemaña (como proba o feito que hoxe mesmo o ministro de Asuntos Estranxeiros alemán está en Xerusalén).

Declararse xermanófilo na Catalunya de hoxe é apostar por un modelo socioeconómico orientado á prosperidade e benestar da poboación e baseado na liberdade política e de mercado. Supón querer para o noso país unha seguridade pública eficaz inspirada na concepción policial integral alemá, a que mellor neutraliza as ameazas terroristas que os totalitarismos propician. Pero non é só isto, o nacionalismo alemán contemporáneo fundaméntase na concepción de pobo como unidade cultural, non na artificialidade conxuntural do multiculturalismo e menos aínda en abstraccións dogmáticas, relixiosas, raciais ou ideolóxicas. A catalanidade integradora e dinámica como eixo vertebrador do proceso de construción do estado propio ten moitas potencialidades se adopta o referente nacional alemán. Non é ningunha casualidade que o sionismo, o nacionalismo xudeu, teña elementos en común coa concepción nacional xermánica. En resumo, a potencia emerxente de Alemaña é a única garantía de viabilidade do proxecto de Unión Europea e todos os valores democráticos que en teoría tería que garantir.

Jaume Renyer (esq) xunto ao histórico galeguista Xoán Bernárdez
Significativamente, os nosos antisionistas son tamén antialemáns posto que ven nela a personificación dos seus obxectivos a derrrubar: o capitalismo liberal e o sistema democrático occidental. A amálgama ideolóxica hexemónica en Catalunya desde hai corenta anos é o progresismo de raíces autoritarias diversas que teñen en común a actitude refractaria cara ao patriotismo catalán. Josep Fontana e Arcadi Oliveras, por exemplo, símbolos autóctonos do dogmatismo marxista e a entelequia católica respectivamente, acabaron achegándose á causa da liberdade catalá pero negándolle sempre valor en si mesma caso de non ir acompañada doutra preferente -o socialismo, o anticapitalismo- sen a cal a independencia non ten para eles interese. E precisamente poñen como exemplo que se a Catalunya libre ten que ser un land alemán non paga a pena moverse de como estamos (é dicir de España). Literalmente coinciden nos mesmos termos con David Fernández, o campión do anticapitalismo e do antisionismo local.

Os cataláns amigos de Israel compartimos a concepción da identidade nacional catalán como a acumulación histórica de lingua, cultura, tradición xurídica e política, ademais doutros elementos evolutivos con sentido da continuidade. Esa concepción integral da nación xustifica por si mesma o logro de institucións de estado para preservar a supervivencia do pobo catalán como suxeito colectivo. Quen non admite o independentismo se non vai asociada a outro obxectivo ou dogma preferente, acúsanos de ser uns reaccionarios, mesmo fascistas, simplemente por manter vivo o nacionalismo integral de Macià, o obxectivo do estado catalán.

O nacionalismo catalán desde os anos vinte até a década do sesenta do século pasado, cando o republicanismo era o eixo vertebrador, mantivo unha forte e clara simpatía cara ao sionismo: Rovira i Virgili, Pau Casals, Josep Pallach chegando até Jordi Pujol, son exemplos capitais. Á posguerra e o xa mencionado progresismo abstracto e refractario á catalanidade defende unha ideoloxía de substitución complementar coa que desde o poder segrega o españolismo. O pobo catalán ten vivido na desorientación até agora que empeza a acordar situando a súa propia liberdade como obxectivo prioritario por diante de quimeras alleas.

Anticatalanismo e antisionismo, antes e agora, irán sempre vencellados, só hai que ver como os neofranquistas afirman que o sionismo está a mover os fíos do independentismo catalán. Resulta contra-natura a obcecación do progresismo autóctono para incrustar o seu antisionisme radical, inxertado do vello antisemitismo rancio máis español, co seu independentismo abstracto e circunstancial. Defender a liberdade do pobo catalán e á vez a causa palestina é compatíbel, de feito Heribert Barrera, un patriota catalán exemplar sostiña decididamente o dereito dos palestinos a un estado de seu sen que isto implicase compartir as impostures argumentais de tantos pacifistas e solidarios internacionalistas que enchen a boca de odio antixudeu cando falan de Palestina.

Pedro Gómez-Valadés (esq), Jaume Renyer e Jon Iñarritu (dta)
Desgraciadamente, non hai diálogo nin comunicación entre amigos de Israel e partidarios da causa palestina, nada máis que culpabilización inquisitorial dos segundos contra os primeiros a trabas dos medios de comunicación que maioritariamente sonlle favorábeis a causa palestina (desde Tv3 a AVUI, pasando por Vilaweb). Esas posicións contrapostas proxectan aparentemente nun conflito alleo as contradicións ideóloxicas que subxacen no interior da sociedade e que afloran de xeito a miúdo distorsionado no debate político e estratéxico inmediato, focalizado no conflito entre o pobo catalán que aspira á liberdade e a orde española que afana en manterse.

De feito, insconscientemente, discútese sobre o modelo institucional e os valores da Catalunya de mañá e bríndase polo éxito desa aspiración que no proceso dialéctico se desenredar a maraña que arrastramos desde o trauma colectivo da posguerra española. Un primeiro punto de encontro podería ser o desexo mutuo que as negociacións que agora retómanse en Xerusalén entre Israel e a ANP prosperen, como así queremos os amigos de Israel e terían que compartir os verdadeiros amigos dos palestinos, non os que só procuran baixo ese disfrace a destrución de Israel.

Comentarios