A noite dos poetas asasinados



Sucedeu un 12 de agosto de 1952, o réxime de Stalin levou a cabo un ataque dirixido contra o corazón da cultura xudía sovciética. Esa noite,  24 escritores foron executados vítmas da intolerancia do camarada Stalin, feito que quedou na historia como a "Noite dos Poetas Asasinados". 

Durante a IIGM o pobo xudeu foi vítima dun macabro proceso de exterminio. Ese proceso non só levou millóns de vidas, senón que tamén aniquilou case por completo á cultura xudía da Europa. Científicos, poetas, músicos e escritores, desapareceron baixo as armas de Hitler borrando un legado cultural valiosísimo e imposible de reconstruír. Con todo, xusto antes do comezo da guerra, moitos xudeus xa se asentaron ao longo de toda Europa e Asia. Esa diáspora chegou lonxe, até o corazón mesmo da Unión Soviética. Alí prosperou unha comunidade onde millóns quedaron a salvo do nazismo. O territorio da Unión Soviética converteuse así nun inesperado refuxio que lles brindou protección na peor época. Pero Stalin compartia con Hitler o seu antisemitismo amplamente documentado. Así, no ano 1952, levou a cabo unha cruel matanza dirixida cara aos máximos expoñentes da literatura xudía na URSS, tentando, do mesmo xeito que Hitler, anular a cultura xudía. 

Ese mesmo ano 52 deu comezo un inferno impensado, sobre todo logo de sobrevivir ás mans de Hitler. Todos os acusados foron brutalmente golpeados e torturados durante os interminables interrogatorios. Algúns non sobreviviron. Posteriormente, foron obrigados a asinar unha confesión, o cal fixeron, perdidos na dor, a fame e as alucinacións logo de estar semanas sen durmir. Así chegaron ao día do xuízo, que comezou a preincipios de 1952. O proceso xudicial foi unha parodia na cal as sentenzas xa estaban arranxadas, apoiadas por insustentables acusacións de alta traizón. Como ben declarou un dos oficiais que presenciou os interrogatorios, esas persoas foron acusadas por seren xudias, non por criminais. Durante o xuízo non houbo avogados defensores nin xurado, nin a ninguén lle importou que os acusados se retractasen das confesións previamente asinadas. Finalmente, as 24 vítimas foron condenadas á morte, feito que se cumpriu ás agachadas no soto da coñecida prisión moscovita de Lubyanka. Todos os xudeus asasinados por Stalin eran notables profesionais; todos, ademais, eran activos militantes comunistas e amaban ao seu país, o único lugar no cal, segundo creron, o pobo xudeu podía vivir en paz. Equivocáronse. Foron vítimas, unha vez máis, da intolerancia e o poder; traizoados por un réxime que, non facía moito, souberan defender co corazón e as armas.

Comentarios