Por Abraham B. Yehoshua*
La Vanguardia - 26.07.2013
Hai pouco tiven un encontro co embaixador en Israel dun importante país europeo que en breve deixa o seu cargo. Non darei o nome do país porque non é un dato relevante para o que vou expor neste artigo xa que é válido para referirse a outros embaixadores europeos en Israel.
A conversa xirou ao redor dos últimos intentos do secretario de Estado norteamericano, John Kerry, de reunir a representantes israelís e palestinos para negociar un rascuño de acordo de paz. Eu mostreime pesimista con relación á capacidade de Obama de reabrir unhas negociacións mortas. Díxenlle ao embaixador que desde 1967 vira a moitos secretarios de Estado norteamericanos e enviados especiais expertos no conflito de Oriente Medio que, a pesar dos seus esforzos, non lograran deter a construción de asentamentos polo que se continuou co perigoso proceso cara a un Estado binacional. Volvinlle a explicar ao embaixador o que xa comentei en varias ocasións: como a relación sentimental e case mitolóxica de EE.UU. co Estado de Israel fai que sexa incapaz de imporlle a paralización definitiva da construción de colonias xudías en territorios palestinos. Por iso díxenlle que só Europa podía facer algo, e o feito de que Europa e especialmente o catro países máis poderosos (Francia, Reino Unido, Alemaña e Italia) non fixesen nada contundente era para min un signo de neglixencia non só política senón tamén moral. Ante isto último, o embaixador molestouse de xeito moi evidente. Tampouco compartía a miña aseveración de que o 70% dos israelís oponse á construción de asentamentos, pois pola súa experiencia diplomática de varios anos en Israel cría que a oposición ás colonias non é tan alta. Pero ao que máis se opuxo foi á obriga que eu impuña a Europa de implicarse máis a fondo no conflito israelo-palestino e sobre todo na cuestión dos asentamentos de colonos. "Iso é problema voso" -insistíame-, "se non sodes quen de resolvelo, non vos queixedes, nós non temos que facer a paz por vós". E engadiu con razón: "Mira como cando chegastes a un acordo con Exipto en 1979 non tivestes que contar nin con Europa nin con EE.UU.; e o mesmo pasou cos acordos de Oslo". En definitiva, non estaba dacordo con que Europa tivese ningunha obriga e moito menos moral de implicarse con máis empeño no conflito israelo-palestino e na paralización de asentamentos.
Hai pouco lin un libro moi interesante do mellor investigador israelí sobre o holocausto, Yehuda Bauer. O libro chámase "O pobo imposible", e nel analiza ao detalle o grao de profundidade da obsesión irracional de Hitler polos xudeus e sobre todo da súa absoluta convicción de que os xudeus ían destruír a Alemaña, razón pola que había que acabar antes con eles. Mesmo no famoso testamento que escribiu no búnker tres días antes de suicidarse, volve insistir en que non son os rusos nin os americanos quen derrotaron a Alemaña senón os xudeus, que ademais son os que provocaron a guerra. Por iso, Bauer di que en certo sentido despréndese que os millóns de non xudeus mortos na guerra débense ao problema xudeu. Soa moi forte, pero coñecendo como coñezo ao profesor Bauer se que o que escribiu non é unha provocación senón froito dunha concienzuda reflexión.
Comento esta conclusión sen querer facer unha analogía simplista pois son moitas as cousas que cambiaron desde entón, pero as fantasías sobre as intencións destrutivas dos xudeus aínda existen en amplos círculos tanto dentro como fose do mundo árabe. Nas recentes manifestacións dos sectores liberais e laicos de Exipto en contra do goberno dos Irmáns Musulmáns vin algo sorprendente: uns manifestantes levaban unha imaxe enorme do odiado presidente Morsi estampada nunha bandeira de Israel; é dicir, que eses sectores supostamente racionais asociaban a Morsi cos xudeus sionistas tan odiados por eles.
É verdade que pode tratarse dun feito puntual no medio do caos xeral, pero a historia ensinounos que no medio do caos tamén xorden perigosas fantasías. E nesta época en que grupos fanáticos poden apropiarse de armas de destrución masiva é necesario tentar solucionar o longo conflito palestino-israelí. Na Europa de entre guerras algunhas persoas sensatas decatáronse do perigo do antisemitismo, polo que decidiron apoiar o movemento sionista co fin de lograr a normalización do problema xudeu a través da emigración dos xudeus europeos a un Estado propio. Por iso mesmo agora tamén Europa debería loitar por deter a creación dun Estado binacional, pois constituiría un caldo de cultivo permanente de conflito.
Non se se agora é posible poder alcanzar a paz entre Israel e os palestinos, pero o que si sei é que hai que parar a construción de asentamentos xudeus en territorios palestinos, xa que cada día que se segue construíndo afasta a posibilidade dunha solución sequera parcial do conflito israelo-palestino.
Europa, que durante tantos anos dominou os pobos de Oriente Medio e que foi o escenario do atroz holocausto, ten a obrigación moral de buscar unha solución neste conflito tan vital. Para ela non suporía demasiado esforzo.
*escritor israelí, impulsor do movemento Paz Agora

Comentarios