A Shoah non é cuestión de opinión



Por Pìlar Rahola
La Vanguardia - 06.04.2013

Preparemos as salas de conferencias, os pazos de congresos, o fórum das culturas, porqué van vir todos. Coas súas bonitas cabezas rapadas e os seus líderes de chaqueta pasarda o ferro e máis pasada o ferro a conciencia.

Xa non necesitan ir ao paraíso libertario de Irán para explicar que nunca existiu a morte masiva, que o millón de nenos exterminados nos campos nazis nunca deixaron alí o seu último alento, que os dous terzos de xudeus europeos desaparecidos no magma de seis millóns de asasinados nunca tiveron nome. Agora poderán pasear polas rúas de Barcelona e dicir, en voz alta, que nunca existiu o Holocausto. Os negacionistas, a lexión máis militante do revisionismo nazi, atopou ampara no magnífico Tribunal Constitucional español, e xa saben que negar o Holocausto é unha cuestión de opinión, e non un acto de ignominia, crueldade e antisemitismo. Teñen o amparo legal, e o ceo caeu sobre as nosas cabezas.

Mentres Ángela Merkel se desgañita polos recunchos do sentido común, esixindo que a negación do Holocausto sexa delito na Unión Europea, na España é diferente, e do Alto Tribunal florecen as ideas do ultraliberalismo opinador, e España pasa a ser o país de Europa onde máis felices vivirán todos estes indesexables. A liberdade de expresión convertida na coartada do fascismo.

Pregúntome, coa miña maldade característica, se sería legal negar a existencia das vítimas de ETA ou considerar que nunca existiu a dor terrorista. E porqué sei a resposta - e apláudoa -, pregúntome como é posible que alguén considere legal negar a traxedia máis grande da historia de Europa. É unha tolemia. E, sobre todo, é unha irresponsabilidade. Si. Recoñezo a miña profunda tristeza. Por que esta decisión é un puñal no corazón daqueles que aínda están vivos, no recordo dos que perderon familias enteiras, pobos borrados do mapa, xeracións hipotecadas no buraco negro do horror. Creo que é unha burla ás vítimas e un alento aos verdugos. É dicir, é unha derrota da xustiza, da memoria e da dignidade.

Comentarios