Depo Provera e mulleres xudías etiopes


Por Alan Johnson
Telegraph

Desde hai días Facebook foi axitado co conto de que "Israel admitiu que proporcionou aos inmigrantes etíopes inxeccións anticonceptivas sen o seu consentimento". A historia é falsa, e a forma na que se difundiu esa falsidade debe ser examinada con atención, xa que forman parte dun patrón preocupante.

En primeiro lugar, os feitos da historia. Decenas de miles de xudeus de Etiopía emigraron a Israel nos últimos 30 anos, a maioría deles en dúas grandes pontes aéreas en 1984 e 1991. A súa adaptación á vida israelí non foi fácil, aínda que moito se destacou a súa participación no exército e os dous novos deputados etíopes dentro do partido centrista Yesh Atid tras as últimas eleccións. Unha investigación dunha canle de noticias televisiva israelí causou sensación hai uns meses. Tratábase dun informe que trataba de determinar por que a taxa de fecundidade entre as mulleres etíopes caera nun 20% na última década. A primeira vista, isto non parece ser un fenómeno terriblemente misterioso. Cada grupo de inmigrantes procedentes de África ou de Asia que chega a un país desenvolvido experimenta unha caída na taxa de fertilidade canto máis rapidamente varía o seu nivel de vida, e sobre todo tras o cambio das nocións dominantes sobre o  papel social das mulleres. Isto xa sucedeu en Israel cos inmigrantes yemenitas e os inmigrantes do norte de África, e ademais está a suceder cos árabes que viven en Israel.

O que a investigación da televisión israelí descubriu é que 35 mulleres etíopes manifestaron ter sido presionadas para que tomasen Depo Provera, unhas inxeccións anticonceptivas activas durante tres meses. Ás mulleres díxoselles bruscamente que era pouco saudable ter demasiados nacementos e algunhas creron que era posible que non se lles permitise chegar a Israel a menos que se puxesen a inxección.

Non é difícil imaxinar a tensión e a confusión nun campo de tránsito dos inmigrantes, e as diferenzas culturais entre os médicos israelís que, entre outras cousas, administrábanlles probablemente as vacinas, e as pobres mulleres etíopes nun dos períodos máis traumáticos das súas vidas. Estas lagoas só puideron ser agravadas pola falta dunha linguaxe común e o tema moi íntimo da saúde reprodutora. É por isto, que despois da emisión deste informe e tras a súa propia investigación interna do asunto, o Ministerio de Saúde de Israel emitiu unha directriz inequívoca a semana seguinte non permitindo receitar Depo Provera sen unha norma moi estrita que asegurase a información e o consentimento.

Esta foi a primeira acción oficial de Israel respecto diso, o primeiro que fixo o propio Estado sobre este tema, con todo, non é así como a historia se difunde. The Independent publicou o habitual e provocador artigo sobre Israel onde dicía que se admitiu que se forzara o control de nacementos en Etiopía, e o eco resultante é agora citado como  base para outro artigo en The Guardian "sobre unha esterilización forzada" que, inverosímilmente, coloca ao programa sanitario israelí no contexto dos esforzos de Israel para conservar unha maioría xudía fronte a unha minoría árabe en crecemento.

Hai un patrón moi preocupante en todo isto: un certo tipo de "historia" sobre Israel segue aparecendo unha e outra vez. Houbo unha investigación israelí sobre vellas prácticas non reguladas a partir da década de 1990 no Instituto de Patoloxía Abu Kabir en Tel Aviv que atopou que se recolleran córneas sen consentimento de soldados mortos do IDF e doutras persoas para transplantes, e iso foi retorcído e convertído nun artigo de The Guardian como que "Israel admite a extracción de órganos a palestinos". Posteriormente, The Guardian publicou unha lacónica nota de corrección dicindo que se cometeu un "serio erro de edición". Un ano máis tarde, unha baronesa do partido liberal demócrata esixiu unha investigación sobre a posible subtracción de órganos por parte dos  soldados israelís que levaban a cabo unha gran operación de rescate e sanitaria tras o terremoto de Haití de xaneiro de 2010. E agora chéganos esta historia.

Neste punto, podemos dicir con seguridade que hai un patrón nestas mentiras, e como eu non creo que exista unha conspiración que guíe todas estas calumnias, creo que podemos concluír que a credulidade coa que estas mentiras se manifestan e a celeridade coa que se propagan nalgúns lugares do Reino Unido, revélannos moito máis acerca das actitudes e crenzas existentes en certas mentalidades que calquera cousa que poida dicirnos acerca de Israel ou dos israelís.

Tres características destácanse en cada unha destas historias. En primeiro lugar, calquera acción - verdadeira, distorsionada ou sen fundamento- que puidese ser atribuída a unha persoa ou organización israelí convértese instantaneamente nunha acción oficial de Israel e do Estado no seu conxunto. A miúdo, o verbo "confesar, admitir" é importante. "Israel admite" facer algo horrible. Para observar a estupidez de todo isto, traten de imaxinarse cousas similares dirixidas contra outros países. Unha historia sobre a actuación dun médico en Francia (por non falar de falsas acusacións contra un médico en Francia) reprodúcense como "Francia admite..." nos titulares.

Unha cuestión importante: Produciuse un problema de tradución o 27 de xaneiro no artigo do Haaretz que foi o que alertou á prensa do Reino Unido e que se reproduciu co enganoso titular de "Israel admite que as mulleres etíopes recibiron inxeccións anticonceptivas", en si mesmo unha tradución infiel do xa de seu sensacionalista titular do Haaretz en hebreo. O titular en hebreo usaba o verbo modeh no sentido dun "recoñecemento" por mor da publicación da estrita directiva requirindo información e un consentimento explícito por parte do Ministerio de Saúde, aínda que tácitamente recoñecía que o "problema" radicaba en que non todos os médicos se habían adherido sempre a esta estrita norma. En cambio, a súa redacción en inglés facía que se vise como unha "admisión pola propia administración de Israel dunha política deliberada e forzosa" de control da natalidade. Unha vez máis, non había nada no artigo que dixese nada disto, pero o titular parecía subliñalo. Isto logo foi utilizado sesgadamente por aqueles xornais europeos predispostos a crer que Israel é un país tolo con horribles políticas raciais. O Haaretz, posteriormente, publicou un contundente artigo sinalando que a historia, tal como fora narrouse, converteuse nun bluf.

O segundo motivo é a presenza dos malévolos médicos israelís e/ou dalgúns outros profesionais israelís relacionados coa medicina que participan nalgún tipo de indecencia sanguenta e sanguinaria coas partes íntimas dos corpos de persoas indefensas.

E o terceiro elemento é outro recorrente motivo, é dicir, trataríase dunha expresión da superioridade racial que axexa detrás desa suposta fechoría israelí. Neses precisos momentos, as comparacións cos nazis por regra xeral unicamente insinúanse, e é no panel dos comentarios en liña do artigo onde se practica sen reparos a conclusión obvia que os respectados autores deses artigos prefiren non utilizar.

Con todo, coas présas por dar a entender que Israel é unha especie de entidade maligna, algunhas preguntas obvias quedan polo camiño.

Por exemplo, se Israel móstrase tan desexoso de aumentar a súa poboación xudía en contra da súa poboación árabe, por que non desexaría explotar esa alta fecundidade dos xudeus etíopes? Relacionado co anterior, se os médicos israelís fosen meros e entusiastas mercadores da esterilización baseada na ideoloxía, por que non nos atopamos con historias nas que as vítimas fosen árabes ou beduinos?

E se Israel estivese tan empeñado na redución da súa poboación de cor, por que gastou tantos esforzos á hora de transportar a decenas de miles de etíopes a Israel? Non seria máis sinxelo que Israel reaccionase á gran fame negra de Etiopía en 1984 como o fixo o resto do mundo, xa que foi o único país do mundo que transportou a decenas de miles de famentos refuxiados a un lugar máis seguro?

Ou quizais Israel debería limitarse a organizar en lugar dese transporte aéreo un gran concerto "solidario" de rock?

Comentarios