Por Simón Caaveiro
COMPOSTIMES
.
Un mapa da terra e unha manchea de tacholas vermellas abondan para obtermos o retrato dun planeta doente. A imaxe dun mundo salferido de puntos encarnados lémbranos á dun enfermo de sarampelo. Desde os ondulados outeiros do Ulster até as plantacións de té de Sri Lanka ou desde as tupidas selvas colombianas deica o árido deserto sudanés, os conflitos sucédense sempre cos mesmos síntomas: discriminación, represión, medo, violencia e morte. Estas realidades, tan cegas como a xustiza ausente, non coñecen das múltiples diferenzas humanas que lles serven de acicate. Todas as persoas envoltas por elas son afectadas sen distinción de orixe, nacionalidade, sexo ou credo. Porén, se hai un contencioso especialmente espiñento ese é o de Oriente Próximo. As delicadas relacións entre Israel e os seus veciños árabes acaparan un extraordinario interese por parte de observadores de todo o mundo. A súa apariencia de puzzle irresoluble, combinada coa súa dilatación no tempo e a súa importancia para as relacións internacionais, levan a concitar un grande número de olladas, preguntas, e análises. Non é menos reducida a cantidade de dislates, exabrutos e simplismos proferidos por comentaristas ora fanáticos -e capaces de resolveren en medio minuto unha das disputas máis complexas da humanidade- ora conformistas coas consignas dos primeiros. Evidentemente unhas tensións que naceron e medraron xa cos nosos propios bisavós dan para moito, bo e malo. En novembro do ano que vén de nos deixar, os medios de comunicación daban conta das accións militares xudías en Gaza. A operación Baluarte de Defensa, dirixida por Israel contra a cadea de mando do grupo Hamas, iniciábase o 14 daquel mes e finalizaba unha semana despois cun cesamento do fogo arbitrado por Exipto e os EUA. As nosas casas eran iluminadas coas imaxes da dor en Palestina proxectadas nos nosos televisores. Torrentes de tinta corrían polas páxinas dos xornais da mañá para describir, con primoroso detalle, as operacións da Tzahal, do exército xudeu. E todo xunto lembrábanos a fotografía de sempre: un país rico, cunha sublime maquinaria militar, decidido a eliminar a civís indefensos vivindo na miseria por simple sadismo. Ricos contra pobres. Opresores contra oprimidos. Tanques contra pedras.
Imaxe típica do conflito.
Lamentablemente a fotografía non estaba completa. O sufrimento dos israelís que viven baixo o fogo dos mísiles dos grupos armados non foi recollido coa mesma profusión. É algo cotián, normal e, por tanto, xa non é noticia. Malia iso, calquera de nós diría que a súa vida é de todo menos corrente se desde hai 12 anos tiveran chovido sobre os teitos do noso fogar 12.000 foguetes. A vulgar existencia sería a nosa aspiración, se cada ano non estivésemos expostos, de media, a mil artefactos dirixidos a acabar coa nosa vida. A razón da operación Baluarte de Defensa era aliviar esa realidade, recrudecida nos últimos meses. Protexer as vidas dos cidadáns israelís era o motivo, aínda que teñamos sentido falar doutras razóns espúreas e menos nobles. Dificilmente se sostén que a operación procurase incrementar a popularidade do executivo a teor da cita electoral israelí de 2013. Todas as enquisas anteriores ao operativo militar reflectían unha clara victoria do goberno e, desde logo, non cabe pensar que se quixese castigar o pobo palestino polo descontento provocado pola procura do seu recoñecemento como estado perante a ONU. Precisamente, a oferta de creación e recoñecemento dun estado palestino fora realizada polo mesmo goberno israelí nun mediático discurso pronunciado polo Primeiro Ministro Nethanyahu na Universidade Bar-Ilan en xuño de 2009. Daquela a proposta contara co apoio de Obama e Europa, quen a viran como un paso adiante fronte a antigas posicións inmobilistas. Porén, fora rexeitada -e con ela a chamada ao dialógo- polo mundo árabe e polo lado palestino, ao considerar que as condicións propostas eran inasumbiles.
Número de foguetes e mísiles disparados sobre Israel desde Gaza a 20 de novembro de 2012. Fonte: Forzas de Defensa de Israel
Israel culpable?
Aclarados os motivos da última escaramuza arabe-israelí, o lector pode estar a pensar que os palestinos non sofren menos padecementos que os israelís. Ten razón. A situación do pobo palestino é dramática. A maioría das páxinas da súa historia recente escríbense coa dor e narran traxedias e privacións coñecidas por todos que algún día, por xustiza, terán que chegar á súa fin. Os palestinos son, fundamentalmente, vítimas. No entanto, os diagnósticos en branco e negro, que non atenden á ampla gama de grises que queda polo medio, non achegan solucións. Non fan máis que afastar dúas partes na desconfianza xerada pola negación de calquera ápice de verdade na pretensión do interlocutor. Noutras palabras, as análises erran cando presentan Israel como o verdugo dos homes e mulleres de Gaza ou de Xudea e Samaria (Cisxordania). Os feitos acaecidos en Oriente Próximo no último século constitúen a proba máis fidedigna de que non é un fogar para os xudeus o que priva os palestinos do propio. Os palestinos son vítimas, fundamentalmente, da actitude maximalista dos seus propios dirixentes.
Breve historia dun pobo errante.
A rexión do mundo na que actualmente se asenta Israel é o berce do pobo xudeu, da súa lingua e da súa cultura, do mesmo xeito que o noroeste da Península Ibérica o é para os galegos ou a illa de Irlanda para os irlandeses. A presenza ininterrompida de xudeus naquela terra está documentada desde hai, cando menos, 4.000 anos. Os números presentan altos e baixos desde que no século I d.C. o Imperio Romano suprimira cruentamente a Revolta de Bar Kojba e a meirande parte dos poboadores do antigo Israel fuxira por Europa, Asia e África. O episodio recibe o nome de Gran Diáspora e, desde entón, o pobo de Abraham preserva as súas tradicións, a súa cultura, idioma e relixión espallado polo mundo. No imaxinario colectivo e no folklore popular tamén se conserva a lembranza da terra perdida e o desexo de voltar a ela algún día. Así, do mesmo xeito que Andrés Dobarro cantaba ao tren que o devolvía a Galicia pola beira do Miño, os xudeus celebraban a Declaración de Balfour de 1917 con Hava Nagila, cuxa melodía pode resultar familiar ao lector. O goberno británico recoñecía neste documento redactado á fin da Primeira Guerra Mundial o dereito dos xudeus a crear un fogar nacional no lugar onde hoxe se asenta o moderno Israel, sempre sen perxuízo dos dereitos dos non-xudeus alí estabelecidos. En 1922 a Sociedade de Nacións, precursora da ONU, constituía oficialmente o Mandato Británico de Palestina lembrando a Gran Bretaña as súas obrigas e compromisos para cos xudeus. Porén, en setembro dese ano Gran Bretaña enviaba un memorandum á Sociedade de Nacións excluíndo as terras ao leste do río Xordán, a actual Xordania, de todos os acordos relativos ao novo estado. O territorio prometido para asentar o fogar nacional xudeu reducíase así nun 77%. Como se pode ver, os xudeus xa aceptaron algún que outro compromiso doloroso.

Partición do Mandato Británico de Palestina. A área en dourado, inicialmente tida en conta, foi excluída dos planos para a creación dun Estado xudeu.
En 1937, a Comisión Peel, órgano real creado para investigar as causas da Gran Revolta Árabe de 1936 contra o dominio colonial británico e a inmigración xudía, propuña dividir o territorio. A proposta británica outorgaba aos árabes un 96% do territorio orixinalmente designado pola Sociedade de Nacións para crear un estado xudeu, ou un 77% do territorio ao oeste do río Xordán. A opinión xudía estaba dividida e a proposta foi nun primeiro momento rexeitada para proceder á entrada en negociacións coas autoridades coloniais. Os líderes árabes, pola súa banda, rexeitárona sen consideracións, ao non aceptaren a concesión de dereitos aos xudeus sobre unha terra que consideraban unicamente súa.
O lider palestino Hajj Amin al Husseini, destacado aliado nazi, entrevistándose con Hitler.
Mal suprimida a Gran Revolta Árabe, tivo lugar o comezo da II Guera Mundial. O conflito bélico deixou en suspenso a disputa en Oriente Próximo, mais ambas as partes tomarían partido por un ou outro bando na contenda. Rematada a segunda gran guerra, a sucesora da Liga de Nacións realizou unha nova proposta de reparto entre xudeus e árabes. Esta proposta, coñecida como o Plan de Partición de 1947 e recollida na famosa Resolución 181, foi aceptada polos xudeus. Porén os dirixentes árabes volvían negarse a convivir cun estado xudeu. Estes consideraban que a oferta territorial realizada á contraparte era desproporcionada en relación á porcentaxe de poboación que representaba. Así, fronte á proclamación de Israel como estado independente un día antes de que o Mandato británico expirara, os palestinos e as potencias da Liga Árabe deron en iniciar unha guerra para liquidar o novo país creado ao abeiro da legalidade internacional.
A proposta de partición de 1947. Rexeitada polos líderes árabes
En maio de 1948 soldados exipcios, libaneses, sirios, transxordanos e iraquís invadiron o territorio de Israel. O seu propósito era, segundo un cable enviado á ONU pola Liga Árabe, crear un único estado árabe cunha guerra que crían rápida e sinxela e que permitiría realizar a idea de expulsar os xudeus ao mar. Porén, as potencias da Liga Árabe calcularan erroneamente o potencial bélico dos militares xudeus, organizados desde había vinte anos para se protexer das matanzas perpetradas por grupos árabes. Mais, sobre todo, non contaran coa determinación duns homes que loitaban coa lembranza do Holocausto marcada a ferro na memoria por defenderen os seus fogares, as súas familias. Non querían repetir a historia dos seus antergos fuxidos 2000 anos atrás e erguéronse vitoriosos en 1949 para asinar un armisticio que remataría coa guerra e cunha flamante independencia para Israel.
Desde entón, o pobo xudeu viuse forzado a librar catro guerras (en 1956, 1967, 1973 e 1982) e facer fronte a dúas intifadas (en 1987 e en 2000). Todas apenas tiñan o obxectivo de borralo do mapa de Oriente Próximo. En todas as contendas Israel triunfou na súa pretensión de salvagardar as vidas e a seguridade dos seus cidadáns. Todo fronte unha veciñanza que, nun exercicio de hipocrisía, reclamaba a asunción de múltiples compromisos internacionais dun país que se negaban a recoñcer. Tamén en todas as ocasións Israel foi quen de mostrar vontade de chegar a acordos para garantir a paz e a súa existencia como nación no mundo. Boas mostras son a reentrega do Sinaí a Exipto e ou retirada unilateral de Gaza hai sete anos. Da mesma Gaza desde a que hoxe, baixo o goberno dunha organización islamita aínda contraria á coexistencia de árabes e xudeus, se lanza unha chuvia de lume sobre cidades como Sderot.

Imaxe de Silicon Wadi, o equivalente israelí de Silicon Valley.
Malia iso, hoxe Israel xa se asemella máis ao fogar que as comunidades xudías repartidas polo mundo arelaban construír. O país, respectuoso das liberdades económicas e civís, é a única nación da rexión homologable a calquera democracia europea ou occidental. A enxeñaría transformou os desertos e pantanos en lugares cultivables e fértiles. O espírito pioneiro levou os cidadáns de Israel a emprender e industralizar o seu país converténdoo nunha economía vibrante e dinámica. As cidades son abertas e cosmopolitas. O alemán ou ruso dos xudeus de tal orixe mestúrase co árabe falado por case o 20% dos cidadáns desa condición que viven na sociedade israelí -sen dúbida moito mellor que en calquera país da contorna- integrados como médicos, bombeiros, profesores, militares ou xuíces do Tribunal Supremo. Israel é hoxe un fogar, en permanente construción, próspero para todos os xudeus do mundo e aberto a calquera disposto a convivir nun crisol de linguas, culturas e relixións. A ferida do conflito continúa aberta e, sen dúbida, poderíase dar conta de erros e actuacións incorrectas dos gobernos de Israel en relación co seu tratamento. Nun século as meteduras de zoca poden ser incontables. Porén, antes de que o lector as relate con premura e reproche nalgún comentario hai algo que debería considerar: é posible que se vostede critica a Israel sexa porque é o único de quen espera unha certa suxeición a uns mínimos valores de humanidade? Certamente non o podemos esperar daqueles que hoxe levan a voz cantante e gobernan en Gaza, Hamas. Os mesmos que executan opositores e aspiran a impor a lei islámica sobre o pobo palestino opóñense hoxe a recoñecer o dereito a ser e a existir a un pobo xudeu que, ao longo destes últimos cen anos demostrou estar pola convivencia e a paz. E aí está o cerne do problema, non en quen leva 2000 anos tentando vivir en paz na súa terra.
Comentarios