Xoán Bernárdez presenta a Jaume Renyer

Jaume Renyer (esquerda) e Xoán Bernárdez Vilar

Texto de presentación a cargo de Xoán Bernárdez Vilar da conferencia “Catalanismo e Israel”, por Jaume Renyer i Alimbau que tivo lugar en Vigo o pasado 14 de decembro de 2012

Boas tardes,
Quero en primeiro lugar dicir que é para min toda unha honra presentar a un conferenciante da talla de Jaume Renyer i Alimbau.
Mais antes de o facer direivos que, o mesmo que na Biblia, todo ten unha Xénese, un principio, e que éste parece atoparse no Libro “L’exemple dels jueus. El catalanisme d’esquerres i la seva visió del poble jueu i del conflicte a Palestina (1928-1936)”. Esta obra, que inicialmente fora nada máis que unha investigación universitaria, converteuse axiña nunha Tese de Doutoramento, e rematou por ser publicada o pasado 16 de xullo polo seu autor Joan Pérez i Ventanyol. Coma presentadora da mesma actuaron a profesora Tessa Calders e o Historiador Joan B. Culla, que, ao mesmo tempo, fora o director da investigación. Tamén fora responsable do bo remate desta labor, Esperança Valls. Neste libro procurábase respostar á pregunta de qué fixera o catalanismo de esquerda acerca da cuestión xudía, ao longo da Segunda República, o que deu lugar ao achado de importantes opinións, así coma de novas, de reportaxes e de entrevistas sobre canto cos xudeus se relacionaba. Quizais debidos á tradicional visión europeísta que sempre tivo o nacionalismo catalá. ao interese historico que dende comezos do XX houbera en Catalunya acerca dos xudeus cataláns.

Influiu, asimesmo, a presenza de moitos cataláns visitando Terra Santa. Por exemplo, en 1928 o relixioso Pere Voltas i Montserrat, publicou “El Sionisme”, unha obra que trataba a cuestión nacional hebrea recollendo un percorrido exhaustivo pola mesma. As persecuións en Europa promoveron tamén inmigracións xudeas a Catalunya. o antisemitismo de entreguerras fixo, asimesmo, que diversos autores cataláns xerasen unha forte correnta de opinión arredor do feito os disturbios entre as comunidades hebrea e árabe a partir de 1928. Palestina era un mandato do Imperio Británico dende finais da 1ª Guerra Mundial, converteron o conflicto nun tema tan mediático case que como o de hoxe en día, o que conlevou a publicación dunha grande diversidade de opinións e reflexións.

Falemos agora de Jaume Renyer i Alimbau.

Nado en Vila-seca en 1958, conta agora con 54 frutíferos anos, que paso a sintetizar:
Militante do Partit Socialista d’Alliberament Nacional dels Països Catalans (1975-1979, e 1986-1991).
Militante de Nacionalistes d’Esquerra (1979-1983).
Licenciado en Dereito pola Universitat de Barcelona (1981).
Militante de Esquerra republicana de Catalunya (1991-2009) e membro da súa Executiva ata 1996.
Conseller do Consell Consultiu de la Generalitat de Catalunya (2000-2004).
Membro da Comissio Mixta de Transferències Estat-Generalitat (2004-2009).
Militante de Reagrupament Independentista (2009-2010) e membro da súa Executiva.
Actualmente éo de Solidaritat Catalana per la Independència, e, dende 2010, membro da súa Executiva Nacional.
No 2009 foi un dos fundadores e o seu primeiro President, da Associació Catalana d’Amics d’Israel, xunto con destacadas persoalidades da vida política catalana como Jordi Pujol, Josep-Lluis Carod-Rovira, Pilar Rahola, Alfóns López Tena, Joan B.Culla etc... (Convén que lembremos que en Catalunya existe tamén dende hai 35 anos outra entidade semellante, como é a Associació de Relacións Culturals-Catalunya Israel).
Asimesmo, en marzo do 2012 Jaume Renuer foi un dos promotores, do Manifesto colectivo desde Catalunya, Euskal-Herria e Galiza de Galeuscat-Israel  "Pola Paz contra o Boicot a Israel", do que nesta sala hoxe se atopan algúns dos seus promotores e asinantes como Jon Iñarritu, Pedro Gómez-Valadés. Natalia Costas Alonso, Miguel Barros, Xoán Carlos Morell e eu mesmo.
Entre a súa ampla bibliografía cito por orde cronolóxico:
- Catalunya qüestió d’estat (1995)
- L’autodeterminació del poble catalá. Preguntes i respostes (2000).
- Avantprojecte d’estatut nacional de Catalunya (2001).
- L’estat contre els pobles, la globalització i el fenomen nacional a Europa (2002).
- Un estado judio y democrático (2010).
- Anticatalanisme i antisionisme, avui (2011).
Coma remate lembro tres respostas súas moi agudas como éstas. Así, como cando o acusaron de estar a soldo do Sionismo internacional, comentou:
- Xa, Xa; Xa me gustaría a min estalo….
- “Existe un sionismo internacional?”
- O que sí existe é un antisionismo internacional.
Ou:
- A situación de Catalunya é de espolio, xa que se veñen investido os termos de dominado e dominamte.
Jaume Renyer vai defender a súa Tese de Doutoramento en Dereito, esperamos que positivamente, dentro de só tres días.

Imaxes da conferencia en Vigo a que asistiron perto de medio cento de persoas


Comentarios