Por Adolfo Jorge Brenman
Veredes, mentres a maioría dos americanos estaban erguéndose esta mañá, ou en Europa e noutros lugares do mundo estaban ocupados nas súas rutinas diarias, aquí en Israel máis dun millón de persoas corrían cara a refuxios polos mísiles que estaban a ser disparados indiscriminadamente polos terroristas palestinos desde Gaza. A semana pasada, nun lapso de só 24 horas, foron disparados 90 mísiles cara ao sur de Israel. Iso é máis de tres mísiles por hora. Para cando termine de escribir este artigo, o máis probable é que o número aumentase en 5 mísiles.
Só para pór as cousas en contexto: un millón de israelís equivale aproximadamente ao 13 por cento da poboación. O 13 por cento da poboación de Estados Unidos sería algo así como 40 millóns de persoas.
Xa foron feridos unha ducia de israelís, moitos deles de gravidade. A única razón pola que non houbo máis feridos é porque Israel investiu moitos millóns de dólares en refuxios antimísiles e no sistema de defensa Kipat Barzel; isto mentres Hamás investiu millóns de dólares de axuda internacional en máis mísiles.
Pero a razón pola que estou cabreado é a seguinte.
Estou cabreado porque, no ano 2012, máis de 600 mísiles xa foron disparados desde Gaza, e non parece que vaian deterse no futuro próximo. Estou cabreado porque o mundo só reaciona cando Israel exerce o seu lexítimo dereito (soberano) da autodefensa dos seus cidadáns. Podedes imaxinar o que pasaría se mesmo un só mísil fose disparado contra Washington, Londres, Paris, Berlín ou Moscova? Ningunha nación da terra pode, nin debe, tolerar tales ataques en contra da súa poboación civil.
Estou cabreado porque aínda que as Nacións Unidas nunca dubidan en chamar a unha "sesión especial de emerxencia" pola "Causa Palestina" para adoptar a enésima resolución condenando a Israel, eu aínda estou a espera dunha sesión sobre o terrorismo palestino. De feito, 24 horas despois do comezo dos ataques con mísiles, aínda estou a esperar cando menos unha condena monosilábica do Consello de Seguridade da ONU, a súa Asemblea Xeral ou Navi Pillay, o Alto Comisionado da ONU para os Dereitos Humanos.
Estou cabreado porque Ban Ki-Moon, o Secretario Xeral da ONU, non pode atopar un momento para condenar os mísiles palestinos, pero atopa tempo para rir e bailar co rapero surcoreano Psy, coñecido polo seu famoso single Gangnam Style.
Estou cabreado porque mentres que a xefa da diplomacia da Unión Europea, Catherine Ashton, censurou a Israel a semana pasada pola construción duns cantos centos de vivendas (nunha área que igualmente seguirá sendo parte de Israel após o desexabel acordo definitivo de paz con Palestina), sigo esperando que censure aos palestinos por disparar 90 mísiles nun día.
Estou cabreado porque hai xente que segue pedindo un boicot, desinversión e sancións en contra do estado xudeu, pero garda absoluto silencio fronte ao terrorismo inxustificábel de Hamas.
Estou cabreado porque seguen sendo enviados barcos e flotillas a Gaza para mostrar 'solidariedade' cos palestinos, mais pregúntome onde está a solidariedade coa xente do sur de Israel ou de Siria?
Estou cabreado porque mentres que as organizacións de dereitos humanos como Amnistía, Human Rights Watch, Oxfam e outros non desperdician nin unha soa oportunidade para condenar a Israel por violacións aos dereitos humanos, os dereitos humanos dos israelís parecen ser algo secundacio para a diplamacia internacional

Estou cabreado porque os principais medios de comunicación, como o New York Times, titulan as súas historias sobre os ataques de mísiles con frases como "Catro Militantes Palestinos Asasinados por Ataque Aéreo Israelí", e non "Terroristas Palestinos Fan Chover Máis de 90 Mísiles en Contra dun Millón de civis Israelís".
Estou cabreado polo feito de que todos os civís no sur de Israel hoxe reciben a orde de non enviar aos seus fillos á escola e de quedar en refuxios antimísiles.
Estou cabreado cando a xente continúa dicindo que os 'asentamentos' son o principal impedimento para a paz, e non Hamás, un grupo que emprega o terror como arma contra a poboación civil e que non recoñece o dereito de Israel a existir e busca a súa destrución. Estou cabreado cando vexo fotos como esta http://cdn.timesofisrael.com/uploads/2012/10/f121024ta07-635x357.jpg, dunha casa do sur de Israel golpeada hoxe por un mísil lanzado desde Gaza, e igualmente teñen a audacia de dicir: "Ah, pero se eses mísiles son como xoguetes, que dano poden facer?".
Estou cabreado porque hai alguén que non me coñece, nunca me viu diante, e con todo quere matarme - só porque son israelí.
Estou cabreado cando escoito a residentes do sur de Israel dicir: "deitámonos sobre os nosos fillos e tratamos de protexelos cos nosos corpos" ou que "estamos vivos de milagre" - mentres o mundo parecese non escoitar os seus desesperados berros de auxilio.
Non, a verdade non estou cabreado. Estou indignado.
Este artigo apareceu orixinalmente no Huffington Post o 31/10/2012

Comentarios