A benvida soviética a Golda


Golda Meir de nova

Por David B. Green
Haaretz - 11.10.2012

O 4 de outubro de 1948, Golda Meir, recentemente chegada a Moscova como o primeira embaixadora de Israel ante a Unión Soviética, presentouse na Sinagoga Coral da capital no primeiro día de Rosh Hashaná. O Estado de Israel acadara ca súa independencia so cinco meses antes, e o goberno de Josef Stalin fora o segundo estado en recoñecer oficialmente á nova nación. Con todo, os xudeus locais foron advertidos de manterse a distancia da delegación de Israel e os israelís estaban preocupados acerca da toma de contacto até nas súas propias relacións persoais na Unión Soviética.

Nun artigo publicado en Pravda no seu momento, Ilya Ehrenburg afirmaba, "o Estado de Israel non ten nada que ver cos xudeus da Unión Soviética, onde non hai ningún problema xudeu, e por tanto non hai necesidade de Israel". A presenza de Golda Meir, con todo, trouxo a decenas de miles de xudeus moscovitas á sinagoga da cidade, a asistencia pública máis numerosa en dúas décadas.

"En lugar dos 2.000 xudeus e pico que adoitaban vir á sinagoga nos días de festa, un grupo de preto de 50.000 xudeus estaba a esperarnos", lembraba Golda nas súas memorias. "Por un momento non puiden comprender o que pasara, ou mesmo quen eran. E entón caín na conta. Chegaran -os bos e valentes xudeus - a fin de demostrar o seu sentido de parentesco e celebrar a creación do Estado de Israel".

Unhas semanas máis tarde, Meir asistiu a unha recepción diplomática en honra da Revolución Soviética, onde foi recibida por Polina Molotov, a esposa do ministro de Asuntos Exteriores Vyascheslav Molotov. A Sra. Molotov instou a Meir, en yiddish, a seguir asistindo á sinagoga.

Stalin non tardou en responder ante a "ameaza" deste nacionalismo xudeu revivido. A principios de novembro de 1948, os líderes da anteriormente influinte Comité Antifascista Xudeu foron arrestados, e institucións culturais xudías en toda a Unión Soviética foron pechadas, sobre todo en Birobidzhan, que fora creado como un oblast autónomo xudeu. En decembro, Polina Molotov foi arrestada por traizón á patria, obrigada a divorciarse do seu marido, e enviada a un campo de traballo.

Despois veu unha serie de purgas, incluíndo o denominado "complot das batas brancas (médicos)", no que foron acusados un grupo de destacados médicos xudeus de conspirar para asasinar a algúns dos líderes políticos da URSS. O xuízo foi suspendido, xunto co xeneral derramamiento de sangue contra os xudeus, e Polina Molotov foi posta en liberdade, unicamente tras a morte repentina de Stalin en marzo de 1953.

Comentarios