21 veciños de Ferrolterra pasaron polo infame campo de exterminio nazi. Este é un dos motivos polo que o Concello de Ares acaba de acoller a presentación do libro "Galegos en Mauthausen", parte dun conxunto de homenaxes aos represariados polo fascismo.
Por Galicia Confidencial | Ares | 29/07/2012
Trátase dunha obra do historiador Henrique Barreira, secretario da
Asociación Memoria Histórica Democrática. O historiador destacou que os
galegos sobreviron a Mathausen, onde foron asasinados ducias de miles de persoas, grazas a súa solidariedade. Barreira explicou como o drama comezou coa derrota da República
democrática pola ditadura fascista do General Franco. No caso dos
republicanos de Ares, a maioría pasou escondido os tres anos do
conflito. Unha vez confirmada a vitoria fascista, moitos lograon
embarcar en pequenos pesqueiros para chegar a Francia.
Con todo, a recepción por parte do Goberno de Francia non é boa; pois
os republicanos son considerados esquerdistas perigosos. Agora ben, ao
estourar a Segunda Guerra Mundial, o Executivo francés tira dos
refuxiados republicanos para realizar traballos detrás da primeira liña
da fronte ou nas fábricas de retaguardia. Unha vez derrotada Francia, o
exército nazi captou esta compañía de traballadores estranxeiros. Moitos
dos republicanos acabaron entón nos campos de concentración.
Ademáis da presentación do volume, inagurouse unha escultura en
homenaxe. Trátase dun rail cara o ceo, que leva o nome das 21 persoas do
Concellod e Ares que padeceron a barbarie nazi. O concello aresano e as asociacións Fuco Buxán, Memoria Histórica
Democrática e Amicale de Mauthausen, coa colaboración dos Concellos dos
municipios con veciños homenaxeados (A Capela, Fene, Ferrol, Cedeira,
Ortigueira, Monfero e Miño) organizaron estes actos que teñen como
obxectivo «que non se esqueza a historia». Na Casa da Xuventude de Ares hai ademais unha esposición conmemorativa que estará aberta durante as próximas semanas.
Aqui pódese ver o acto de presentación do libro:
Comentarios