Da ambiguedade a traizón: a esquerda, os xudeus, e Israel



Por Winston Pickett
TheJC

Hai algúns detalles biográficos sobre o profesor Robert Wistrich que a xente tende a pasar por alto ao avaliar o traballo de alguén que é, posibelmente, a maior autoridade mundial sobre o antisemitismo.

Adóitase ofrecer unha clave para explicar por que - só dous anos despois de escribir a súa magna obra de 1000 páxinas "Unha obsesión letal: o antisemitismo desde a Antigüedade até a Jihad global" - Wistrich produciu un tomo de 623 páxinas cun título tan prometedor como "Da ambiguedade á traizón: A esquerda, os xudeus e Israel".

O primeiro feito sobresaiente é que este historiador de 67 anos de idade naceu en Kazajstán, nos momentos máis álxidos do poder de Stalin, despois de que a súa familia fuxise de Cracovia durante a Segunda Guerra Mundial. A isto engádese o medio cultural e político no que medrou. O pai de Wistrich, a pesar de ser un membro do ilegal partido comunista polaco, foi recompensado pola súa fidelidade cunha pena de prisión por parte do NKVD (a policía secreta soviética). Por tanto, a súa familia, tal como Wistrich conta, non gardaba "ningunha esperanza acerca da mentira soviética tras a guerra, do mesmo xeito que sobre a crueldade dun sistema totalitario que esmagaba sen piedade toda individualidade".

E con todo, como un mozo intelectual que era, o pensamento da esquerda aínda resultaballe atractivo. Crecendo en Gran Bretaña na década de 1950, Wistrich lembra radicalizarse na escola primaria", e pasar despois "dous anos de estudo e de activismo radical" na Universidade de Stanford en California, así como estar presente nos disturbios estudantís de París de 1968, opóndose á alienación capitalista e ao racismo e militarismo de Occidente.

Con todo, e xa durante ese mesmo período, despois de lidar coa teoría marxista clásica e coa súa ambivalencia cara aos xudeus, e sendo estudante en Cambridge e investigando para o seu doutoramento sobre "O socialismo e a cuestión xudía" no University College de Londres, Wistrich atopouse debatendo co esquerdistas prol-palestinos nas universidades británicas, onde detectou como o ineludible "bordo afiado do sentimento antiisraelí ía moito máis alá da teoría".

Por que, preguntábase Wistrich, "tantos dentro da nova esquerda volvéronse contra o Estado xudeu con tal grao de vehemencia?"

Corenta anos máis tarde Wistrich regresou novamente a esta pregunta, só que esta vez a súa procura dunha resposta viuse favorecida por catro décadas de investigación exhaustiva.

Ler o seu libro non resulta fácil, a menos que o lector estea xa familiarizado cos escritos de Karl Marx, Friedrich Engels, Rosa Luxemburgo, Bernard Lazare, Karl Kautsky e León Trotsky. Con algunhas das conclusións xa estaba familiarizado, produto do seu oito anos como director de investigación na Biblioteca Wiener, antes de entrar no 2002 no Centro Internacional Vidal Sassoon para o Estudo do Antisemitismo, da Universidade Hebrea, onde ocupa a cátedra Neuberger de historia .

Pero esta é a primeira vez que se sintetiza a súa análise nun só volume. E logo está o título, "Da ambigüidade á traizón". As súas experiencias persoais poderían explicar por que elixiu un termo tan emotivo" É a "traizón da esquerda" un sentimento persoal? "Non", asegura rotundamente. "Tiven que deixar de considerarme como un home da esquerda clasica hai máis de 40 anos".

No seu lugar, tal como el o ve, a "traizón" é unha cuestión de principios básicos. "Grande parte da esquerda contemporánea abandonou o seu propio legado procedente da Ilustración, así como o seu amplo proxecto social humanista". "No seu lugar, parece obsesionarse dunha maneira desproporcionada e irracional cos 'pecados' de Israel, ao que considera responsable de case todos os problemas no Oriente Medio e mesmo máis aló".

A segunda vertente desa traizón procede do que el denomina "a esquerda antisionista", a que "renegou do carácter universal e democrático do dereito de autodeterminación nacional", un principio que parece existir para todos os demais pobos excepto para os xudeus, ao mesmo tempo que abrazaron ao Islam radical.

O último aspecto desa traizón ten o seu fogar na esquerda radical, aínda que parte da corrente principal da esquerda liberal, esa para quen "o antisemitismo non existe a menos que se pode situar e aloxar no limiar da extrema dereita".

Con todo, o que mais desconcertou a Wistrich sobre a actitude da esquerda contemporánea e os seus impulsos antisemitas é a súa natureza incoherente. "A ideoloxía actual da gran parta esquerda é unha especie de boutique de fragmentos, o que eu chamo os "restos de galaxias marxistas xa extinguidas" Pero dá a casualidade que todos estes fragmentos están unidos por unha animosidade referencial cara a Israel e os xudeus. É o que une a estas visións do mundo tan dispares como as de Hugo Chávez e Mahmoud Ahmadinejad.

Un dos descubrimentos máis sorprendentes de Wistrich foi que o que el pensaba que era un invento antisemita soviético resultou ter a súa orixe no movemento laborista británico de finais do século pasado.

"O que mais poderosamente sorprendeume na investigación para este libro foi en que grao era responsable a Gran Bretaña das súas propias e indíxenas - e contemporáneas - tradicións antisemitas". Entre elas atópanse as teorías xeneralizadas de conspiración xudía mundial manipulada pola esquerda británica durante a Guerra dos Boers de 1899-1902.

Wistrich sostén que dita guerra - tan polémica e polarizada como calquera outra na época moderna - viu a aparición dun movemento radical anti-guerra que acuñou a terminoloxía conspirativa dun "xudaísmo imperialista", para así describir como supostamente os altos financeiros xudeus en Sudáfrica afundían ao Imperio británico nun conflito desastroso. Estas ideas volverían rexurdir coa aparición de Oswald Mosley e a súa Unión Británica de Fascistas, xa na década de 1930, cando acusaron os xudeus de arrastrar a Gran Bretaña a unha guerra contra Alemaña, e de novo co movemento radical anti-guerra de Iraq e as súas acusacións de "conspiracións xudías", e as súas acusacións dun "imperialismo sionista".

Peor aínda, asegúranos Wistrich, foi o seu descubrimento de que a noción virulenta de que o sionismo era unha forma de nazismo xurdira desde o interior da Oficina de Asuntos Exteriores británica, xa que tiña por obxecto restrinxir a entrada no país aos sobreviventes da Europa de Hitler. Na década de 1950 esa idea introduciríase entre na opinión pública xeral a través do renombrado historiador Arnold J. Toynbee, cuxo "Estudo na Historia" acusaba aos sionistas de ser uns "discípulos dos nazis", unha acusación que se ten convertido nun mantra dentro a esquerda británica, e que está detrás desoutra tristemente soada resolución de Nacións Unidas de 1975 que dicía que "o sionismo é igual a racismo".

Se todo isto debuxa un panorama desolador, con todo, Wistrich sostén un raio de esperanza ao ter a opinión de que a esquerda británica "está ideolóxicamente empobrecida e o seu nivel de argumentación é verdadeiramente lamentable". E engade: "Se o meu libro axuda a restaurar un pouco de cordura no discurso cada vez máis tóxico que rodea a todas estas cuestións hoxe en día, ficarei satisfeito".

Comentarios