Por Josep
Carles Laínez*
Hai
algúns días tiven o pracer de cear con Lina
ben Mhenni, a ciberactivista que deu
inicio á revolución no seu país. Desde o seu blog A
Tunisian Girl, foi perpetrando a
revolta e anhelando unha liberdade real, que parecía preto, do outro
lado dunha arela tan humana como a vida. Mais algo truncouse no
camiño, o futuro arestora desmorónase, e debemos falar de Tunisia
con urxencia.
As
imaxes da “Revolución da dignidade” estaban cheas de alegría:
homes e mulleres, xoves e anciáns, relixiosos ou agnósticos, en
manifestacións que rematarían coa dictadura e darían esperanza a
un país ceibe de atavismos. Foron concentracións non violentas, con
sorrisos, cos corpos como únicos escudos. Sen embargo, ese primeiro
xermolo espontáneo foi moi ben xestionado polo imperialismo
capitalista –occidental e fundamentalista islámico– para deixar
o paso libre a organizacións que loitaban contra a tiranía de Ben
Ali non por desexos de liberdade, senón
para imponer a súa propia dictadura. Os gobernos europeos ficarán
tranquilos coas eleccións e o triunfo de Ennahda, pero a súa
victoria é o punto final dunha democracia verdadeira, e a Tunicia de
hoxe máis que a un país que debería recuperar unha vida cívica e
asociativa, semella un Estado terrorista, pois a policía reprime á
cidadáns pacíficos con violencia, e deixa que os islamistas se
manifesten e exerzan a intimidación, o acoso sexual ou o intento de
asasinato sen que ninguén os deteña.
O
fundamentalismo islámico non só é un totalitarismo, senón unha
sorte de imperialismo neocolonial das potencias occidentais coas
petromonarquías. Foméntano, finánciano e buscan o seu beneficio.
Quer impor un rexime que impide a liberdade de conciencia e dereitos
humáns básicos, ademáis de establecer un apartheid
de xénero, é unha traizón ás relixións tradicionais desas
nacións, á convivencia multicultural, e a formas de existencia ben
diversas. Se se instaura unha dictadura islamista en Tunisia non será
pola vontade do seu pobo, senón pola represión e o acalamento dos
disidentes. E para nós, os europeos, este novo horizonte é
perigosísimo: se o pactamos, porque voltamos a vomitar sobre os
desexos de liberdade de millóns de persoas; se non, porque a
radicalización en Europa da comunidade inmigrada irá crecendo, ao
non haber outros interlocutores que os dictadores.
Pregunteille
a Lina ben Mhenni
qué podiamos facer nós, fartos das mentiras sobre a tranquilidade
da democracia en Tunisia cando xa se fixo imposíbel unha vida
normal, sen sobresaltos, e onde existe o perigo dunha detención ou
dunha agresión mortífera en calquera instante. Díxome que tíñamos
a obriga de contalo, sen tregua, sen reservas. Os gobernos poderosos
de Europa e América traizoaron as revolucións, e as monarquías do
Golfo están a impor a súa visión enfermiza da realidade e do
islam. O soño de Tunicia converteuse en pesadelo.
* Xefe de redacción da revista DEBATS
Comentarios