O Embaixador israelí nas Nacións Unidas esixiu formalmente que Khulood Badawi, quen é a representante da OCHA (UN Office for the Coordination of Humanitarian Affairs - Oficina das Nacións Unidas para a Coordinación de Asuntos Humanitarios) en Xerusalén sexa apartada das súas funcións despois de que ela colgara vía Twitter unha foto dunha meniña palestina morta por un ataque da Forza Aérea de Israel, cando en realidade a foto correspondía a unha meniña morta nun accidente de coche hai catro anos. A semana pasada, segundo o informe, Badawi enviou ao mundo vía Twitter unha foto dun neno ensangüentada nos brazos do pai coa seguinte descrición: "A Palestina sangra. Outro neno morto por Israel. Outro pai cargando a súa filla para o túmulo en Gaza". Esta mensaxe polo Twitter tivo unha enorme resonancia, e informaba que a meniña palestina morrera vitima dun ataque aéreo israelí o día anterior, mais unha investigación de Israel sobre esta afirmación descubriu que o certo era que esta meniña falecera nun accidente de coche en 2006!
Na súa carta a subsecretaria xeral da OCHA Valerie Amos, o embaixador de Israel na ONU Ron Prosor escribiu: "A foto foi tirada e publicada en 2006 por Reuters, cando informou que este neno morreu nun accidente. Este neno non foi evidentemente morto por israelís". Deste xeito o Embaixador Prosor pediu a dimisión inmediata de Badawi polo seu tweet incendiario, e esclarecendo que a "Sra. Badawi violou completamente os artigos 100 e 101 da Carta da ONU". A Fox News informou que a OCHA contratou a Badawi, a pesar do seu pasado de activismo pro-palestino, ao mesmo tempo en que o sitio web da OCHA define que "os axentes humanitarios non deben tomar partido en hostilidades ou se envolveren en controversias de natureza política, racial, relixiosa ou ideolóxica". En resposta á carta de Prosor, Amos escribiu: "É lamentábel que un membro do equipo da OCHA teña colgado informacións no seu perfil persoal no Twitter, informacións esas que son falsas e que se refiren a cuestións relacionadas co seu traballo. As opinións expresadas nos seus tweets non reflecten a opinión da OCHA, nin foron sancionada ou aprobadas pola OCHA". Porén a voceira da OCHA Amanda Pitt informou que Badawi continúa na súa función, e que "internamente estamos revisando se debemos emprender algunha acción en relación a un membro do equipo".

Comentarios