O catalanismo e Israel



Por Andreu Lascorz. President da Associació de Ralacions Culturals Catalunya-Israel-ARCCI . http://arcci.cat/

En terras catalás, cristiáns e xudeus conviviron durante máis dun milenio. Durante os disturbios de 1348, 1391 e durante o Adoutrinamento-Desputa de Tortosa moitos xudeus cataláns convertéronse e fundíronse cos cristiáns cataláns. Despois da expulsión de 1492 e até o día de hoxe algúns israelís reivindican as súas orixes catalás, e moitos cataláns maniféstanse publicamente como admiradores do Estado de Israel e do que representa.

Procuremos as causas! durante moitos séculos cristiáns e xudeus cataláns non sentían hostilidade. Non había unha familia da nobreza catalano-aragonesa, empezando por Ferran o Católico que non tivese sangue xudeu. Como é que despois da expulsión, non había odio en Catalunya entre os descendentes dos expulsados? Como é que había comunidades xudías catalás en todo o Mediterráneo e mesmo en Israel? Como é que algúns eruditos como en Salvador Espriu reflexionan sobre o Pobo xudeu e Israel, con profundo afecto? Como é que moitos cataláns levan con orgullo a suposta xudeidade dos seus apelidos?

O catalanismo naceu na primeira parte do século XIX como un movemento cultural que quería recuperar a lingua e cultura catalás. A Haskalà (iluminismo, educación) a finais do século XVIII quería incrementar a educación en hebreo e a historia xudía. Posteriormente, o catalanismo estruturouse como un movemento político, o sionismo, reivindicou politicamente o dereito á existencia dun estado xudeu. A declaración Balfour de 1917 marca a diferenza de partida ao século XX entre o Catalanismo e o Sionismo.

Baroja afirmaba que os cataláns eran como os xudeus, diferentes, descendentes deles, e cos mesmos valores que eles. O filosemitismo aparece a na obra de Salvador Espriu, onde Israel é a referencia catalá. Moi amodo o catalanismo aceptará e buscará nexos entre xudeus e cataláns. Despois da Guerra Civil española e do Holocausto, a creación e independencia do Estado de Israel no ano 1948 recíbese como unha boa nova, un estímulo para o catalanismo tanto de dereitas como de esquerdas, afecto que creado Estado, será case sempre unidireccional, son os cataláns os que buscan o referente israelí.

A fractura fundamentalmente- entre o catalanismo de esquerda e Israel, comeza após a guerra dos Seis Sías bo ano 1967, onde presentase ao Estado de Israel como o novo Goliat e elaboranse discursos cada vez máis israelófobos. A partirres deste intre créase un fío condutor entre Israelofobia, anticolonialismo, anticapitalismo, rexeitamento ao papel dos Eastsdos Unidos… que dará a luz posteriormente a xudeofobia. En Catalunya algúns medios de comunicación, moi israelófobo axudaron moito a crear e a alimentar este sentimento antiisraelí e o catalanismo tamén viuse afectado, especialmente o catalanismo de esquerda. De xeito que o “politicamente correcto” foi a hostilidade antiisraeli, que posteriormente pasou a negar o dereito a existencia mesma do Estado de Israel seica que como presunta solución de moitos conflitos.

A pesares de todo, sorprendentemente, unha moi boa parte do catalanismo, maioritaria, séntese atraída polo Estado de Israel e polo que representa. De forma que acho pódese afirmar, que neste momento, o catalanismo continúa sendo filoisraeli.

* Extracto da conferencia pronunciada en Reus o 20 de marzo de 2012

Comentarios