Pensar é de dereitas


Por Pilar Rahola
www.pilarrahola.com

Que fariamos sen eses gurús de esquerdas que nos din o que debemos debater e pensar? Sen dúbida o mundo sería menos divertido, aínda que bastante máis intelixente. Son xentes alimentadas nas ubres do estalinismo, cando as ideas só podían xurdir do buró político. Abaixo o debate, viva a consígna!, non fóra caso de que os cidadáns chegarán libremente ás súas propias conclusións. Neste país noso, onde eses líderes da dogma aínda teñen un certo percorrido, hai temas que non poden ser debatidos. Deben ser estigmatizados e sepultos baixo capas de pensamento dirixido polos comisarios políticos. Pensar, debater? Iso é de dereitas! Para que debater ideas se xa temos a sor Maruja Torres!

O último exemplo, como non?, vén da man dun ciclo de conferencias de Amics da Unesco sobre Israel. Titulado "Els dilluns d'Israel", analiza a realidade dese pequeno país ao longo de dez conferencias. Pero as boas xentes da Unesco cometeron un grave pecado, condenado no catecismo do bo progre coa pena do estigma: quixeron escoitar, por unha vez, alén. Despois dun ciclo de conferencias sobre Palestina, que ninguén tentou boicotear, nin enviar ao inferno, a pesar de que o adestramento de nenos para o odio ou a inculcación do islamismo fundamentalista ou a negación dos dereitos básicos dos seus cidadáns por parte de Hamas darían para moito. Pero ninguén se presentou con pancartas contra as bombas humanas ou o financiamento do terrorismo por parte de Irán ou a corrupción xeneralizada. Ninguén escribiu cartas, nin tentou parar o ciclo, nin negou o dereito á palabra. Pero con Israel topamos, e aquí o dereito á palabra vaise polo garete da intransixencia progre, que non por ser progre é menos intransixente. E foi así como na primeira conferencia do profesor Xavier Torrens sobre a democracia israelí apareceron sete furibundos berrando e enarbolando pancartas nas que podíanse ler comparacións dos israelís cos nazis ou os racistas surafricanos. Na sala había descendentes de Auschwitz e mesmo un cidadán negro que sufrira o apartheid e que, por suposto, non entendía nada. Nos días previos todas as entidades ricamente subvencionadas nas épocas gloriosas de IC pediron o boicot e dona Maruja capitaneou ás hostes da liberdade de expresión. Só hai unha voz e unha realidade e quen se desvie merece o ostracismo. E estes son os que din defender a Palestina? Desculpen, estes son residuos intransixentes que teñen medo á diversidade de opinión e que basean a súa razón na negación do pensamento, quizais porque cando hai reflexión libre, o prexuízo e a mentira caen polo seu propio peso.

Por certo, os mortos a mans do amigo socialista sirio tamén merecen o boicot? Anda ya, Maruja!
.
ELS DILLUNS D´ISRAEL

Comentarios