Por Itamar Rabinovich
Embaixador de Israel ante os Estados Unidos entre 1993 e 1996. Actualmente é membro da Universidade de Tel Aviv, a Universidade de Nova York e a Brookings Institution.
Project Syndicate, 16/02/12
A mobilización actual para impedir que Irán desenvolva un arsenal nuclear é reflexo de dous cambios importantes e interrelacionados. Son cambios aos que desde a perspectiva de Israel é preciso darlles a benvida, pero aínda así o goberno israelí debe manterse cauto en relación co papel do país na cuestión.
O primeiro cambio consiste na escalada de esforzos por parte de Estados Unidos e os seus aliados occidentais para abortar o plan nuclear do réxime iraniano. Este cambio orixinouse, en parte, como resposta a un informe de novembro de 2011 do Organismo Internacional de Enerxía Atómica, segundo o cal Irán realmente está a desenvolver unha bomba atómica e atópase perigosamente preto de cruzar a "liña vermella": o punto máis aló do cal xa non será posíbel deter o seu avance. Ademais, Estados Unidos e os seus aliados comprenden que, de non tomarse medidas serias, Israel podería verse incitado a lanzar a súa propia ofensiva militar unilateral.
O segundo cambio consiste na percepción de que a capacidade nuclear iraniana sería unha ameaza non só para Israel. Nun discurso pronunciado en decembro ante a Unión para a Reforma do Xudaísmo, o presidente dos Estados Unidos, Barack Obama, afirmaba que "outra ameaza á seguridade de Israel, dos Estados Unidos e do mundo é o programa nuclear de Irán". Pero ao chegar febreiro, Obama xa dicía en relación con Irán que "a miña prioridade número un segue sendo a seguridade dos Estados Unidos, pero tamén a seguridade de Israel, e seguimos traballando sen pausa para tentar resolver isto".
A súa elección de palabras non foi accidental, senón, máis ben, un sinal de que Estados Unidos está a mudar a súa estratexia respecto de Irán. Durante máis dunha década, o debate político respecto das ambicións nucleares iranianas incluía esta pregunta: "de quen é o problema?". O ex primeiro ministro de Israel, Ariel Sharon, adoitaba advertir aos seus colegas respecto da conveniencia de non "apresurarse" en relación con Irán. Aducía que se Israel tomaba a iniciativa en facer soar a alarma sobre as ambicións nucleares iranianas, a cuestión percibiríase outra vez como un "problema israelí".
De feito, os críticos de Israel xa viñan dicindo que isto era outra mostra do mundo do revés: Israel e o seu lobby estadounidense tentando forzar aos Estados Unidos a pór os intereses de Israel por enriba dos seus propios. Os exemplos máis flagrantes deste punto de vista foron unhas declaracións dos politólogos John Mearsheimer e Stephen Walt. Nun artigo publicado antes do lanzamento do seu moi discutido libro The Israel Lobby, aseguraban que:
"as ambicións nucleares de Irán non expoñen unha ameaza existencial aos Estados Unidos. Se Washington puido convivir cunha Unión Soviética nuclear, cunha China nuclear e mesmo cunha Corea do Norte nuclear, entón pode convivir cun Irán nuclear. E por iso o lobby [de Israel] debe manter unha presión constante sobre os políticos estadounidenses para confrontar a Teherán".
O actual primeiro ministro de Israel, Benjamín Netanyahu, non se mostrou tan preocupado como Sharon pola forma en que se vexa o papel de Israel. Está demasiado atarefado involucrándose directamente no intento de eliminar a ameaza mortal que suporía para o estado xudeu un Irán provisto de armas atómicas.
Antes da elección de 2009 que o levou ao poder, Netanyahu fixo campaña co perigo iraniano, e o seu goberno expuxo a cuestión como a súa preocupación principal. Xunto co ministro de defensa, Ehud Barak, Netanyahu logrou persuadir a Obama e ao resto do mundo de que Israel preparaba un ataque militar como último recurso para o caso de que os Estados Unidos e os seus aliados non conseguisen deter o programa iraniano a tempo.
Esta política foi eficaz, pero tamén concitou atención sobre a influencia israelí na cuestión de Irán. Curiosamente, isto non foi motivo de reproches contra Israel (cando menos, polo de agora), o cal débese, en parte, a que Obama e outros líderes xa consideran a Irán unha ameaza máis seria e, por conseguinte, senten a necesidade de tomar medidas adecuadas.
A comunidade internacional debe facer fincapé en que os seus membros están a servir aos seus intereses nacionais e non simplemente aos de Israel. Pero a vontade doutros países de participar nesta iniciativa pode minguar, sobre todo se as sancións se cobran un alto prezo financeiro ou a acción militar causa un grande número de baixas.

Por iso, sería aconsellábel que Israel lembre as advertencias de Sharon e reforce a súa presión sobre o goberno dos Estados Unidos mediante unha campaña diplomática máis ampla. Gústelle ou non, Israel debe exhortar ao mundo a non esquecer que Irán é un problema de todos
Comentarios