Por que en Catalunya tamén é un conflito









A construción e independencia do Estado de Israel é un feito admirado pola sociedade catalá, na que convive coa defensa de calquera pobo oprimido, dúas opinións que en 60 anos foron transformándose e radicalizándose.

Publicado no xornal ARA o 29.09.2011

http://www.ara.cat/mon/Catalunya-conflicte-Palestina-Vuit-autoritzades_0_559144207.html
A defensa do Estado de Israel ou de Palestina converteuse nun conflito que atravesa fronteiras e esperta reaccións, moitas veces máis emocionais que cerebrais. A posición, raramente intermedia, acaba trasladando os argumentos sobre o litixio no Próximo Oriente nunha opción de máximos: os uns ou os outros. Unha bipolarización que desemboca noutra solución final común: a paz. A pesar dos camiños separados, a cuestión identitaria catalá xogou e aínda xoga un papel moi importante na opinión sobre o conflito. Por unha banda, na identificación ou admiración dun pobo oprimido durante séculos que consegue consolidarse como estado, e pola outra, a defensa do recoñecemento de calquera nación sen terra. Por este motivo, durante os anos cincuenta e sesenta moitos intelectuals cataláns vanse declarar admiradores da creación de Israel. O expresident Jordi Pujol mostrouse sempre un firme admirador e defensor do Estado de Israel, pero á vez reivindica a necesidade de recoñecer o Estado palestino. "Eu podo entender, por exemplo, que se levante o muro que illa Israel do territorio palestino. Hai que vivir en Israel para entendelo, pero non podo entender nin aceptar a política sistemática de asentamentos xudeus en territorio árabe", escribe no prólogo de "Jordi Pujol i els judeus", de Anna Higuera. As políticas expansivas dos colonos xudeus desde as guerras do 1967 modificaron o discurso xeral sobre o conflito e reavivaron a polarización. O sector prol israelí quéixase da vontade de encasillar os seus nomes nunha lista negra, mentres que o bando palestino denuncia que o lobby xudeu-catalán aínda controla as clases máis benestants. Un conflito que salpica os faladoiros e converte calquera movemento no Próximo Oriente nun ataque tamén na nosa casa.

Maruja Torres, xornalista «Catalunya sentiu durando moito tempo como pobo preferido, escollido, e admiraba a Israel. Agora, só é prol israelí o establishment catalán, a xente que está ben de pasta: o Govern, o Barça... O resto de cataláns son prol palestinos»

Joaquim Nadal, xefe da oposición «Eu creo que o enfoque radical nace dun descoñecemento da realidade do conflito, ou ben dunha predisposición innata a defender a percepción que hai dun pobo oprimido. Agora, eu que me manifesto defensor e admirador de Israel, opino que todo tería que pasar polo recoñecemento mutuo»

Rosa Regàs, escritora «Ás primeiras planas dos xornais só contan as voces os radicais, os que se incordian os uns aos outros e se insultan. Pero hai moita xente que a pesar de ver as inxustizas que sobre todo se fan a Palestina, queren defender unha solución máis xusta para os dous»

Pilar Rahola, xornalista «Por que en Catalunya o conflito está tan latente? Probabelmente porque o discurso antiisraelí é moi potente, e, en calquera caso, probabelmente tamén están en Catalunya algunhas das voces máis fortes en defensa de Israel, pero non creo que sexa só por unha cuestión identitaria»

Marta Pessarrodona, escritora «Esta bipolarización é estraña e dificil de entender, porque hai unha débeda histórica da xente civilizada co sufrimento xudeu. Eu diría que é o "radical elegante" de esquerdas "ten que ser" prol palestino. Xente que entende que a causa e defender o máis débil, pero a febleza xudía é histórica»

Arcadi Oliveras, president de Jústicia e Pau "É un tema que se trata máis desde a emotividade que non desde o cerebro. E a miúdo hai un elemento de transfondo, e é que vinculamos a Sión, a Israel cos Estados Unidos e aquí xúntase o antiamericanismo. Israel acabouse convertendo na punta de lanza, como Iraq"


COMO VIVE A SOCIEDADE CATALÁ O CONFLITO NO PRÓXIMO ORIENTE?

2. A HISTORIA FIXO MUDAR AS POSICIONS?

Antoni Segura. Catedrático de Historia Contemporánea da UB.

1. Estamos atrincheirados en dúas posicións que parecen totalmente irreconciliábeis. É bastante absurdo. En Catalunya temos un pasado no que Israel foi un referente, sobre todo durante os anos 50 e 60. A independencia do Estado de Israel viuse por parte da esquerda catalá como o xurdimento dun país socialdemócrata (os pais fundadores e os primeiros gobernos do estado hebreo foron laboristas) e como aquel pobo que conseguiu o obxectivo de ter un estado propio. Coas sucesivas guerras e a partir do 1967 coa ocupación, esta admiración cambia e moitos intelectuals decantan a súa simpatía cara a Palestina, que en definitiva tamén busca ser un estado independente. Hai paralelismos coa situación que vive Catalunya e isto fai que o conflito se viva en primeira persoa. Pero é unha análise desacertada porque os puntos de contacto son mínimos.

2. A realidade actual é que hai unha ocupación e unha carencia de vontade, sobre todo por parte do goberno israelí, de solucionar o conflito. E isto trasládase visceralmente aquí. Pero o sentimento non é contra un pobo israelí, senón contra as decisións dun goberno. Do mesmo xeito que todo acto terrorista é rexeitábel. As fidelidades aos estados son difíciles. Confúndense as accións de goberno co dereito dos dous pobos a vivir en paz.

Joan B. Culla i Clará. Profesor de Historia Contemporánea da UB

1. A inmensa maioría dos cataláns non teñen unha opinión formada do conflito. Moita xente, se lle preguntas, di: "Eu son prol palestino, só faltaría", pero moitos non pasarían un exame sinxelo de cinco preguntas básicas sobre a historia do conflito. É un fenómeno moi curioso e superficial. Por unha banda hai moita visceralidade, en particular entre os prol palestinos, pero hai pouco coñecemento detrás. Agora ben, hai unha minoría de xente máis politicamente activa e consumidora de información que se vai formando unha opinión sobre o conflito co tempo. É evidente que en Catalunya varios sectores do catalanismo, xa desde os anos 20, tiñan fascinación polo sionismo. A pesar disto, noutros países onde tamén existe unha bipolarización cara ao conflito, como Francia, o coñecemento sobre o tema é moito máis amplo que aquí.



2. Desde hai 20 anos a maioría dos medios de comunicación cataláns teñen unha liña de análise claramente moi antiisraeli. En Francia, a maioría da opinión publicada actualmente tamén é prol palestina, pero anteriormente era máis a liña informativa prol israelí que se publicaba. Aquí chegou a fase prol palestina sen pasar pola fase prol israelí. Cando os progresistas do Europa Occidental eran prol israelís, o franquismo en España era totalmente prol árabe.

Comentarios