Willi Münzenberg, os palestinos e a inercia solidaria.



Por Carlos Galansky*

A inercia, no ámbito da física, é a propiedade que teñen os corpos de permanecer en movemento, a pesar de que non se lle aplique forza algunha. A inercia, no ámbito das persoas, é seguir facendo algo que sempre se fixo, sen cuestionalo.
No ano 1917 un forte resplandor, produto dunha insurrección armada, produciu unha ilusión naquelas persoas que creron nese proxecto de nova sociedade, a sociedade socialista e o seu pobo soviético. Pola contra os países capitalistas e as súas burguesías eran os inimigos contra quen se envorcaban todos os odios.
Comezou entón a solidariedade con ese proxecto nos países europeos. O seu principal impulsor foi un alemán, Willi Münzenberg, quen vai dedicar todo o seu esforzo a iso. Nucleou nas súas variadas organizacións solidarias todo o anhelo de moitas almas. Nas Mocidades Comunistas Internacionais, na Axuda Internacional Obreira, nos Congresos Antifascistas en Francia e na Fronte Popular Alemana. Substituíu a caridade pola solidariedade. Atopou a chave do corazón de moitos intelectuais. Estes non tiñan un coñecemento profundo dos asuntos políticos e económicos. Non eran os argumentos políticos concretos, senón os sentimentos morais xerais os impulsores da solidariedade. Unha cousa pensada era unha cousa real. Pero xunto a motivos idealistas estaban tamén a vaidade intelectual. Os vanidosos teñen o seu prezo: son fáciles de atraer e déixanse manipular. A intelectualidade crítica non se estendía á política.
Willi Münzenberg descubriu todo o engano desa sociedade estalinista e os anos perdidos en manter unha solidariedade con ela, en 1939, tras o pacto Hitler-Stalin. A "puñalada nas costas" como el mesmo escribiu. Pero foi tarde, a historia devorouno.
Hoxe como herdanza diso, temos novamente organizacións solidarias coa sociedade islamita e o pobo palestino. De novo un grupo de esclarecidos intelectuais preséntannos un ideal de sociedade e un pobo oprimido (o palestino) e un novo país explotador (Israel). Cambiaron a fouce e o martelo pola media lúa.
O bloque socialista desapareceu, un país da súa órbita de influencia como Libia caeu. A información que chega das barbaridades cometidas polo seu líder Gadhafi son minimizadas. A Libia de Gadhafi xa non presidirá a Comisión de Dereitos Humanos da ONU con dedicación exclusiva a condenar a Israel. De momento mantense o premio de Dereitos Humanos que leva o seu nome.
A inercia solidaria dalgúns intelectuais segue o seu camiño, allea ao sufrimento dos pobos que a padecen. A súa insensibilidade social é imperdoábel. * Carlos Galansky é socio de AGAI

Comentarios