Un Estado palestino?




Por Jeff Jacoby. Columnista do Boston Globe. Os seus artígos poeden consultarse na súa páxgina web.

Publicado nos xornais Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña


Se a Autoridade Nacional Palestina desexase xenuinamente o recoñecemento internacional como estado soberano, Mahmoud Abbás non viría a Nova York a pasada semana a solicitar o ingreso na Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Non tería ningunha necesidade, dado que Palestina leva ocupando desde hai tempo o seu asento nas Nacións Unidas.
Despois de todo, se o estado palestino fora o verdadeiro obxectivo de Abbás, púidoo lograr para o seu pobo hai xa tres anos. No ano 2008, o entón Primeiro Ministro israelí Ehud Olmert propuxo a creación dun estado palestino soberano nun territorio equivalente (despois dos intercambios territoriais) ao 100% de Cisxordania e Gaza con servidume de paso entre as dúas porcións de terra ademais da capitalidade nos barrios árabes de Xerusalén. Pero aínda así Abbás rexeitou a oferta israelí. E desde entón negouse mesmo a manter negociacións.
"É o noso dereito lexítimo esixir o ingreso formal do estado de Palestina nas Nacións Unidas", anunciaba Abbás en Ramallah o pasado venres, "para pór fin á histórica inxustiza logrando a liberdade e a independencia, como os demais pobos do planeta".
Pero durante a maior parte do século, os árabes de Palestina dixeron constantemente que non en canto se lles presentaba a oportunidade de construír un estado propio. Dixeron que non no ano 1937, cando o goberno británico, que por entón gobernaba Palestina, propuxo dividir o territorio en estados árabe e xudeu independentes. Os líderes árabes volveron dicir que non en 1947, preferindo ir á guerra en lugar de aceptar a decisión das Nacións Unidas de dividir Palestina entre as súas poboacións xudía e árabe. Cando Israel ofreceu no ano 1967 renunciar aos territorios que lograra a cambio da paz cos seus veciños, a resposta oficial do mundo árabe, manifestada nun cumio celebrado en Jartún, non veu dunha maneira única senón por triplicado: "Non a paz con Israel, non ás negociacións con Israel, non ao recoñecemento de Israel".
En Camp David, no ano 2000, o Primeiro Ministro laborista de Israel Ehud Barak ofreceu aos palestinos un estado soberano que compartía o control de Xerusalén e incluía miles de millóns de dólares en compensacións aos refuxiados palestinos. Yasser Arafat rexeitou a oferta e volveu iniciar a mortal guerra terrorista coñecida como Segunda Intifada.
Non hai escaseza de pobos apátridas neste mundo desexosos dun país propio, grupos étnicos moitos deles con séculos e séculos de historia, lingua e cultura propia. Os kurdos, os tamiles, os saharauis e os tibetanos -ante cuxa procura infrutuosa dunha estado-nación o mundo faise o sueco- deben de atopar demencial contemplar á comunidade internacional devanarse os miolos no seu afán de proclamar, unha e outra vez, a necesidade dun estado palestino. E teñen que estar desconcertados coa negativa invariábel dos palestinos a dar un si por resposta.
Non hai ningún misterio, no entanto. A razón de ser do movemento palestino nunca foi a creación e a construción dunha patria palestina. Sempre foi a negación dunha patria xudía soberana. Esa é a razón de que as propostas sinceras "dunha solución de dous estados para dous pobos" nunca frutificasen, con independencia do seriamente que presidentes estadounidenses ou secretarios xerais das Nacións Unidas as propuxéran. Esa é a razón de que os estatutos non só de Hamás senón do supostamente moderado partido Al Fatah de Abbás sigan instando a "a loita armada" ate que "o estado sionista sexa demolido". E esa é a razón de que Abbás e o resto de líderes insistan en que o estado palestino sexa explicitamente árabe e musulmán, pero negándose inflexiblemente a recoñecer que Israel é o estado xudeu lexítimo.
O obxectivo do movemento palestino sempre foi a negación do estado xudeu. Al Fatah e Hamas teñen logotipos que con igual prominencia mostran armas cruzadas superpostas sobre o mapa de Israel.
"O nacionalismo palestino", dixo Edward Said nunha entrevista no ano 1999, "baséase en expulsar a todos os israelís" (1). Por desgraza, séguese baseando no mesmo.
A pasada semana, para dar o pistoletazo de saída á campaña que pretende o recoñecemento como estado nas Nacións Unidas, a Autoridade Palestina protagonizaba un desfile publicitado aos catro ventos até as oficinas das Nacións Unidas en Ramallah, onde entregouse un escrito destinado ao Secretario Xeral Ban Ki-moon. Os funcionarios elixiron a Latifa Abú Hmeid para encabezar a manifestación e entregar o escrito. "Foi elixida", informou o diario palestino Al-Ayam, "porque é o símbolo do sufrimento palestino como resultado da ocupación".
O que omitiu o xornal é que Abú Hmeid é a nai de catro asasinos, vástagos que cumpren un total de 18 cadeas perpetuas pola súa implicación en múltiples atentados terroristas. Segundo o colectivo Palestinian Media Watch, non é o único caso en que Abú Hmeid foi oficialmente distinguida. O ano pasado, a Autoridade Palestina concedíalle "o galardón da Resolución e a Xenerosidade" e un ministro eloxiaba publicamente as súas virtudes: "É ela quen deu a luz aos loitadores, e ela merece que lle gardemos respecto e honras".
Esta é a cultura grotesca e sanguenta que os líderes palestinos queren que Nacións Unidas declaren como estado de pleno dereito. O raro non é que fagan a petición, senón que haxa xente que crea que debería ser concedida.

Comentarios