Sheli Yejimovich
Unha ex xornalista, elixida nova líder laborista
É coñecida pola súa incansábel loita social na rúa e no Parlamento
É a primeira vez que unha muller encabeza o socialismo israelí desde Golda Meir
Por Sal Emergui desde Jerusalem
Mozos entusiasmados laboristas, vestidos de vermello, recíbena ao berro de "Estado de benestar!". É a nova líder da formación política que gobernou Israel durante as súas primeiras tres décadas. Sheli Yejimovich, unha brillante ex xornalista que apenas leva seis anos na política e coñecida polo seu activismo social, é a flamante Secretaria Xeral do Partido Laborista. A última e única muller que ocupara este cargo no pasado chamábase Golda Meir e acabou sendo a todopoderosa xefa de Goberno. Un posto que hoxe en día non está ao alcance da histórica formación da esquerda israelí que vive horas baixas. Tras unha segunda e intensa volta nas primarias, Yejimovich (51) dobregou, con nove puntos de diferenza, a Amir Peretz, ex ministro de Defensa e o dirixente sindical que no seu día a convenceuna para deixar os cómodos estudos de televisión e loitar por un escano máis no Parlamento. Seis anos despois e tras converterse en cordial inimigos, a alumna superou ao profesor. A súa misión é agora resucitar un partido ferido nas últimas eleccións (só 13 escanos) e case morto tras a decisión de escisión do seu líder Ehud Barak xunto a catro deputados. "Imos unir o histórico movemento laborista cos novos ventos da rúa. Así será o partido laborista. Loitaremos para facer un verdadeiro cambio na sociedade", dixo nas súas primeiras palabras como xefa do laborismo. Yejimovich engadiu: "A todos os que cren na ideoloxía laborista, do movemento que construíu o Estado, pídolles que se involucren nas actividades do partido. Chegou o momento de reconstruír o Estado de Israel baixo os principios de igualdade social, espírito socialdemócrata e responsabilidade cara aos cidadáns".
Negociacións de paz
Nunha primeira mensaxe ao primeiro ministro, Benjamin Netanyahu, que se atopa en Nova York nas sesións da ONU, díxolle: "Non te conformes cun grande e bonito discurso senón éncheo de feitos. Ofrece o recoñecemento do Estado palestino, á beira de Israel, mais que deberá sair dunhas negociacións. Non permitas o perigoso escenario dunha declaración unilateral dun Estado palestino".
O veredicto dos 66.310 militantes laboristas é consecuencia directa do verán israelí marcado polas masivas manifestacións contra a carestía da vida e unha maior igualdade social. Durante dous meses, os israelís saíron ás rúas por moitos das frontes (estado de benestar, loita contra privatizacións, etc...) que fixeron famosa a Yejimovich no Parlamento.
Os seus pais, de orixe polaca, sobreviviron ao Holocausto. Cunha importante carreira xornalística, Yejimovich foi unha das que máis apoiou o movemento a favor da retirada israelí do Sur do Líbano no 2000. Nunha das súas entrevistas máis polémicas, mostrouse moi comprensible coas colonias en Cisxordania. Posteriormente aclarou: "A miña postura ideolóxica a nivel político, social e económica é radicalmente diferente á do Goberno dereitista". Paradoxalmente o outro grande vencedor das primarias laboristas é Netanyahu xa que Yejimovich quitará moitos votos ao seu gran rival, a líder do partido centrista Kadima. Dúas mulleres que loitarán nos próximos comicios para liderar o bloque de centro esquerda que faga fronte a Netanyahu e os seus aliados do centro dereita.
Comentarios