Por que Palestina non terá relacións pacíficas con Israel?



Por Khaled Abu Toameh*

06/09/2011


A xulgar polas reaccións de moitos palestinos, esta semana, ante a decisión de Turquía de expulsar ao embaixador israelí e conxelar os contratos de seguridade con Israel, non parece que o futuro Estado de Palestina terá relacións pacíficas cos seus veciños xudeus. De feito a alegría que, moitos palestinos, pertencentes a diversos grupos políticos expresaron sobre a decisión de Turquía é un sinal que, nin aínda os votos das Nacións Unidas a favor dun estado palestino, a finais deste mes, a "solución de dous estados", vai traer paz, estabilidade e convivencia ao Medio Oriente. Como poden os palestinos ter relacións diplomáticas e pacíficas con Israel cando moitos chaman a Xordania e Exipto a que pechen as embaixadas de Israel en Amman e O Cairo e expulsen aos embaixadores?

A Autoridade Palestina está a dicir agora que, após a votación da ONU sobre a proposta de estado palestino, comezará a falar con Hamas e outros grupos, sobre a necesidade de celebrar eleccións presidenciais e parlamentarias nos territorios palestinos. Pero pode alguén dar garantías de que Hamas, ou un grupo máis radical, non gañará a votación? En xaneiro de 2006, moitos funcionarios da Autoridade Palestina e "expertos" occidentais, aseguraron aos estadounidenses e os europeos que Hamas nunca gañaría as eleccións parlamentarias. Abbas é moi consciente do feito de que o estado que está a buscar da ONU, só terá xurisdición sobre as áreas na Marxe Occidental que hoxe está sob o seu control. Ironicamente, sabe que o seu mini-estado non sería capaz de sobrevivir sen a axuda de Israel, que ten unha presenza de seguridade e civil na Marxe Occidental. En moitos sentidos, é esa presenza, neses territorios, a que mantén a Abbas no poder e impide que Hamas estenda o seu control máis aló da Franxa de Gaza.

Un estado palestino controlado por Hamas e os seus aliados servirá como plataforma de lanzamento para ataques contra Israel, sobre todo se a fronteira, entre Israel e Xordania, cae nas súas mans. Isto é exactamente o que ocorre na Franxa de Gaza desde 2007. Desde que Israel abandonou a fronteira, entre a Franxa de Gaza e Exipto, varios tipos de armas continúan fluíndo libremente cara á Franxa de Gaza. Aínda que non é difícil entender por que os palestinos máis radicais, incluíndo a Hamas e a Jihad Islámica, dan a benvida á decisión de Turquía e chaman a Xordania e Exipto a que faga o mesmo e corten relacións con Israel, non se pode ignorar o alto grao de hipocrisía na posición da Autoridade Palestina, cuxos representantes correron a expresar unha gran felicidade pola expulsión do embaixador israelí. Esa é a mesma Autoridade Palestina que leva a cabo a coordinación de seguridade con Israel e cuxos líderes portan cartóns VIP, emitidas polos israelís, que lles permitan viaxar con liberdade (privilexio negado aos palestinos comúns).

O xúbilo polas medidas de Turquía, mostra que, case dúas décadas despois da firma dos Acordos de paz de Oslo, os palestinos seguen considerando a Israel como un inimigo, non un socio para a paz. Os palestinos deberían tratar de convencer a Israel (e ao resto do mundo) que o seu futuro estado quere vivir en paz xunto a Israel e non busca deslexitimar, illar e castigar a Israel. Os palestinos radicais, que se opoñen á paz con Israel, non ocultan o seu desexo de buscar a destrución do Estado xudeu. Oponse a un estado nas liñas anteriores a 1967, porque queren "liberar toda Palestina, desde o mar até o río Jordán". Din, abertamente que, mesmo se se establece un estado palestino na Marxe Occidental, a Franxa de Gaza e Xerusalén Oriental, continuarán a "loita armada" contra Israel ate que alcancen todos os seus obxectivos, primeiro e principal; a destrución de Israel.

Un estado palestino, en realidade, podería facilitar a súa misión, en especial, se chegan ao poder, xa sexa a través de eleccións libres ou mediante a violencia, como foi o caso na Franxa de Gaza. Por tanto, sería recomendable que o Presidente da AP, Mahmoud Abbas, non repetise o mesmo erro que cometeu en 2006, cando insistiu na celebración de eleccións, ignorando as advertencias dalgúns palestinos que, a súa facción Fatah, infestada de corrupción e desacreditada, estaba condenada a perder. Dando a benvida á decisión de Turquía e instando a outros países para castigar a Israel, os palestinos envían a mensaxe equivocada aos israelís - unha mensaxe que indica claramente que Palestina sería un veciño hostil.

* Khaled Abu Toameh é un xornalista árabe-israelí

Comentarios