Israel e Catalunya acordan establecer un acordo de colaboración

A vicepresidenta Joana Ortega co viceprimeiro ministro de Israel, Silvan Shalom



Catalunya e Israel acordan iniciar os traballos para establecer un gran acordo de colaboración en investigación e desenvolvemento.


A vicepresidenta do Govern da Generalitat reuniuse onte á tarde co presidente executivo (MATIMOP) da Axencia Nacional de Investigación e Desenvolvemento de Israel, Michel Hivert.


Joana Ortega participa estes días na primeira conferencia internacional para a Cooperación Económica Rexional a Tel Aviv. Onde acordou iniciar de inmediato os traballos para establecer un gran acordo de colaboración en investigación e desenvolvemento. Joana Ortega está acompada polo Director Xeral de Relacións Exteriores, Salvador Sedó. MATIMOP é a axencia estatal de Israel para a investigación e o desenvolvemento, e coordina a cooperación industrial en materia de alta tecnoloxía entre Israel e a comunidade internacional. Así mesmo, é o principal centro tecnolóxico en Israel. A Axencia Nacional de Investigación e Desenvolvemento do Goberno de Israel apoia ás empresas no desenvolvemento e implementación de novas tecnoloxías, produtos e servizos, que comportan un elevado risco e custo para a empresa. A vicepresidenta do Govern expresou o gran interese do goberno catalán "no modelo de investigación que esta axencia desenvolve" e "en como Israel aplica a tecnoloxía á industria". Do mesmo xeito, Joana Ortega trasladou a Michel Hivert a vontade de principiar traballos de cooperación en ámbitos como o biomédico, a agricultura, a tecnoloxía e a xestión da auga. Segundo a vicepresidenta do Govern "o obxectivo final é, dinamizar a economía catalá, que o mercado se internacionalice e crear postos de traballo de calidade". ACC1Ó colabora con MATIMOP dende hai 6 anos en actividades comúns dentro do marco da rede da Unión Europea: Enterprise Europe Network, e anteriormente da rede Innovation Relay Centers, que fomentan a cooperación en materia de transferencia tecnolóxica en máis de 40 países. Durante este ano, ACC1Ó organizará a misión CONNECT-Israel, que terá lugar desde o 28 de novembro ao 2 de Decembro, no ámbito da cooperación tecnolóxica no sector TIC-Media.


Reunión co viceprimeiro-ministro do Goberno de Israel


Do mesmo xeito, a vicepresidenta do Govern reuniuse co viceprimeiro ministro do Goberno de Israel, Silvan Shalom, a quen trasladou a experiencia de Catalunya en cooperación transfronteiriza. Así, Joana Ortega ofreceu ao mandatario israelí "a capacidade de cooperación que temos en Catalunya, avalada por unha longa traxectoria transfronteiriza desde o ano 1983". Joana Ortega explicou ao viceprimeiro ministro que "o elemento crave da cooperación transfronteiriza é a existencia de problemas comúns a ambos os dous lados da fronteira". Esta estratexia, dixo, "é eficaz e útil polos retos da vida cotiá dos cidadáns".


Conferencia internacional para a Cooperación Económica Rexional


A vicepresidenta Joana Ortega, acompañada polo director xeral de Relacións Exteriores, Salvador Sedó, asistiu estes días á primeira conferencia internacional para a Cooperación Económica Rexional a Tel Aviv, "Economic cooperation as a factor for prosperity and stability". A conferencia foi organizada polo Ministerio de Cooperación Rexional de Israel co obxectivo de pór en valor a importancia da cooperación para incrementar a estabilidade rexional, a procura da paz e a prosperidade na zona. Na conferencia participaron representantes dos gobernos europeos, representantes de organizacións internacionais, ONG, entre outros. Precisamente no marco da conferencia e da viaxe, a vicepresidenta do Govern mantivo varios contactos institucionais co ex primeiro ministro británico, Tony Blair; con embaixador español en Israel, Álvaro Iranzo; co Patriarca Latino de Xerusalén, Fouad Twal, e con representantes dA organización Young Men´s Christian Association.


A cooperación transfronteiriza de Catalunya
A Comunitat de Traballo dels Pirineo (CTP) naceu o ano 1983 entre 4 comunidades autónomas españolas (Aragón, Catalunya, Euskadi e Navarra), 3 rexións francesas (Aquitania, Languedoc-Rosselló e Mediodía-Pirineo) e Andorra. Este organismo foi creado para promover o desenvolvemento e protexer os Pireneos, zona montañosa que separa ambos os países. O ano 2004 naceu a Eurorexión Pirineo-Mediterránea. Foi establecida coma un programa de cooperación entre os territorios españois de Catalunya, Illas Balears, Aragón e entre os territorios franceses de Languedoc-Rosselló e Midi Pyrénées. Este grupo traballa para a promoción socioeconómica de todo o territorio e tamén actúa como lobby rexional nas institucionais europeas. Actualmente Catalunya preside este organismo. Catalunya participa en moitos proxectos euromediterraneos cos seus homólogos do sur do Mediterráneo. Un destes programas é o CBC -Cuenca Mediterránea, da Iniciativa Europea de Veciñanza e Asociación (IEVA). Estes proxectos teñen por obxecto reforzar a cooperación entre os estados membros e os países socios ao longo da fronteira exterior da Unión Europea.
Neste mesmo senso, Catalunya é tamén un membro activo da Comisión Mediterránea na Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas e da Asemblea Euromediterrània Rexional e Local Euromediterrània (ARLEM). A vicepresidenta do Govern deixará Israel mañá venres para poder asistir á reunión semanal do Consell Executiu.


http://premsa.gencat.cat/pres_fsvp/AppJava/notapremsavw/detall.do?id=120507&idioma=0


Comentarios