Golda Meir pediu no 1944 o bombardeo de Auschwitz


Diversos investigadores atopan evidencias de que Golda Meir, a futura primeira-ministra de Israel, tentou persuadir ao goberno dos Estados Unidos para bombardear o campo de extermínio de Auschwitz.
O 3 de setembro de 1941 os nazis asasinaron con gas a 850 prisioneiros en Auschwitz. E durante os tres anos seguintes 1,75 millóns de prisioneiros, a inmensa maioría xudeus, foron asasinados nas cámaras de gas deste campo da morte. En 1944 moitos líderes xudeus pediron á administración Roosevelt para que fosen bombardeadas os camiños de ferro que conducían ao campo, ou incluso o propio campo, para que deter a matanza. O que non era coñecido até agora é que un daqueles que pediron o bombardeo foi unha moza líder sionista na Palestina que máis tarde convertiríase na máis primeira-ministra de Israel: Golda Meir. Investigadores do Instituto David S. Wyman Para Estudos Sobre o Holocausto, con sede en Washington-DC descubriron recentemente documentos en arquivos americanos e israelís que revelan o papel de Meir na controversia sobre o bombardeo. Un informe sobre "Golda Meir e a campaña para que os aliados bombardeasen Auschwitz" foi publicado polo Dr. Rafael Medoff, director do Instituto Wyman e que foi divulgado a través do www.wymaninstitute.org

Os documentos foron fornecidos para o Fondo de Educación Tali en Israel para súa inclusión nos informes que serán publicados en breve sobre as relacións Israel - Diáspora sob o título "Amigos do outro lado do océano". O informe será utilizado en 90 escolas públicas de Israel con 40.000 estudantes, como parte dunha nova énfase do ensino para o incremento da responsabilidade dos xudeus en Israel e no exterior para a solidariedade mutua. O Prof. Henry Feingold, autor do "A Política do Rescate: A Administración Roosevelt e o Holocausto, 1938-1945" e o presidente emérito dos Sionistas Laboristas da América fixeron a seguinte declaración ao Instituto Wyman:

"Estes documentos achegan unha nova luz sobre os esforzos dos Sionistas Laboristas da Europa e da Palestina sobre o bombardeo de Auschwitz. Esta información ten que ser incluída en relación aos actos da resposta xudia ao xenocidio nazi. Na década de 1940, Meir, coñecida como Goldie Myerson, era unha alta funcionaria da Histadrut, a poderosa federación sindical xudia na Palestina sob o mandato británico. Ela e seus compañeiros recibiron moitas e angustiantes mensaxes de seus compañeiros Sionistas Laboristas na Europa sobre as atrocidades nazis".

Os autores de tales mensaxes localizadas polo Instituto Wyman se describiron como estando "separados de vós por un mar de sangue e de continentes con pilas de cadáveres". Nun troco de correspondencia descuberta polo Instituto Wyman, Meir en xullo de 1944 enviou unha das mensaxes europeas ao representante da Histadrut nos EUA, Israel Mereminski, cun chamamento para que pedise ás autoridades dos EUA para que "bombardeasen Oswienzim (Auschwitz) e os convois dos trens que transportaban os xudeus" para o campo da morte. O chamamento de Meir foi tamén asinado por outro membro da Histadrut, Heschel Frumkin.

Mereminski respondeu que contactou o Consello de Refuxiados de Guerra do goberno dos EUA que entón enviaron ás "autoridades competentes" a petición Meir-Frumkin para a "destrución das cámaras de gas, crematorios e o que fose necesario"

Na edición de agosto de 1944 da Jewish Frontier, o xornal sionista publicado nos EUA. foi presentado un editorial sen sinatura pedindo polo "bombardeo dos aliados contra os campos de morte e as estradas que conducían a eles..."

O editorial foi bastante pouco común, case todas as peticións para o bombardeo dos campos de extermínio foron feitas a través de canles privadas. Aínda que non se saiba se Mereminski escribise editoriais para o Jewish Frontier el foi unha figura importante dos Sionistas Laboristas para as actividades sionistas na América e que mantiña contactos estreitos cos editores do xornal; parece probábel que os seus contactos con Meir, Frumkin e co Consello de Refuxiados de Guerra nesta cuestión desempeñaron un papel importante para a publicación deste editorial.

Os líderes xudeus que pediron o bombardeo de Auschwitz, invariabelmente recibían unha resposta-padrón do Secretario Adxunto da Guerra John McCloy, alegando que era "impraticábel" porque esixiría o "desvío de apoio aéreo considerábel que era esencial para o logro de nosas forzas que estarían envolvidas en operacións decisivas". A investigación do Prof. David S. Wyman revelou máis tarde que, en 1944 os avións dos EUA repetidamente bombardearon albos alemáns preto de Auschwitz - algúns deles a menos de oito quilómetros das cámaras de gas e, por tanto non habería un "desvío" para atacar as instalacións de asasinato en masa.

Comentarios