O entendemento é clave para un futuro de dous estados para israelìes e palestinos




Por Lorna Fitzsimons


25 de agosto 2011
.

Moitos desilusionáronse coa idea dunha solución negociada de dous Estados (para israelís e palestinos). Cren que resulta inalcanzábel un acordo e que, os dous pobos, son incapaces de asumir os compromisos necesarios. Están a facer un chamado á claudicación da paradigma de dous Estados, ou a que a Comunidade Internacional impoña unha solución ante Nacións Unidas. Algúns, mesmo, pensan que o conflito pode ser resolto a través do boicot contra Israel, co fin de intimidalo para que acepte todas as demandas dos palestinos. Pero aqueles que perderon a fe nunha solución negociada de dous Estados para dous pobos están subestimando a capacidade de palestinos e israelís de ver máis aló dos seus actuais desacordos e imaxinar un futuro compartido mellor. Un acontecemento recente, facilitado por Bicom, puido ilustrar esta situación. Organizamos unha mesa redonda de debate, inusual en Israel para un grupo de mozos profesionais de medios de comunicación do Reino Unido. Os disertantes - convidados eran un novo líder do Partido Likud de centro-dereita de Tel Aviv (Israel) e un mozo activista palestino do Partido Fatah en Ramallah. Ambos tiñan unha historia inusual para contar.


Coñecéronse dentro do contexto dun foro auspiciado internacionalmente para novos líderes, israelís e palestinos. A pesar dos seus relatos persoais e nacionais, profundamente arraigados e firmemente opostos, lograron establecer unha profunda amizade, visíbel na calidez que demostraba o un cara ao outro. Durante o debate, cada un falou sobre o conflito desde a súa propia perspectiva; as súas versións da realidade actual e de como chegamos até aquí eran duramente diferentes. Pero ningún discutiu co outro. Escoitáronse, con respecto, a historia de cada un. O activista do Likud falou en nome dos dous, cando se dirixiu aos participantes británicos, "Non espero que a outra parte acepte a miña versión dos feitos, pero é importante que cada un aprenda a entender como ve, a outra parte, a situación. Sobre esta base, podemos construír un futuro compartido". Esta é a clave para resolver o conflito. Ambas as partes teñen inquedanzas centrais estratéxicas que necesitan ser reconciliadas. Ningunha vai abandonar o seu relato nacional ou o seu reclamo de autodeterminación. O que estas dúas persoas aprenderon, tras coñecerse, é que o conflito non pode resolverse mentres unha parte forza á outra a aceptar os seus reclamos. O único xeito de resolver o conflito é se cada parte logra comprender os reclamos da outra e atopan camiños para reconciliar as demandas disputadas a través do diálogo e a negociación. Iso requirirá unha considerábel flexibilidade e concesións difíciles para ambos. Pero esas concesións poden ter lugar se os líderes de ambas as partes poden convencer aos seus pobos que, o acordo, representa a mellor opción dispoñíbel.


Un importante ex negociador israelí díxome: "Tes que pensar no discurso da vitoria da outra parte". Noutras palabras, a paz non pode ser a todo ou nada. Para poder alcanzar un acordo de status definitivo, cada parte necesita pensar en como o seu interlocutor venderá o acordo aos seus concidadáns. Os líderes de ambas as partes deben ser quen de establecer unha visión para un futuro post-acordo, que será mellor para os seus fillos que as cousas tal como están agora. Desde a miña longa experiencia en relación a Israel, aprendín que a gran maioría dos israelís estarían dispostos a apoiar o establecemento dun Estado palestino en Gaza e a Marxe Occidental. Iso está sistematicamente confirmado polas enquisas de opinión. Con todo, só poden convencerse sobre o acordo se os seus principais requisitos son cumpridos a cambio. En esencia, a cambio de abandonar o control, por parte de Israel, dos territorios ocupados, os palestinos deben renunciar ao seu reclamo territorial naquilo que hoxe é Israel. Isto significa que non pode haber un retorno masivo de refuxiados palestinos a Israel. Esta é a razón pola cal o intento palestino que as súas reclamacións sexan apoiadas polas Nacións Unidas non só está mal canalizado, senón que resultan perigosos. A fin de que as negociacións teñan maiores posibilidades de éxito, ambas as partes precisan acompañalas coas mínimas restricións posíbeis. Cada parte traerá peticións e reclamacións, pero deben estar preparados para moderalos. Se Nacións Unidas apoia posturas palestinas maximalistas e unilaterais, fará que lles resulte moito máis difícil comprometerse ao redor dunha mesa de negociacións.


Ademais de complicar as futuras negociacións, o liderado palestino está, entre o seu pobo, xerando expectativas que non coincidirán co cambio real no lugar. Os dous Estados seguen sendo a única solución imaxinábel que equilibra as necesidades de israelís e palestinos. A Comunidade Internacional debe promover unha contorna que faga que, a solución negociada de dous Estados para dous pobos, sexa máis probable. Deben evitar os pasos ante Nacións Unidas que farán aínda máis difícil, para cada unha das partes, chegar a acordos dolorosos pero necesarios no futuro.

Comentarios