Deixemos de laiarnos


Por Alexander Goldenstein
YNET - 12.08.2011
.
Durante bastante tempo quixen escribir acerca de por que os meus amigos e mais eu non imos ás manifestacións. Despois de ler no xornal financeiro "Calcalist" sobre unha parella de artistas que viven en Tel-Aviv e por nada do mundo queren moverse até a periferia de Bat Yam e Holon, decidinme a explicar por que os mozos de 30 e tantos anos coma min, e que experimentamos de primeira man as dificultades de vivir aquí, non nos unimos ás protestas. Son xornalista, o redactor xefe adxunto dunha web en idioma ruso moi influinte. Como a gran maioría dos xornalistas, non teño unha educación técnica, por tanto, só podo soñar cos salarios e prestacións dos enxeñeiros e programadores. Financieramente, a miña situación é moi normal. Nada máis, por desgraza. No artigo de "Calcalist" antes mencionado, esa parella de artistas-actores, os cales viven cos seus dous fillos nun apartamento de 100 metros cadrados situado onde a Praza Rabin, queixábanse da súa sorte. É difícil para eles. Israel é caro. E o goberno non a axuda, e eles son grandes artistas, e seguro que nos Países Baixos, por ser quen son, estarían bastante máis subvencionados. E os custos do coidado dos nenos, nada menos que 3.000 NIS (aproximadamente uns 500euros) ao mes. E así sucesivamente, chorando e lamentándose. E que non, que eles mesmos aseguran que non estarían dispostos a trasladarse a Bat Yam e Holon, que desde logo non son para eles.

Que impide a estes artistas de Tel-Aviv enviar aos seus fillos aos centros de atención da WIZO ou Naamat, que custan a metade da cantidade que mencionan? Por que lles resulta imposible vivir, non á beira da Praza Rabin, senón 10-15 km máis ao leste, en Petaj Tikva, ou cara ao sur, en Bat Yam? Por que o goberno non lles subvenciona como cómpre, a pesar de que fosen eles mesmos quen elixiron libremente a súa profesión?

Eu agora vivo en Bat Yam. Antes diso vivín en Holon, no marabilloso barrio de Kiriat Ben Gurion, durante tres anos. Alugue un apartamento de dous dormitorios bastante amplo pero moi vello (con todo o que iso conleva) por uns 3.200 NIS (ao redor duns 600 euros) ao mes, e realmente non era pouco diñeiro. Eu non estou a pedir ao Estado de Israel que me subvencione, porque para un home san buscar asistencia soa algo patético, polo menos para min, e ademais, decidín converterme nun xornalista. A quen podo culpar, se se trataba da miña libre elección e sabía que non vou gañar tanto como a xente que se dedica con éxito á alta tecnoloxía?

Os meus amigos e eu non asistimos ás manifestacións sociais, e iso aínda que tamén a vida resulta dura para nós. O meu coche custa o dobre que en Alemaña ou en España. Os queixos franceses e británicos custan no supermercado de tres a cinco veces máis. A vivenda é super cara, do mesmo xeito que o é o combustible. A cervexa nun bar custa case catro veces máis cara que en Praga. Está claro que temos que facer cambios. Con todo, non imos ás manifestacións. Por que?

Porque pensamos que os israelís se converteron en demasiado malcriados e consentidos. En todo o mundo as economías están a derrubarse. En Grecia, España, Italia, Portugal, Irlanda e outros moitos países se desmoronan. E aquí eses mesmos artistas queren que sigamos o camiño das economías fracasadas. Queren vivir no centro-centro-centro de Tel Aviv, queren comprar na tenda próxima ao seu apartamento e non nun supermercado máis barato que está algo máis lonxe, queren sentar nos seus cafés e bares e que todo vaia ben. Eles esqueceron o significado da modestia, e o que é peor, esqueceron o significado da responsabilidade. Eles queren que o Estado coide deles, non queren asumir a responsabilidade do seu destino. Do mesmo xeito que na fermosa canción de Queen, "quéreno todo e quéreno agora". Creo que debense realizar cambios graduais, aínda que polo momento teña que pagar por un vello apartamento en Bat Yam o mesmo prezo que por un apartamento no centro de Berlín ou Boston. Quero que a economía israelí cambie, pero non quero destruír os seus cimentos. Quero reducir a carga dos impostos indirectos. Quero reducir o poder dos magnates e dos monopolios para así abrir o mercado á competencia real. Pero eu non quero cortar a árbore enteira, só desexo que se poden certas ramas.

Por último, pero non menos importante, gustaríame que a xente deixase esta tolemia das compras. Que deixen de consumir como porcos. O noso capitalismo baséase en persoas como eles, como esa xente que non sabe cando parar, esa que non pode deixar de comprar un iPhone a unha nena de nove anos, ou esoutra que non pode deixar de vivir no lugar máis caro do país só porque é mais fresco e cómodo, ou esoutros que xa queren vivir pola súa conta porque "xa teñen 20 anos", aínda que logo non teñan a posibilidade real de pagar o aluguer e a matrícula da universidade. Non se preocupen, vostedes poden vivir cos seus pais dous ou tres anos máis. E hai que deixar claro á xente que ao que queira ser pintor, escultor ou actor non se lle pode garantir o salario dun enxeñeiro de software. En poucas palabras, quero que asuman a responsabilidade das súas vidas.

Comentarios