O recoñecido escritor israelí afirmanunha entrevista no xornal francés Liberation que os países árabes non teñen demostrado ningunha boa vontade para con Israel "así como nós tampouco temos demostrado esa intención en relación a eles".
David Grossman non ten fe nas boas intencións dos países árabes, dacordo cunha entrevista que concedeu o mes pasado para o xornal francés Liberation. "Os xudeus son unha minoría no Oriente Medio e, por tanto eu non defendo o pacifismo nin suxiro non posuír un exército forte" Grossman manifestou nunha entrevista a propósito da edición en lingua francesa do seu libro "To the End of the Land (Até os Confins do País, en tradución libre)". Grossman afirma en Liberación que os países árabes non teñen demostrado boa vontade para con Israel "así como nós non temos demostrado esa intención en relación a eles" engadiu: "Por iso precisamos dun exército forte, mais non do tipo que sexa o único medio que nos manteña aquí. Iso transformaría o exército nun medio en si mesmo, ao contrario de ser unha ferramenta que aseguraría unha vida mellor". "Supoño que se puidermos superar os obstáculos no camiño para a paz, teríamos unha oportunidade de desenvolver relacións de boa veciñanza. Non hai unha certeza que os israelís e palestinos se tornaran namorados un polo outro, ao final as nacións non están feitas para amaren unhas ás outras" continuou Grossman. "Se a paz nos permite recoñecer a linguaxe e as paisaxes dos outros, talvez unha correcta especie de simpatía apareza, ainda que o proceso leve moitos anos". "Trátase dun proceso difícil acompañado por concesións dolorosas que despertarán extremistas de ambos os lados, que farán todo o posíbel para matar a paz recen-nacida" afirmou ao diario francés. Na súa entrevista para Liberation o escritor israelí afirma que o mundo se sorprendería de como os israelís e palestinos serían quen de traballaren xuntos para levar unha vida normal se houbese a paz. "Eu podo imaxinar o que sería para os palestinos non viviren so a sombra de Israel, de crearen os seus fillos sen medo, de vivir con dignidade" dixo. Noutras noticias relacionadas con Grossman a Casa Branca anunciou que entre o material de lectura que o presidente dos USA Barack Obama levou nas súas vacacións coa familia para Martha´s Vineyard en Massachusetts, estaba a edición en lingua inglesa do libro de Grossman "To the End of the Land".
Comentarios