As carpas de protesta das cidades de Israel son un deleitable rexurdimento da fraternidade mutua


Por Amos Oz
Haaretz - 01.08.2011

.
Resulta profundamente conmovedor ver aos veteranos de todas as xeracións, que durante anos foron unha voz clamando no deserto, pasar o tempo nas carpas dos mozos, que sabiamente están a liderar a nova protesta. Israel nunca foi un estado igualitario. Pero no seu apoxeo, foi máis igualitario que a maioría dos estados do mundo. A pobreza non foi intensa e a riqueza non foi ostentosa, e a responsabilidade social cara aos pobres e necesitados foi exhibida non só no plano económico senón tamén a nivel emocional. No Israel anterior, aqueles que traballaban - e case todas as mulleres e homes traballaban moi duro- podían chegar a ter unha vida modesta pero respectable para eles e as súas familias. Os novos inmigrantes, os ocupantes dos campamentos de inmigrantes todos recibiron educación pública, servizos sanitarios e vivenda. O xuvenil, o pobre Israel foi un experto emprendedor social. Pero todo iso foi destruído nos pasados 30 anos, cando os gobernos do gran capital estimularon e enfervorizaron as leis da xungla económica de poder botar man a canto se poida.

A protesta invadindo as rúas e prazas de Israel, deixou hoxe en día de ser meramente unha protesta debido á angustia da vivenda. O centro desta protesta é a afronta e a indignación que causa a indiferenza do goberno ante o sufrimento da xente, a dobre moral en contra da poboación activa e a destrución da solidariedade social. Os conmovedores espectáculos das carpas estendéndose a través das cidades de Israel, dos médicos protestando en defensa da sanidade pública, son en si mesmos un deleitable renacemento da fraternidade mutua e o compromiso. Despois de todo, o primeiro que os manifestantes están a dicir, mesmo antes que "xustiza social" e "abaixo o goberno", é: "Nós somos irmáns".

Os recursos necesarios para o restablecemento de xustiza social en Israel están localizados en tres lugares:

-En primeiro lugar, os miles de millóns que Israel investiu nos asentamentos, que son o erro máis grande labor na historia do estado, así como a súa maior inxustiza.

-En segundo lugar, as sumas xigantescas canalizadas cara ás yeshivot ultra-ortodoxas, onde crecen xeracións de vagos ignorantes, cheos de desprezo cara ao estado, á súa xente e á realidade do século 21. E en terceiro lugar, e quizais a máis importante, o fervente apoio do goberno de Netanyahu e os seus antecesores a favor do irrefreable enriquecemento de diversos magnates e os seus colegas, a expensas da clase media e os pobres.

Non esquezamos de onde procede a riqueza que se envorca nos asentamentos, as yeshivot ultra-ortodoxas e nas contas dos magnates. Vén do traballo e o talento creativo de millóns de israelís que portan sobre as súas costas un milagre económico inigualable dun estado, pobre en dons naturais (non comezamos aínda a contar co gas natural), e rico en recursos humanos. Nin os partidos políticos nin as veteranas organizacións da oposición xeraron esta protesta. Naceu da devoción e entusiasmo de centos e miles de mozos que arrastraron ao seu paso á mellor xente do país. Resulta profundamente conmovedor ver aos veteranos de todas as xeracións, que durante anos foron unha voz clamando no deserto, pasar o tempo nas carpas dos mozos, que sabiamente están a liderar a nova protesta. E xente coma min, que protestaron durante moitos anos contra a política dos gobernos de Israel, abraza a esta nova xeración, que excede ás anteriores, con afecto e admiración.

Comentarios