Setembro









Por Daniel Schwarz

Semana.il

O muro de illamento que rodea a Israel na ONU non vai reducirse nin un só centímetro, mesmo se Canadá, Alemaña e, por suposto, EE.UU e Micronesia votan en contra da declaración dun Estado palestino. Barack Obama, quen se mostra interesado en reducir rapidamente a súa presenza militar fóra de EE.UU, sabe que toda acción en favor de renovar as negociacións entre Israel e a Autoridade Palestina exclúe a necesidade dunha intervención militar na rexión. Nas capitais europeas -en especial entre os membros da OTAN, avergoñados polo seu fracaso en Libia-, un enfrontamento diplomático con Israel ante a falta de iniciativa serve como compensación do seu orgullo ferido. A mesma comunidade internacional, cuxa pésima situación ficou ao descuberto ao non tentar nin sequera pór fin ao masacre de cidadáns en Siria, pode por conseguinte consolarse cunha demostración de afecto cara aos palestinos, mentres lanza con vehemencia as súas duras críticas e acusacións en contra de Israel. Mesmo se Israel cumpre cabalmente o seu obxectivo diplomático e logra o respaldo "dunha maioría moral de 30 grandes estados" que non apoiarán a declaración unilateral dun Estado palestino na ONU, o conflito palestino-israelí seguirá encabezando a axenda da política exterior norteamericana e europea ao día seguinte. A comunidade internacional non deixará de atacar a Israel, e o muro de illamento que o rodea na ONU non vai reducirse nin un só centímetro, mesmo se Canadá, Italia, Alemaña e, por suposto, EE.UU e Micronesia votan en contra da declaración dun Estado palestino en setembro. Sumar o voto negativo ou a abstención de Bulgaria e Romanía certamente non cambiará o feito de que Israel é considerado como responsábel directo da sabotaxe da continuación das tratativas. Na ONU saben moi ben que tal acción unilateral non terá ningunha utilidade real para a Autoridade Palestina. Diplomáticos occidentais que simpatizan coa causa israelí afirman que os argumentos que están a presentar aos seus colegas para rebater o apoio á declaración son ben recibidos. Segundo eles, compréndese a denuncia israelí de que unha medida deste tipo non fai máis que socavar o espírito de acordos como os de Oslo, o acordo provisional de 1995 e a Folla de Rutas. Con todo, na análise final, a tese do contra-argumento é que, a falta dunha iniciativa diplomática por parte de Israel, non queda outra que apoiar unha declaración unilateral. Diversas fontes aseguran que Gran Bretaña e Francia aínda non adoptaron unha decisión final en canto á súa votación. Filtracións recentes afirman que votarán a favor e que teñen a intención de presionar a Israel.

.
EE.UU e Europa seguramente tomarán unha decisión final con respecto ao modelo de actuación en materia diplomática antes da votación de setembro logo da recente reunión do Cuarteto en Washington que concluíu sen unha proposta de consenso para impulsar as conversas entre as partes. Netanyahu debería aproveitar dita reunión para executar un movemento audaz: Israel podería informar que votará a favor se o presidente da AP, Mahmud Abbás, se compromete a coordinar a redacción da declaración que presentará na ONU por adiantado cos representantes do Cuarteto. Se Abbás se opuxese, Israel absterase, ou ben, ausentarase da votación, pero Obama e os demais membros do Cuarteto poderían presentar o xesto israelí como unha oferta imposíbel de rexeitar por parte da AP, e como base para renovar as negociacións. Lamentablemente, iso non vai coa visión de Netanyahu. Se Bibi utilizase as mesmas enerxías de lobby que inviste para logar o voto negativo ou a abstención dos países durante a votación de setembro nun esforzo por concibir unha fórmula que logre convencer finalmente á Autoridade Palestina de que retome as conversacións, non chegaría a unha situación na que "unha honorable derrota" sexa considerada por el como un éxito.

Comentarios