Unha nova enquisa revela a verdadeira causa do conflito israeli-palestino
Por Evelyn Gordon
Commentary
.
.
Velaquí unha enquisa que non reproduciran os xornais occidentais, xa que pon ante os ollos a verdadeira causa do conflito palestino-israelí, pondo de relevo un incómodo dilema: interrogados os enquisados palestinos se estaban dacordo coa declaración do presidente Barack Obama de que "deberían existir dous estados: Palestina como a patria do pobo palestino e Israel como a patria do pobo xudeu", só o 34% dixo que si, mentres que 61% non estivo dacordo.
Por outra banda, un 66% afirmou que o obxectivo dos palestinos non debe reducirse a unha solución permanente de dous Estados, senón que dita solución só deber ser unha etapa intermedia no camiño cara ao obxectivo final: un único Estado palestino en todo o territorio entre o río Jordán e o Mar Mediterráneo -un obxectivo que explica amplamente a súa oposición a recoñecer a Israel como a patria dos xudeus-.
Esta foi unha enquisa seria, realizada polo sociólogo estadounidense Stanley Greenberg e polo Beit Sahour Palestinian Center for Public Opinion a través de entrevistas cara a cara en árabe con 1.100 adultos en Cisxordania e Gaza. E os resultados non fan máis que empeorar o que se esperaba. Como informa Jerusalem Post:
"Consultados sobre o destino de Xerusalén, o 92% dixo que debería ser a capital de Palestina, un 1% dixo que a capital de Israel, un 3% a capital de ambos, e un 4% unha cidade internacional neutral.
O 72% negou os miles de anos de historia xudía en Xerusalén, o 62% apoiou o secuestro soldados do IDF e mantelos como reféns, e o 53% apoiou as cancións e textos que ensinan a odiar aos xudeus nas escolas palestinas.
Cando se lles leu unha cita da Carta de Hamas sobre a necesidade de que se organicen batallóns armados procedentes do mundo árabe e islámico para derrotar aos xudeus, o 80% estivo dacordo. O 73% estivo ademais dacordo cunha cita da Carta (e un hadiz ou tradición atribuída ao profeta Mahoma) sobre a necesidade de matar aos xudeus cando se escondan detrás das pedras e as árbores".

Todos estes resultados contradin a crenza aceptada de que a raíz do problema é a "ocupación" por parte de Israel de Cisxordania e Gaza, e así con que só Israel abandonase os asentamentos alí instalados (inexistentes xa en Gaza), a paz estalaría esa mesma mañá. Pero o caso é que retirarse de Cisxordania e Gaza non servirá de nada se os palestinos non aceptan a existencia dun Estado xudeu baixo calquera tipo de fronteiras, e ven a solución de dous estados como un mero chanzo cara ao obxectivo final da erradicación de Israel -tal como prescribía o famoso plan por etapas da OLP de 1974, que pedía o establecemento dunha "autoridade nacional palestina" en todo o territorio dispoñible, e logo utilizalo como unha base ou trampolín para "completar a liberación de todos os territorios palestinos" -. Parece que para a maioría dos palestinos, case 20 anos despois de conversacións de paz, non cambiaron este obxectivo final. Esta é por tanto a raíz real do conflito e foino desde que Gran Bretaña apoiou primeiramente un "fogar nacional para o pobo xudeu" na Declaración de Balfour de 1917. É por iso que ningún líder palestino foi quen de dicir "si" a calquera oferta de Israel -e nunca estará na medida de facelo, sen importar o grao de melloría da oferta -, a menos que a raíz do conflito sexa superada. Mentres a comunidade internacional non recoñeza esta realidade e siga se querer traballar para cambiar a opinión pública palestina, o "proceso de paz" seguirá sendo un mero esforzo inutil.
Tirado de Safed-Tzfat
Comentarios