Familias xudías agardando fóra das súas casas nunha rúa do barrio xudeu de Jerusalén a seren evacuadas polas tropas árabes (xuño de 1948) - foto John Phillips
Estado no que quedou esa mesma rúa do barrio xudeu de Jerusalén tras o saqueo e destrucción polas tropas árabes (xuño de 1948) - foto John Phillips
.
.
Por Benny Morris
National Interest
Un hadith ben coñecido (un dito do profeta Mahoma aceptado polos musulmáns como unha sentenza canónica e de peso), en relación coa posíbel batalla final entre musulmáns e xudeus, di o seguinte: "O Profeta... di: 'A hora do xuízo non virá ate que os musulmáns combatan aos xudeus e os maten, polo que os xudeus esconderanse detrás de árbores e rochas, e entón cada árbore e rocha gritará: "Oh musulmán, oh servo de Aláh, hai un xudeu detrás de min, ven e mátao".
Este hadith cítase na Carta (ou Constitución) Fundacional de Hamas de 1988, a organización fundamentalista palestina que controla a Franxa de Gaza e gañou no 2006 as eleccións xerais palestinas.
E o contido dese hadith recibiu a semana pasada a aprobación dun 73% dos palestinos nunha enquisa realizada conxuntamente pola organización estadounidense Stanley Greenberg, polo Centro Palestino para a Opinión Pública, con sede en Beit Sahur, en Cisxordania, e por Israel Proyect, unha organización que promove a paz internacional sen fins de lucro. Este achado baséase nas longas entrevistas que mantiveron con 1.100 adultos palestinos en Cisxordania e a Franxa de Gaza. Ao redor do 80% dos enquisados coincidiron en que era o deber de todos os musulmáns participar na yihad para erradicar a Israel.
A enquisa tamén atopou que o 61% dos palestinos rexeitaban a formula de Estados Unidos e Israel para unha solución do conflito baseada na existencia de "dous Estados para dous pobos", un para o pobo árabe e o outro para o pobo xudeu. Só o 34% dos palestinos entrevistados apoiaron a solución de "dous Estados para dous pobos".
A enquisa reflicte as décadas de educación e incitación ao seu pobo contra Israel, e en xeral contra os xudeus, por parte da OLP, a Autoridade Palestina (AP) e Hamas. Un 53% dos enquisados favorecía o ensino nas escolas palestinas de cancións que promoven o odio aos xudeus.
Con todo, o 66% dos enquisados aprobou o enfoque gradual da OLP e a AP para unha "solución do problema de Israel", é dicir, a súa aceptación durante unha primeira fase na que habería realmente dous estados, para pasar posteriormente a unha "segunda fase ou etapa", na que se establecería un único estado sobre toda Palestina: un estado palestino de maioría árabe (Hamas rexeita esta estratexia e fala dunha maneira franca de que o seu obxectivo é a eliminación de Israel dun só golpe, sen ningún tipo de fases ou etapas previas ou intermedias, ou de acordos cos xudeus).
A maioría dos resultados da enquisa axustábase a este punto de vista. Só o 1% dos palestinos cre que Xerusalén debería ser a capital de Israel, o 92% pensa que debería ser a capital de Palestina exclusivamente e só o 3% considera que debería ser a capital de ambos estados.
A enquisa tamén reflicte a famosa negativa do histórico líder palestino Yasser Arafat (en Camp David, en xullo de 2000) á hora de vincular historicamente aos xudeus "a Xerusalén e, por extensión, á Terra de Israel/Palestina". O 72% dos enquisados negou que houbese ningún vencello histórico entre o pobo xudeu e Xerusalén.
Curiosamente, a enquisa atopou que só o 22% dos enquisados apoiaba o lanzamento de foguetes contra Israel, o 65% dicía estar a favor dunha solución política-diplomática do conflito e só o 20% prefería o camiño da violencia. Isto reflicte quizais o cansazo do palestino medio ante a duración do conflito e a súa falta de vontade de pagar os custos da violencia, aínda que apoia o obxectivo final da eliminación de Israel. O 83% dos enquisados cre que a prioridade do presidente da ANP Mahmoud Abbas debería ser a creación de postos de traballo. Pero só o 2% pensaba que a prioridade principal debería ser as conversacións de paz con Israel.
A maioría dos palestinos, un 64%, apoia a actual iniciativa da AP de declarar unilateralmente a creación do Estado e obter para iso o apoio da ONU á devandita declaración a finais deste verán.
Talvez o cuarteto internacional que está a empuxar a Israel e aos palestinos para que renoven as negociacións de paz debería tomar en conta esta enquisa, e é que o que nos di a nós é que deberiamos considerar e ter en conta os temores expresados por Netanyahu con respecto aos obxectivos reais do liderado palestino, sobre todo coa súa intención de declarar unilateralmente a independencia e a obtención dun respaldo internacional a un Estado palestino en Cisxordania e a Franxa de Gaza, e ao longo das fronteiras de 1967.
A xente de Abbas, se cremos o que nos di esta enquisa, parece evidente que considera esta iniciativa diplomática como "a primeira fase ou etapa" das súas verdadeiras intencións, e nada máis.

Tirado de Safed-Tzfat
Comentarios